ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 90/13

jOSE MARIA CASAS DE RON y VERONICA MARTINEZ BARBERO, designadas árbitros no acta de compromiso arbitral de data 26.11.2013, segundo o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (en diante AGA), pola partes en conflito no sector de VITIVINICOLAS, resolven as dúas cuestións plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

PRIMERO: En data 12.07.2013 constituíuse a mesa de mediación prevista no artigo 18 do AGA, actuando como mediadores Verónica Martínez Barbero e José M° Casas de Ron, no conflito antedito. Alcanzados determinados acordos que se reflicten en Acta de Mediación de 26.11.2013, sobre varias materias (e que se refiren á vixencia, ultraactividade, licencias, vacacións, patroa, quebranto de moeda, xornada de traballo e horas extraordinarias), as partes consideran que os temas referidos á condicións salariais e condicións contractuais de traballadores vinculados as empresas, ante a falta de acordo, debíase someter á decisión arbitral, segundo o procedemento do AGA, designando árbitros a Verónica Martínez Barbero e a José M° Casas de Ron.
SEGUNDO: Foron partes na Acta do compromiso arbitral: D. Antonio Viñal Casas da Asociación Empresarial de Bodegueros Rías Baixas, e D. Rodrigo Carrera Guerreiro da Asociación Marcas Rías Baixas; e polos centrais sindicais, D. Luciano Villar González en representación da CIG, D. Ignacio Couñago Lara en representación de UGT e D° Mercedes Carrera González, D. Francisco Vilar Paz e D. Juan A. Lorenzo Soto en representación de CCOO, sendo asinada o 26.11.2013.
TERCEIRO: A parte empresarial entende que se dan unha serie de circunstancias económico-financieircls-organizativas, que provocan que non sexo posible manter os criterios de negociación utilizados nas reunións de negociación previas á mediación, e durante os cinco meses deste proceso. Sendo estas circunstancias: o brutal descenso dun 20 % das calificacións de viños nos tres primeiros trimestres do 2013, en relación co mesmo período do 2012, os excedentes bodegueiros, a caída dos prezos, o descenso do consumo, a importante contención do IPC no período de negociación, os numerosos impagos da uva que afecta a numerosos empresas e os dificultades de financiamento das bodegas. Todo elo provoca que non se poidan manter anteriores posicións empresariais de negociación.


CUARTO: Polos tres sindicatos mais representativos actuantes na negociación (CIG, UGT e CCOO), plantexase como posición común aos efectos do arbitraxe, a última das posicións mantidas no proceso de mediación no preacordo fallido polos circunstancias anteditas no anterior parágrafo.
QUINTO: Os actuantes entenden perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradición, atópanse totalmente informados sobre as posicións das partes e as súas diferenzas, e considérense plenamente ilustrados sobre os problemas formulados, dada a súa intervención como mediadores no conflito

FUNDAMENTOS DA RESOLUCIÓN

A actuación arbitral, neste conflito de equidade, terá en canta ademais de tódolos condicionantes propios do problema, e que teñen que ter en conta os árbitros, as últimas posicións mantidas e que serven aos árbitros de límites aos efectos de atopar a solución equitativa á que se fai referencia.
No capítulo de condicións económicas, art. 10 do convenio colectivo, ós árbitros entenden o cambio que nos perspectivas de situación económico-financiera, están sufrindo as empresas do sector, nun contexto de contención inflaccionaria, que incluso nos derradeiros meses atopábase cerca dun proceso de deflación. Por nutra banda, os árbitros non poden ignorar que a vixencia deste convenio inclúe os anos 2011e 2012, anos nos que o importante incremento do prezo da cesta da compra non tivo un reflexo nas nóminas dos traballadores. En consecuencia, os actuantes teñen que atender tamén nesta resolución, ás lexítimas peticións da parte social neste sentido, e dar unha solución coherente e plausible para os anos 2013-2014.
No capítulo da contratación, art. 28 do convenio colectivo, respecto ao único punto obxecto de discusión no mesa de negociación, e en consecuencia o único sometido a esta arbitraxe nesta materia, a regulación dos traballadores fixos-discontinuos, a reflexión dos árbitros non pode sosterse corno no punto antedito en circunstancias sobrevindas e albas os posibles previsións das partes. Os árbitros consideran unha posición equilibrada, ter en canta os lexítimos dereitos dos traballadores vinculados tempada a tempada ás empresas do sector, e ter en conta as obxetivas posibilidades das empresas dentro da súa potestade organizativa e directiva. Ademais convén tamén, en caso de imposible cumprimento pola empresa, remitir ao foro colectivo da administración do convenio a xustificación e discusión sobre o particular, como contido obrigacional, neste aspecto do convenio colectivo.

Conforme ó anteriormente exposto, dítase o seguinte Laudo sobre a base de que as dúos partes se recoñecen de xeito expreso e reciprocamente para a negociación dun novo convenio colectivo. En función deste recoñecemento, dítase a seguinte

PARTE DISPOSITIVA

1. Art. 10 do convenio colectivo: Condicións salariais. Establécense as seguintes condicións:
•Ano 2011: 0 1,2 %, sen abono de atrasos, salvo os que procedan por actualización da táboa salarial a 01.01.2013, devengándose polo tanto, unicamente dende esa data.
•Ano 2012: 0 1,5 % sen abono de atrasos, salvo os que procedan por actualización da táboa salarial a 01.01.2013, devengándose polo tanto, unicamente dende esa dala
•Ano 2013: 0 0,6 % de incremento, tendo en conta que os salarios vixentes en xaneiro do ano 2013, actualizaranse na porcentaxe total consecuencia da suma dos anteditos y do correspondente a esta anualidade.
•Ano 2014: 0 0,8 % de incremento sobre salarios ano 2013, e con efectos do 01.01.2014. Non obstante, si o PIB a prezos constantes do estado en 2013 superase o 2% os traballadores terán dereito a unha suba adicional do 0,4 %.
2. Art. 28 do convenio colectivo: Contratación: Incorpórase ao convenio a seguinte cláusula:
Os traballadores ligados ano a ano ás empresas do sector nos seus ciclos produtivos, teñen unha preferencia de ocupación circunstanciada, é dicir, supeditada a súa capacitación ou habilitación profesional, nas necesidades produtivas do campo, incluíndo sulfatados, e tódalas actividades relacionadas coa viticultura, excluída expresamente a vendima, sobre os traballadores estritamente temporais ou sobre os traballadores estritamente ocasionais (ETTS). A tal efecto, as empresas comprométense obrigacionalmente, dentro dos seus esquemas e posibilidades organizativas respectivas, a contratar a estes traballadores fixos descontinuos por períodos anuais de ao menos 3 meses.


No caso de imposibilidade sobrevinda do cumprimento total ou parcial do contido obrigacional referido á contratación de traballadores vinculados, a empresa xustificará e documentará suficientemente a súa decisión empresarial organizativa ante a comisión paritaria do convenio nun prazo de 45 días naturais dende o fin do período anual respectivo.
Os traballadores eventuais, temporais e de campaña adquirirán a condición de fixos descontinuos, cando sexan contratados por terceiro ano consecutivo, sempre que prestaran un mínimo de tres meses de traballo por cada un dos tres anos, excluído expresamente a campaña da vendima.
O presente laudo poderá recorrerse ante a Xurisdición Social nos termos establecidos no apartado 5° do artigo 24 do AGA.

En Vigo, a 2 de decembro de 2013

OS ÁRBITROS

VERONICA MARTINEZ BARBERO
JOSE Mª CASAS DE RON