ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 93/13

JOSÉ MARIA CASAS DE RON y ANA POUSO LIJÓ, designados árbitros na acta de compromiso arbitral de data 17.12.2013, segundo o previsto no artigo 20 do Acordo interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de traballo (en diante AGA), pola partes en conflito na empresa CONSERVAS ANTONIO ALONSO, S.L., resolven as custións plantexada ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

PRIMERO: Foron partes na Acta do compromiso arbitral Laura González Ferreiro en representación da empresa, asesorada por Miriam Blázquez Astorga, e por outra parte as delegadas de persoal Manuela González Oliveira, M° Mercedes Pausada Carballo polo CIG, e Cristina Gómez Novas pala CUT, asesoradas respectivamente polos responsables sindicais, Xesús García Causo e Manuel Camaño Fandiño.
SEGUNDO: O conflito que se resolve en base á presente decisión dirimente é a situación derivada do plantexamento por parte da empresa, de seis despedimentos que afectan a sendas traballadoras/es e por outra á convocatoria de folgo con efectos dende as 00.00 h do día de hoxe. Ámbalas dúos medidas provocan unha situación de bloqueo obxetivo que impide ás partes o inicio dun procedemento de mediación que solucione o conflito laboral na empresa.
TERCEIRO: Ante esta situación os actuantes aceptan a súa transformación en árbitros do procedemento do AGA a fin de ditar un pronunciamento en equidade que serva de ferramenta de desbloqueo a fin de que de xeito inmediato procédase ao inicio dun proceso de negociación mediada polo transcendencia do conflito empresarial, que ten unha amplia repercusión social na bisbarra onde está ubicado o centro de traballo da empresa.
CUARTO: Os actuantes entenden perfectamente garantidos os principios establecidos no AGA, relativos á posibilidade de contradición e igualdade e o carácter público de tódolos elementos utilizados na presente decisión derimente.
En base a todo a antedito, e o abeiro do procedemento do AGA, dítase a seguinte

PARTE DISPOSITIVA

PRIMEIRO: Manténdose, sen entrar en outra valoración o factor causal, a empresa deixa sen efecto o procedemento de despedimento plural Paseado

en idénticos e comúns elementos organizativos, técnicos e produtivos, en tanto en canto disponse a apertura dun proceso de negociación mediada de xeito inmediato á comunicación do presente laudo.
SEGUNDO: O Comité de Folgo, conformado polos delegadas de persoal, representantes legais das traballadoras/es, e os representantes das Centrais Sindicais da CIG e da CUT, desconvocarán de xeito inmediato a folgo iniciada ás 00:00 do día 17 de decembro, en proba fehaciente da vontade negociadora da representación legal dos traballadoras/es. A estes efectos, do presente dorase traslado a Autoridade Laboral da Consellería de Emprego e Benestar da Xunta de Galicia.
TERCEIRO: Por razóns de urxencia o presente comunícase directamente polos actuantes, a fin de comezar de xeito inmediato co proceso negociador referido.

En Vigo, a 17 de decembro de 2013

OS ÁRBITROS  

ANA POUSI LIJÓ                            
JOSÉ MARÍA CASAS DE RON