ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 87/13

LAUDO ARBITRAL

JOSE MARIA CASAS DE RON, designado árbitro na acta de compromiso arbitral de data 31de Outubro de 2013, segundo o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (en diante AGA), pola partes en conflito na empresa TRANSPORTES SANITARIOS PONTEVEDRA NORTE, S.L. (TRANSA), resolven a cuestión formulada ditando o presente laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

PRIMERO: En data 31/10/2013 o actuante designouse mediador palas parles representando á empresa D. Vivencia García Otero e D. Joao Rodrígues de Oliveira, e polos traballadores o presidente do comité de empresa D. Alfonso Boullosa Costas, o seu secretario, D. Ramón Díaz Outeda e os asesores sindicais D. Xavier Aboi Pérez (CIG) e D. David Fernández Cora (CC00).
SEGUNDO. As partes promoveron o trámite de promoción de procedemento de arbitraxe do capítulo III da Sección III do AGA, ós efectos de que se decidira resolvendo a problemática da distribución e valoración do tempo de traballo, coa normativa aplicable á empresa, orixe do actual conflito. Ademais formularon as partes a problemática derivada de 17 expedientes sancionadores efectuados a traballadores en cadro na empresa. Previamente a este procedemento, as partes, en procedemento de mediación, chegaron a acordo desconvocando a folgo presentada o día 21/10/2013.
TERCEIRO: A controversia que se presenta á solución arbitral ten a súa orixe na interpretación que se derive do artigo 24 sobre xornada de traballo establecido no convenio colectivo para as empresas e traballadores/as de enfermos/as accidentados/as en ambulancia na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 85/2013), no que se establece que "a xornada de traballo para o persoal de movemento será de 1800 horas anuais, a súa distribución será de 40 horas semanais de traballo efectivo, que se computarán como 160 horas cuatrisemanais máis 50 horas de presenza".
A valoración destas 50 horas de presenza é a esencia do conflito, que se somete a decisión arbitral.
CUARTO: A dirección da empresa e a representación dos traballadores remitiron despois da reunión mantida co árbitro, remitiron cadanseus pregos de alegacións sobre a particular, no prazo habilitado polo árbitro, que remataba o luns 4/11/2013, ás 20 horas.
QUINTO: A representación da empresa establece nos súas alegacións unha explicación en relación co cálculo das horas de presenza, remitindo calendario laboral e cadro horario, cómputo de horas anuais, cuadrante, cómputo de servizos por gordas, e unha memoria explicativa das horas de presenza. En definitiva, a empresa manifesta que as diferenzas estriban en que "o principal problema que ten o persoal é que non entenden que o convenio colectivo é de aplicación para tódalas empresas e traballadores do sector (...) tanto para quen traballa 8 horas de luns a venres, sen traballar domingos nin festivos, coma os que traballan a quendas de 10, 12 ou 24 horas tódolos días do ano. A empresa a continuación efectúa exemplos de cálculo numéricos, manifesta certas discrepancias entre o valor da hora de presenza en función dos cálculos efectuados polos traballadores e sinala tamén, en forma de conclusións, que polo seu sistema, o que se abona é o realmente traballado, que se evitan discriminacións que se poderían producir (por exemplo, en caso de baixas), e que en consultas ante a propia Inspección de Traballo, tiveron resposta positiva sobre o sistema empregado.
SEXTO: Os traballadores sinalan que as xornadas de traballo no empresa efectúanse en quendas de 12 horas. A estes efectos, a xornada anual de traballo establecida no artigo 24 do convenio colectivo, terá que dividirse no número de gordas realizadas no ano, e este será o tempo de traballo efectivo e o resto de xornada terá que ser computado como tempo de presenza. Nos cálculos haberá que incluír os 10 minutos de que disporán os traballadores antes das comidas, e os outros 10 minutos que os traballadores terán para o seu aseo persoal e muda de roupa antes de rematar a quenda. Efectúan os correspondentes cálculos tendo en conta o número de gardas, a diferenza entre o tempo de traballo e o tempo de presenza, ó que hai que engadir o tempo establecido no artigo 40 do convenio, concluíndose que en minutos sería dunha hora e 27 minutos. Este cálculo é o que ten que utilizarse e ser retribuído. Ademais sinalan que este é o que se utiliza noutras empresas do sector sometendo así mesmo a cuestión dos 17 expedientes sancionadores, que consideran absolutamente foro de lugar, á resolución arbitral.
SÉTIMO: O actuante entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradición, atópase totalmente informado sobre as posicións das partes e as súas diferenzas, e considérase plenamente ilustrado sobre os problemas formulados.

FUNDAMENTOS DA RESOLUCIÓN ARBITRAL

Sinala o árbitro como primeira cuestión que o que vai resolver é a conceptuación de determinados valores no cómputo da xornada, sen dar carta de natureza ós cálculos concretos utilizados por unha e outra parte por considerar que deben ser obxecto da propia xestión empresarial, unha vez definida a controversia que teñen as partes sobre o denominado tempo de presenza, que se deriva dos diferentes cómputos de xornada que efectúa unha parte e outra.
A empresa está organizada en quendas de 12 horas en sete días á semana, cunha quenda diúrna e outra nocturna, sobre a base das 1800 horas establecidas en convenio como xornada máxima anual. Os traballadores teñen, segundo o artigo 24.c, dous días de descanso semanal, e no artigo 25 do mesmo convenio, están establecidos 30 días de vacacións anuais. Seguindo esta secuencia parece ben claro que os traballadores teñen o dereito e a obriga de traballar 1800 horas máximas anuais, establecéndose un cómputo de 160 horas cuatrisemanais de traballo efectivo máis 50 horas de presenza, tempo este que se retribuirá conforme o que se establece no artigo 15 do citado convenio sectorial. O árbitro, que fai os seus propios cálculos, dividindo as 1800 horas polo módulo cuatrisemanal, tendo en canta o previsto no artigo 40 sobre reservas de tempo antes das comidas e de muda (dous períodos de 10 minutos) (modificados os de muda por acordo entre a empresa e traballadores abonándose a razón de 0,16 h. presenza por gorda), considera que o tempo restante entre o cómputo das sumas en cada día de traballo, consecuencia de remitir e computar os anteriores conceptos en cada día de quenda, queda un remanente de 1 hora 26 minutos, que deberá, por estar o traballador a disposición da empresa de xeito inescusable, ser retribuído na maneira establecida no artigo 15 do convenio colectivo, ata o límite das 12 horas de quenda máximo permitido tendo en canta os máximos establecidos no propio convenio e na propia norma legal. É dicir, todo o tempo, sexa traballo ordinario ou tempo de presenza, unha vez organizada a distribución do tempo de traballo pola empresa, terá que ter algunha forma retributiva, sendo, por outra parte, a empresa, quen ten que responsabilizarse desta cuestión por ser quen organiza e dirixe o traballo.
E esta é a base da argumentación arbitral que servirá de fundamento da parte dispositiva do presente laudo, ben entendido que o árbitro, exclusivamente, referirase á cuestión de se ese tempo na quenda sobre o cómputo do tempo de traballo ordinario ten que ser considerado de presenza e como tal retribuído, sendo o cálculo de 1 hora e 26 minutos antedito, unha referencia do propio árbitro na súa argumentación.
Tamén o árbitro ten que significar a grave situación do sector e o da propia empresa no contexto da crise económico-financeira que atravesamos. Así na parte dispositiva, terase en conta esta cuestión para permitir a viabilidade da propia razón empresarial neste tema.
Por outra parte, sométese a consideración arbitral a problemática referido ós 17 expedientes por sanción incoados a outros tantos traballadores. Pois ben, na reunión mantida coa empresa e cos representantes dos traballadores, o día 31/10/2013, a empresa remitiu a solución arbitral a resolución dos citados expedientes disciplinarios. Neste intre tomen o árbitro percibiu a proximidade entre as partes na solución desta problemática sobre as sancións, sempre e cando se atopase unha solución á problemática principal sobre o tempo de traballo formulada, situación na que se percibía que os 17 expedientes disciplinarios non serían o impedimento para chegar a acordo, contexto este, de achegamento, que permitiu desconvocar a folgo previsto para o día 1 de novembro seguinte. Neste contexto tan próximo de achegamento de posicións, no seu día alcanzado polas partes, o árbitro fai súa a dou trina das derradeiras posicións, interaccioandoa co principio xeral do Dereito do Traballo de "in dubeo pro operario", considerando o máis equilibrado que ditos 17 expedientes disciplinarios se anulen e queden sen efecto.

PARTE DISPOSITIVA

O árbitro dita o seguinte laudo conforme ós ortigas 20 e concordantes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo, en base os seguintes puntos:
1-Declaro que o período de tempo a máis do computado como xornada ordinaria diaria, e que chega ata o máximo de 12 horas por quenda, sexa retribuído segundo o establecido no artiga 15 do Convenio Colectivo para as empresas e traballadores/as de enfermos/as e accidentados/as na Comunidade Autónoma de Galicia para o tempo de presenza (DOG 85/2013).
2-Dadas as circunstancias económicas e financeiras que afectan ó sector e á empresa, as cantidades adebedadas e non devengadas, baseado no punto anterior, a empresa poderá ratealas mes a mes, ou noutros períodos que decida a propia empresa, ata o prazo máximo do 31/12/2011.. Informando ós representantes dos traballadores das modalidades utilizadas para dito pago de cantidades
3-Anulo e deixo sen efecto os 17 expedientes disciplinarios referidos nos antecedentes do presente laudo.
O presente laudo poderá recorrerse ante a Xurisdición Social nos termos establecidos no apartado 5º do artigo 24 do AGA.

En Vigo, a 11 de novembro de 2013.

ESCRITO DE ACLARACIÓN AO LAUDO (19.12.2013)

O ÁRBITRO
JOSE Mª CASAS DE RON

JOSE MARIA CASAS DE RON, designado árbitro no acta de compromiso arbitral de data 3l de Outubro de 2013, segundo o previsto no amigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (en diante AGA), pola partes en conflito na empresa TRANSPORTES SANITARIOS PONTEVEDRA NORTE, S.L. (TRANSA), comunica ó Servizo de Solución de Conflitos o presente escrito de aclaración do laudo ditado o día 11 de novembro de 2013, unha vez recibido no citado Servizo escrito da empresa solicitando aclaracións o dita laudo, con celebración dunha reunión entre as partes e o árbitro. A esta reunión, dado a problemática formulada ante o árbitro, solicitou a medidadora-árbitro deste Colexio provincial do AGA, Verónica Martínez Barbero, a súa presenza, a fin de que colaborara na revisión e no seu caso, nos aclaracións solicitadas. Valiosa colaboración esta que agradece expresamente o asinante.
A estes efectos, o árbitro convocou ás partes, que foron, representando á empresa D. Vivencio García Otero, D. Joao Rodrígues de Oliveira e a asesora da empresa Dña. Eva M° López Martínez, e polos traballadores o presidente do comité de empresa D. Alfonso Boullosa Costas, o seu secretario, D. Ramón Díaz Outeda, e os membros do Comité de Empresa, D. Manuel Corredoira Rey, D. José Rosales Barcia e José Luis Lago Benavides, e actuando como asesores sindicais D. Xavier Aboi Pérez (CIG) e D. David Fernández Cora (CCOO) e D. Rubén Bernárdez Gómez (UGT).
O día 11 de novembro ditouse o laudo que contén a parte dispositiva seguinte:
1.- Declaro que o período de tempo a máis do computado como xornada ordinaria diaria, e que chega ata o máximo de 12 horas por quenda, sexa retribuído segundo o establecido no ortigo 15 do Convenio Colectivo para as empresas e traballadores/as de enfermos/as e accidentados/as na Comunidade Autónoma de Galicia para o tempo de presenza (DOG 85/2013).
2.- Dadas as circunstancias económicas e financeiras que afectan ó sector e á empresa, as cantidades adebedadas e non devengadas, baseado no punto anterior, a empresa poderá ratea/as mes a mes, ou noutros períodos que decida a propia empresa, ata o prazo máximo do 31/12/2014. Informando ós representantes dos traballadores das modalidades utilizadas para dito pago de cantidades.

3- Anulo e deixo sen efecto os 17 expedientes disciplinarios referidos nos antecedentes do presente laudo.

O árbitro, a fin de que as partes tiveran pleno coñecemento da cuestión, entregou o prego de alegacións remitido ó árbitro palas partes no seu día, no prazo habilitado para elo a fin de que se puidera completar o manifestado verbalmente ante o árbitro. As partes dispuxeron de tempo ó fin de examinar e conformar unha opinión sobre as argumentacións recíprocas.
A solicitude da aclaración alcanza a dous aspectos. O primeiro é o cálculo que a empresa cre equivocado ó computar o árbitro dous prazos de 10 minutos previstos no artigo 40 do convenio colectivo sectorial, cando resulta que os traballadores teñen organizado o seu traballo en quendas de 12 horas continuadas, polo cal é imposible computar dous períodos senda unicamente posible ter en canta un dos dous períodos, Sinala a empresa que nin no escrito dos Ira bailadores se reclaman dous períodos, senón soamente un. O representante dos traballadores din que non teñen nada que dicir nesta cuestión e que están conformes co árbitro, sen prexuízo de comunicar que non vai ter relevancia por mor de que a empresa fai desaparecer os denominados tempos de presenza.

Sobre esta primeira cuestión, o árbitro, unha vez revisados os fundamentos da resolución, nos que consta os preceptos legais utilizados, entende que efectivamente computou un período de máis de 10 minutos indebidamente ante o feito indubidado de que os traballadores traballan en quendas de 12 horas continuados e que efectivamente, nos cálculos tanto da parte empresarial como dos representantes legais remitidos en ambos escritos ó árbitro ós que se fixeron referencia, non contemplaban os dous períodos de 10 minutos. Nembargante, non é necesario modificar o parte dispositiva porque non se cuantifican os períodos ou cantidades manténdose no seu conxunto no punto 1 da parte dispositiva do citado laudo se ben entendendo que o tempo de presenza haberá que retribuílo pero contemplando un único período de 10 minutos.

A segunda cuestión retírese ós expedientes disciplinarios. Neste punto pouca discusión pode haber, senda o motivo da aclaración unicamente un matiz intencional apreciado pola empresa pero que non ten fundamento na dicción literal do laudo nin en calquera manifestación do actuante. A decisión arbitral é anular e deixar ten efecto os expedientes disciplinarios e as razóns argumentais están perfectamente explicitadas na fundamentación do laudo, situación que foi confirmada na reunión mantida cos partes ós efectos aclaratorios. O árbitro, por outra banda, xa ten coñecemento polo manifestación das partes de que a anulación fíxose efectiva cos correspondentes comunicacións.

En Vigo, a 19 de decembro de 2013.

O ÁRBITRO
José Mª Casas de Ron.