ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 21/14

JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro segundo previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), no conflito seguido na empresa IMERYS KILN HJRNITURE ESPAÑA, S.A., (en adiante IKF), en Acta de constitución de arbitraxe de data 10.04.2014, polas parles no conflito derivado do diferente valoración e aplicación do calendario laboral para o ano 2013, resolve a cuestión a dirimir, ditando a seguinte laudo.

Son partes, en representación da empresa D. Carlos Lorenzo Liste, apoderado xeral de IKE, e D. Francisco Casal Andrés, apoderado. E polo parte social D. Jesús Lamba Martínez, presidente do Comité de empresa, D. Carlos Pérez Hernández, Secretario do Comité de Empresa, e os dirixentes de sindicato CCOO D. Manuel Lores Lago e D. Armando Iglesias Rodríguez.

O árbitro mantivo reunións a estes efectos, cas partes os días 10 de abril de 2014, e 23 e 26 de maio de 2014.

ANTECEDENTES

Primeiro.- As partes en numerosas reunións, coma consecuencia das diverxencias no valoración e aplicación do calendario laboral para o ano 2013, acudiron o procedemento arbitral, ante o desacordo continuado no materia que a continuación se reflectirá. Ámbalas dúos partes expuxeron ao árbitro as súas diverxencias, solicitando este das mesmas unhas alegacións por escrito, dadas as particularidades da cuestión, ademais, de solicitar da empresa, o calendario laboral do 2013, co calendario efectivo no seu caso, e recabar dos servizos da inspección de traballo os expedientes de regulación de emprego que afectaron á empresa ao longo do pasado ano.
Segundo.- A parte social alega en resumo, que concedido polo empresa un adianto de 7 días naturais de vacacións antes de ir ao ERE, adianto aceptado polo mesma, a empresa compensa o adianto do descanso no mes de decembro, incorporando ó ERE os traballadores entre o día 24 e o 30 de decembro (7 días naturais, fixados no calendario, como días de non traballo). Fixada a xornada anual no convenio colectivo de aplicación que é o de Industrias de vidro e cerámica, que no seu artigo 28 fixa as vacacións en 30 días naturais, os traballadores entenden que fixadas en este convenio os días de vacacións e os días de exceso de xornada, a día 20 de decembro xo se traballaran 209 días, que engadidos aos 10 de ERE dan os 219 días de xornada anual, polo que o día 25 de decembro non se pode computara estes efectos, sopena de traballar 220 días, un máis da xornada anual establecida convencionalmente.
Terceiro,- A representación empresarial, tanto de palabra como no escrito que tamén foi remitido no procedemento, no dato e forma indicada polo árbitro, sinala que no convenio de aplicación se establece unha xornada máxima de 1747 horas o que representa 219 días laborais máximos. O calendario oficial de restas laborais para o ano 2013, configuro o 25 de decembro de 2013, como festivo non sustituible, Esta circunstancia produce que do 23 ao 29 de decembro de 2013, os días laborais foran 4 e non 5, polo incidencia do citado día 25, converténdose isto no principal punto de discrepancia entre as partes, e que da lugar ao conflito, ao entender que o día 25 xa está descontado no convenio e non cabería un novo descanto tal como se pide polos traballadores,
Cuarto.- O árbitro considera plenamente garantidos os principios de publicidade, contradición e igualdade das partes no procedemento, segundo as previsións establecidas no Acordo Galego de Solucións de Conflitos. A estes efectos someteu este punto as partes na reunión do día 26 de malo, obtendo a conformidade plena.
Quinto: A cuestión que se expón, é a xuízo do árbitro un procedemento que mestura a necesidade dunha interpretación da norma e uso profesional seguido na empresa, coa necesidade dun formulamento en equidade e aplicación dos principios xerais do dereito laboral, nos casos de dúbida derradeira. Dise isto, porque aparentemente as dúos portes teñen razón, os traballadores porque sumado tácticamente os días de traballo dá un de máis, e por outra banda seguindo os criterios da empresa, as lectura das normas implicaría que efectivamente no semana citada de decembro os días laborais descontados sábado e domingo, non foron 5 senón 4. 0 árbitro ante tal dilema ten que valorar as circunstancias concorrentes no sentido dos efectos provocados polo aplicación dunha medida organizativa, derivado de causo económica e produtiva, corno é a necesidade de aplicación dun expediente de Regulación de emprego polo crise económica producida que atravesa esta empresa, como tantas outras na provincia. Esta medida de axuste, da capacidade de traballo, é evidente unha medida indispoñible polo empresa, por ser esta, causal, e por outra porte non deixa de ser un sacrificio e unha limitación dos dereitos ó traballo da plantilla.

Estes dous parámetros son os que serven ao árbitro de mecanismo dialéctico, o fin de acadar unha solución que non pode vir doutra maneira que por aplicación dun principio xeral do dereito de traballo, de perfecta aplicación no presente caso, como é que o árbitro introducirá na súa argumentación o principio de "in dubeo pro operario". Esta aplicación provoca que o árbitro acolla, por mantemento de garantías, que doutra maneira serían xa de irreparable solución, a tese da representación dos traballadores, pois outro formulamento nos levaría á redución da problemática, a dúas teses, que confrontadas, non toparían un camiño de solución polo colisión dos aspectos formais (empresa), e materiais (representación legal de traballadores), en ámbolos dous casos de posible acollemento.

Por todo o antedito, resolvese a cuestión exposta, con aplicación das normas establecidos no Estatuto dos Traballadores, das comúns do Código Civil, e no propio Acordo Galego de Solución Extraxudicial de Conflictos Colectivos de Traballo, polo seguinte disposición:

ÚNICO: No calendario laboral para o ano 2013, enténdese cumprida a totalidade da xornada anual de 1747 horas, o día 20 de decembro do ano 2013, ao sumarse os días de regulación aos 209 días xa traballados, segundo o calendario laboral efectivo da empresa.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdición social nos termos establecidos no apartado 5° do artigo 24 do AGA.

Vigo, 6 de Junio de 2014
O árbitro

José M° Casas de Ron