ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 66/13

VERONICA MARTINEZ BARBERO e ROCIO MARIÑO DEBEN, designadas árbitros na acta de compromiso arbitral de data 3 de Setembro de 2013, segundo o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (en diante AGA), polo partes en conflito na empresa JOSE LANTERO E HIJOS, SA, resolven a cuestión plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

PRIMERO: En data 18.07.2013, as árbitros designadas conforme ó escrito de compromiso arbitral asinado en virtude da decisión da Comisión de Conciliación-Mediación constituída o día 17 de Xullo de 2013 ditaron un laudo en equidade para a solución das cuestións planlexadas e a desconvocatoria da folga. O punto 3 do dito Laudo fixa o seguinte:
En relación al último punto sometido a las laudantes, referido al puesto a desempeñar tras su reincorporación por D. Oscar Jueguen, teniendo en cuenta las informaciones recibidas de las partes, parece lógico que ésta no se realice al puesto que el trabajador ocupaba en el momento del despido, sin que por las actuantes se tengan datos suficientes sobre la capacitación, formación y categoría del trabajador - que presidirán en todo caso la elección del nuevo puesto a desempeñar por éste - para decidir de modo más concreto sobre el particular.
SEGUNDO.- En data 3.09.2013 asínase o compromiso arbitral previsto no artigo 20 do AGA, sendo asinantes do mesmo, por una banda, D° Cristina Romero Lorenzo e D.Diego Nieto Grande , en representación da empresa; e pola outra D. Jesús Lopez Rodriguez, D. Santiago Rodriguez Santos, D. José Rivas Castro, D. José Carlos Romero Guillan, D. Miguel Angel Gomez Martinez e D. Emilio Antonio Caeiro Casas, membros do comité de empresa e D. Teodoro Lopez Oviedo, delegado sindical de CCOO.
TERCEIRO.- O conflito que se produce é consecuencia da diverxencia entre as partes na interpretación do Punto 3 do Laudo de data de 18 de xullo de 2013, sobre a adecuación do posto de traballo e condicións actuais de traballo de D. Oscar Jueguen a dito Punto.
CUARTO.- As actuantes entenden perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradición, atópanse totalmente informados sobre as posicións das partes e as súas diferenzas, e considéranse plenamente ilustrados sobre o problemas formulados, dada a súa intervención como árbitros no laudo que puxo fin ó conflito previo.
QUINTO.- O obxecto do presente é interpretar o punto discordante, ós efectos de aclarar se o porto ocupado actualmente polo traballador antedito cumpre a letra e o espírito do Laudo do 18 de Xullo, tratándose en tón dun conflito xurídico, sen perxuicio de que algunha das cuestións teñan aspectos propios dun conflito de interese.
SEXTO: No comparecencia celebrada nas instalacións da empresa JOSE LANTERO E HIJOS, SA o día 03.09.2013 as partes expuxeron a súas posicións. En resumo, estas foron:
O Presidente do Comité de Empresa manifestou que os representantes dos traballadores entendían que a aplicación do Laudo supoñía o respeto ás habilidades, formación e categoría do traballador D. Oscar Jueguen na determinación polo empresa do seu novo pasto de traballo, pero se atoparon con que o 13 de Agosto produciuse a reincorporación ó departamento de produción nun Grupo profesional diferente ó posta anterior conforme ó Convenio de Empresa, incumpríndose o criterio da "categoría", ó pasar de Auxiliar Administrativo a Oficial especialista.
Respecto ós criterios de "capacitación" e "formación" o Presidente do Comité explicou que o traballador non contaba con os coñecementos necesarios para o posta na máquina troqueladora plano.
Este cambio no pasto ten nutras implicacións: asemella unha prolongación da sanción, non cobra o mesmo que os compañeiros do posta que teñen un complemento fixo de produción e supón unha modificación substancial da
condicións de traballo, entre nutras, en materia de horario e xornada que diverxen das que o traballador tiña no anterior posta de oficina.
Os representantes da empresa manifestan que consideran cumprido o espírito do Laudo xa que este di que a reincorporación non debe ser ó mesmo posta de traballo se non a outro e agora non hai en oficinas ningunha vacante. Que a categoría mantense ó conservar D. Oscar Jueguen o mesmo nivel salarial. En relación ós criterios de formación e capacitación, a única formación que necesitou o traballador foi a concreta para o manexa da maquina e que a empresa buscou un posta ande o traballador puidera aportar ó conxunto e puidera ter unha evolución profesional.Respecto ás consideracións finais dos representantes dos traballadores, afirman que o novo posto adaptase completamente ó tra bailador e que a súa asignación non supón en ningún caso un castigo.

FUNDAMENTOS DA ARBITRAXE

PRIMEIRO: O principio que debe presidir a presente resolución non pode ser outro que o espírito do Laudo ditado o 18.07.2013. Neste sentido, é necesario recordar que o fundamento do conflito entonces plantexado foi, mais aló da lectura que o lema particular otorgasen os traballadores, o despedimento de D. Oscar Jueguen por descenso no seu rendemento. Se ben non quedou demostrado -non era esa a finalidade do procedemento- dito descenso do rendemento, falouse da súa perda de motivación no desenrolo do seu posto de traballo. En base o cal, o punto 3 do Laudo sinalou que non parecía "lóxica" a reincorporación do traballador ó mesmo posto ocupado no momento do despedimento, se non a outro posto que garantice, ademais, que as capacidades do traballador aportaran un valor ó proceso produtivo e a la empresa en xeral, como necesarias para o seu pleno desenvolvemento.
SEGUNDO: Resulta igualmente necesario atender a finalidade e espírito do Laudo do 18 de xullo para interpretar o criterio da formación, xa que a pretensión das laudantes ó empregar dita expresión era a mesma que a exposta no punto primeiro: evitar un novo despedimento do traballador por a reubicación do mesmo nun posto que requirise unha formación superior e que derivase nunha dificultade de adaptación e nunha falta de motivación.
A empresa deulle ó traballador o formación básica necesaria para o desenrolo do posto na maquina troqueladora, existindo na fabrica outros postos tanto maís complexos como maís sinxelos; ésta inversión en capital humano na persona de D. Oscar Jueguen non pode ser interpretada como un castigo, se non como a busca dunha solución axustada ó espírito do Laudo.
TERCEIRO: En relación o criterio da categoría, versando a presente resolución sobre un conflito xurídico, o análise daqueles termos definidos directamente polo lexislador debe realizarse conforme ó disposto polo mesmo. Neste sentido, O Grupo profesional defínese no Estatuto dos Traballadores como aquel que agrupe unitariamente as aptitudes profesionais, titulacións e contido xeral da prestación, non existindo en dito corpo legal mención algunha ás extintas "categorías profesionais". As laudantes coñecían a actual redacción do artigo 22 do Estatuto dos Traballadores cando empregaron o termo categoría, que non pode entenderse equivalente, polo tanto, ó Grupo profesional ou Categoría profesional, posto que o primeiro está definido con carácter exclusivo e excluinte e a segunda non existe. Polo tanto, o respeto ó criterio de categoría require unicamente a salvagarda do nivel salarial do traballador.
CUARTO: O resto das implicacións da reincorporación referidas polo representación social (modificación substancial e complemento fixo de produción) non poden ser obxecto do presente Laudo conforme á letra do compromiso arbitral e o principio de congruencia.
Conforme ó anteriormente exposto, dítase Laudo coa seguinte parte dispositiva:
O posto de traballo ocupado dende o 13 de Agosto de 2013 por D. Oscar Jueguen é adecuado nas Búas condicións ó Punto 3 do Laudo de 18 de XuIIo de 2013.
O presente laudo poderá recorrerse ante a Xurisdición Social nos termos establecidos no apartado 5° do artigo 24 do AGA.

En vigo, a 9 de Setembro de 2013

AS ÁRBITROS


VERÓNICA MARTINEZ BARBERO
ROCÍO MARIÑO DEBÉN