ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 61/13

JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro según o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), pola partes en conflicto na empresa LIMPIEZAS PISUERGA, S.A-, Grupo Norte - LIMPISA,( Hospital Meixoeiro-Vigo)  resolve a cuestión plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

1.- En data 5 de Xuño de 2013, constituiuse o procedemento de arbitraxe, segundo escrito de promoción do procedemento de arbitraxe, e a firma do compromiso arbitral na empresa de referencia, motivado polas diferencias na interpretación do art. 19 e concordantes do vixente Convenio Colectivo da empresa (BOP 18.09.2012), na materia de días de libre disposición. Foi designado árbitro de mutuo acordo José Mª Casas de Ron.
2.- No procedemento son partes D. Clemente Hermida Cachalvite, apoderado e D. Juan Antonio Manso Fernández, letrado, representantes da empresa antedita, e por parte dos traballadores: Dª Montserrat Monteagudo Martínez , D. Edelmiro Martínez Troncoso e D. Jesús Mª Alvarez Fernández, Presidenta, Secretario e Membro do Comité de Empresa, respectivamente, representantes legais os tres da UGT, asesorados por Dª Rosa Mª Acuña Salgado, Secretaria de Organización FES-UGT Galicia.
3.- O árbitro consonte o establecido no Acordo Galego, citou a Dª Pilar Vázquez Rial de CCOO, e Francisca Araujo Collazo da CIG, membros do Comité de Empresa,  en trámite de audiencia, ao fin de averiguar si estaban interesadas en participar no procedemento. No transcurso da comparecencia o árbitro significou que estaba iniciado pola maioria do Comité de Empresa. As dúas membros do Comité de Empresa,  manifestaron ante o árbitro actuante que entendían que non debían participar no mesmo.
4.- O conflicto radica na diferente interpretación que as partes fan sobre a aplicación do art. 19 do Convenio Colectivo da empresa, publicado no BOP o 18.09.2012, nº 80, páxina 6, que literalmente dí “Además, se tendrá derecho al mismo número de días de permiso, de los denominados moscosos, que disfrute el personal del SERGAS de las categorías de la escala de servicio del grupo el personal subalterno (Grupo E), que se regulan en el Estatuto de personal no sanitario al servicio de las instituciones sanitarias de la Seguridad Social, y que actualmente están establecidos en 9 días anuales, y dos días más adicionales al cumplir el sexto trienio, y un día más a partir del octavo”.
5.- A  parte social significa que este art é contido dun convenio colectivo de empresa que é de aplicación indispoñible, sen perxuicio dos días que na actualidade teña o persoal do SERGAS como de asuntos propios; Sinalan que cando se pactou o convenio colectivo, sufriron unha disminución de dereitos en materia de  xornada e rebaixas salariais, que implican que non se poida aplicar o sistema de días de asuntos propios ou moscosos establecido no SERGAS, para os traballadores y traballadoras dunha empresa que aceptaron unha negociación colectiva propia, con sacrificios tan grandes; entenden que non se pode empeorar sobre a base das rebaixas anteditas, que na práctica non ten custe para a empresa, que non perxudica o servizo, e ainda máis, que  unha intepretación sistemática do precepto, implicaría que ten que aceptarse a argumentación dos representantes legais dos traballadores. Asemesmo, reflicten que traballadores da empresa disfrutaron os 9 días no trascurso da vixencia do convenio colectivo dende 2012.
6.- A representación da empresa manifesta que a equiparación global entre o persoal da empresa e do SERGAS, non pode ser considerada doutra forma que como unha mellora global na negociación colectiva. De admitirse un sistema diferente, por materias específicas, elexidas á carta, provocaríanse  unhas disfuncións moi importantes, que farían ineficaz a negociación colectiva. O Convenio Colectivo firmouse o 16.02.2012, cunha vixencia ata o remate do 2013, e manifesta que unha vez que por parte do SERGAS se modificaron os denominados días de asuntos propios ou “moscosos”, e os denominados días a maiores “canosos”, na empresa procedeuse a aplicar o mesmo réximen en función, da equiparación na negociación colectiva e da dicción literal do propio art. 19 do Convenio Colectivo. Manifesta que en ningún caso, salvo no primero trimestre do 2012, no que non era de aplicación o novo rexime regulado polo SERGAS, a empresa concedeu máis días de libre disposición que os fixados, sen que se disfrutaran máis de eses días libres. En definitiva se ben, no ano 2011, se disfrutaron 9 días de libre disposición e os días adicionales por antigüedade, no ano 2012 disfrutáronse 6 días de libre disposición e o días adicionales por antigüedade, e no ano 2013 3 días de libre disposición e xa non se disfrutan os días adicionais por antigüedade.
7.- As anteriores aportacións están referidas en base ás manifestacións efectuadas ante o árbitro os días 5 e 10 de xuño, e os escritos de alegacións remitidos ao mesmo unha vez que o árbitro comunicou ás partes que poderían trasladar as súas consideracións por escrito, en apoio da súa pretensión. Asemesmo o árbitro fai constar que tivo que faer uso do prazo excepcional previsto no Acordo Galego, ó ter que revisar tódolos partes de traballo da empresa dentro do período, a fin de averiguar o efectivo disfrute dos días de libre disposición e a maiores por antigüedade referidos, e contrastar os partes documentais remitidos pola empresa e os remitidos pola parte social.
8.- O árbitro considera plenamente garantidos os principios de igualdade, contradicción e publicidade que se establecen no Acordo Galego para a solución extraxudicial de conflictos colectivos de traballo, como principios básicos do seu procedemento.

FUNDAMENTOS DA RESOLUCIÓN ARBITRAL

O actuante aos efectos de delimitar o suposto a dirimir, establece que estamos ante un conflito xurídico pola interpretación debida nun específico art do convenio colectivo da empresa, na literalidade expresada no antecedente número 4. Neste art estabécese como elementos decisivos os seguintes: Consta a expresión “o mesmo número de días de permiso”, consta a expresión “que disfrute o persoal do SERGAS”, e consta a expresión, “que actualmente están establecidos”. Como ben se sabe, as regras de interpretación establecidas no art. 3 do Código Civil, implican que a primeira das interpretacións sexa a literal, complementada coa interpretación lóxica, sistemática, e a finalista, ó fin de averiguar o sentido do escrito. Pos ben, os anteriores elementos, lévanmos xa directamente a entender que non cabe outra interpretación que o que se dí literalmente no art 19 do Convenio Colectivo de Empresa, que ten como significado a equiparación nesa materia concreta co réxime establecido para o personal do SERGAS.

A parte social manifesta que na negociación do convenio colectivo os traballadores asumiron unos determinados sacrificios ou rebaixas en materias moi importantes para o desenvolvemento da relación laboral. Analizando polo árbitro as actas do proceso negociador vense estas, e outras cuestións, pero non cabe, para quen ten que interpretar o sentido xurídico, en un conflicto deste tipo, dunha determinada norma, que tomar como primeiro elemento o escrito e o acordado polas partes, por ser cuestión establecida para a interpretación das normas e tamén, por non introducir elementos de inseguridade xurídica, que de seguro se motivarían, si a primeira das interpretacións non fora precisamente o que as partes escribiron nos seus propios termos e acordaron así.

Por outra banda, o anterior compadécese, salvando os lexítimos intereses de parte, e específicamente valorando este árbitro os recortes aceptados na negociación de convenio pola representación social, cunha interpretación sistemática, como a que implica que no convenio colectivo da empresa, procedeuse a unha equiparación laboral para os días de libre disposición, co persoal do sistema público galego, e específicamente no art 19, unha equiparación co persoal das escalas de servicio do grupo de persoal subalterno (Grupo E), regulado no Estatuto de Personal no sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social. É decir, a equiparación global ten a súa correspondencia para o caso concreto dos días de libre disposición previstos no art 19 do Convenio Colectivo da empresa.

A segunda das cuestións era averiguar qué réximen se seguiu na empresa de xeito fáctico. Coa salvedade do primeiro trimestre do ano 2012, as averiguacións do árbitro non poden concretar, salvo algún caso aillado outro réxime, que o reflectivo anteriormente de 6 días de libre disposición no ano 2012 e 3 días de libre disposición no ano 2013; é decir, que fácticamente a realidade non quebrou ó réximen xeral organizativo establecido.

En definitiva este é o argumentario de fundamentación do presenta laudo, efectuado polo árbitro e tendo en conta as manifestacións das partes, tanto nos actos de comparencia como nos dous pliegos de alegacións efectuados polas partes, asi como as averiguacións documentais efectuadas polo actuante sobre o réxime e contido dos denominados días de libre disposición.

En base, ao anterior, e consonte ao art 20 do Acordo Galego para a solución extraxudicial de conflictos colectivos de traballo (AGA), dicto o seguinte

LAUDO

Único: O número de días de libre disposición previstos no art 19 do Convenio Colectivo da empresa LIMPIEZAS PISUERGA, S.A. LIMPISA (Hospital Meixueiro- VIGO), será o mesmo que o que disfruten o persoal do SERGAS, das categorías  da escala de servicio do grupo de persoal subalterno (GRUPO E), e que actualmente están establecidos en 3.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdicción social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

Vigo, 5 de Xullo 2013

O árbitro

José Mª Casas de Ron