ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 74/13

JOSE MARIA CASAS DE RON y VERONICA MARTINEZ BARBERO, designadas árbitros na acta de compromiso arbitral de data 1 de Outubro de 2013,  segundo o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (en diante AGA), pola partes en conflito na empresa CLECE, SA, resolven a cuestión plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

PRIMERO: En data 30.09.2013 constituiuse a mesa de mediación prevista no artigo 18 do AGA, actuando como mediadores Verónica Martínez Barbero e José Mª Casas de Ron. No trascurso da mesma e pola posición das partes éstas acordaron, unha vez cumprimentados ós trámites de consultas que as mesmas consideraron convintes, designar árbitros os mediadores anteditos.
SEGUNDO. En data 01.10.2013,  as partes promoveron o trámite de promoción de procedemento de arbitraxe do capítulo III da Sección III do AGA, asinando o correspondente compromiso arbitral en data 01.10.2013
TERCEIRO: A controversia que se plantexa á solución arbitral estriba nunha serie de elementos de aplicación e negociación, referidos á regulación das condicións laborais, á vista da negociación de convenio coletivo para os traballadores da empresa no centro de traballo  Complexo Hospitalario Universitario Xeral- Cies de Vigo:  Inicio e prazo da negociación, condicións da mesma, condicións laborais aplicables durante a negociación, e sistema de solución das posibles discrepancias que poidan xurdir durante o proceso negociador.
CUARTO: As discrepancias previas ó inicio do proceso de mediación motivou a convocatoria de folga por parte dos traballadores en data 23.09.2013, e data de inicio de 04.10.2013, e desconvocada en asamblea de traballadores celebrada en data 01.10.2013 a partires das 13,30 h.
QUINTO: Os actuantes entenden perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradición, atópanse totalmente informados sobre as posicións das partes e as súas diferenzas, e considéranse plenamente ilustrados sobre os problemas formulados, dada a súa intervención como mediadores no conflito.
Conforme ó anteriormente exposto, dítase o seguinte Laudo sobre a base de que as dúas partes se recoñecen  de xeito expreso e reciprocamente para a negociación dun novo convenio coletivo. En función deste recoñecemento, dítase a seguinte

PARTE DISPOSITIVA

1.- Aos efectos de establecer un novo marco de negociación a empresa manterá o statu quo de condicións laborais aplicable a data 31.08.2013 aos traballadores da empresa no servizo de limpezas no Hospital Universitario Xeral-Cies.
2.- En correspondencia co punto anterior a empresa non aplicará as previsións establecidas no art. 41 do Estatuto dos Traballadores nos seus apartados, e especificamente referido o apartado cuarto, dende a data na que se dita o presente laudo.
3.- Os árbitros establecen que se constituirá ineludiblemente a mesa de negociación do novo convenio coletivo en data 04.11.2013 ás 17,00 h e na sede da empresa, sita na Avda. Hispanidade de Vigo.
4.- A negociación do convenio deberá realizarse consonte aos principios xerais da negociación colectiva, baseada polo tanto na boa fé das partes, e para a consecución do fin negocial coletivo.
5.- Aos efectos de cumprir os principios anteditos establécese un período de negociación de 90 días naturais a contar dende o día 04.11.2013, e que remata o día 04.02.2014.
6.- Calquera das partes queda habilitada sen o concurso da outra, se transcorridos os primeiros 60 días de negociación apreciase ou, no seu caso apreciasen, que non se producen avances sustanciais no proceso de negociación coletiva aberto, para promover o procedemento de mediación previsto no art. 18 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo.
O presente laudo poderá recorrerse ante a Xurisdición Social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

En Vigo, a 1 de outubro de 2013

OS ÁRBITROS

VERONIICA MARTINEZ BARBERO
JOSE Mª CASAS DE RON