ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 24/14

JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro segundo o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), polas partes en conflicto na empresa MGI COUTIER ESPAÑA, SLU, segundo compromiso arbitral de data 08.04.2014, resolve a cuestión laboral plantexada, ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- Unha vez iniciado o procedemento, as partes comunicaron ó árbitro o desacordo existente en materia de tempos, problemática xa exposta na comisión paritaria de tempos, sen que se acadara un acordo, nun contexto que implicou acudir a unha solución arbitral, estando as dúas partes dacordo en facelo de xeito conxunto ante o Consello Galego. Na primeira xuntanza as partes explicaron ao árbitro os problemas existentes sobre as medicións de postos de traballo, tomándose as seguintes decisións por parte do árbitro:

1.- Solicitouse nunha explicación que as partes deron sobre a problemática de tempos, no que se detectou unha desconfianza nalgúns campos da materia, que incluían a xuízo do árbitro dificultades de entendemento, discrepancias en medicións concretas, e sobre a base dos cambios que puido haber na organización do sistema organizativo e as primas de produción.

2.- O árbitro comunica, á representación social, composta polos sindicatos UGT, CCOO e USO, así mesmo como á dirección da empresa, a necesidade dun ditame técnico independente, encargado polo propio árbitro, a través do Consello Galego de Relacións Laborais, que nos seus aspectos técnicos e fácticos faría o árbitro de seu, como fundamento da súa resolución técnica na concreta materia. Esta toma de tempos e cálculos de KB, solventaría materialmente a cuestión e daría fundamento á resolución xurídica que poña fin o conflicto.

3.- En terceiro lugar o árbitro solicita das partes os pliegos ou alegacións que consideren oportunos e que teñen que remitir ó árbitro antes do luns 14 de abril. Nestas relacións, as partes, teñen que incluír dez postos de traballo das seccións que se poidan considerar problemáticas, nas discrepancias polos tempos, para o coñecemento do árbitro a fin de que sexan avaliados polo servicio técnico

4.- Así mesmo, solicítase á dirección da empresa, na persoa da súa responsable xeral de recursos humanos Dª Yolanda García e tamén do responsable de métodos de empresa D. Andrés López Galache, que se lle remita toda a documentación técnica necesaria para o seu envío ao departamento de enxeñería de tempos designado polo Consello Galego.

5.- Por último, neste primeiro apartado, o árbitro comunica a dirección da empresa e o presidente do comité de empresa, D. Jorge Campos, para o seu traslado a tódalas partes implicadas, a necesidade de que o traballo se faga con absoluta transparencia, independencia, de xeito que sexa o mais operativo para a solución de discrepancias formuladas.

Segundo: O árbitro comunica que o estudio encargado é, ó gabinete de enxeñería de D. José  Busquets Gubau de Barcelona, aclarando que éste poderá pedir ás partes informacións complementarias, así mesmo comunica a forma de realizar o ditame técnico e as condicións que para as partes ten que ter, a fin de preservar tódalas garantías do procedemento do AGA.

Terceiro: As operacións estudadas foron as seguintes:

Operación Pieza Nº Operarios
Nº Descripción
10 Montaje y embalaje final COI PLC B9 PROTEC 1
05+10 Inyectar cuerpo y montaje (1+1 Cav) SUBCONJUNTO CUERPO COE X12C 1
10 Desbarbar y montar juntas y bomba DEPOSITO RLV BIDI B9 1
20 Montar componentes, contro y embalaje final DEPOSITO RLV BIDI B9 1
10+11 Inyección cuerpo, montar tope y casquillo (2+2 Cav.) CUERPO DELANTERO SEAT 370 1
15+16 Inyección cuerpo, montar tope y casquillo (2+2 Cav.) CUERPO TRASERO SEAT 370 1
10 Inyección pala (4+4 Cav.) PALA PARA CROMAR COI X95 GH_DT 1
20 Montar componentes, carga y descarga COI A7 1
30 Control y embalaje final en Bac verde COI A7 TEXTURIZADA 1
30 Control y embalaje final en Bac verde COI A7 CROMADA 1


Os cronometraxes foron realizados os días 19 e 20 de xuño de 2014, nas quendas de mañá e tarde, polo enxeñeiro Busquets, e técnico do seu equipo. A cronometraxe utilizou a unidade de tempo de dezmilésima de hora traducida a segundos, incluíndose segundo as recomendacións dadas pola OIT, os coeficientes de fatiga e necesidades persoais.

Segundo as instrucións arbitrais, previamente á toma de datos os integrantes do gabinete de enxeñería industrial, mantiveron xuntanza conxunta coa dirección da empresa e co comité de empresa representando por CCOO, UGT e USO, a fin de explicar método de traballo e accións a realizar.

Cuarto.- Durante a toma de tempos, sempre estivo presente algún membro da dirección da empresa e do comité de empresa.

Quinto:  O árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradición, avaliados polo árbitro isto mesmo, na actuación dos técnicos competentes. Aos efectos de constatación mantivo unha xuntanza o día 9 de xullo  con Dª Yolanda García Sánchez e D. Andrés López Garache, por parte da empresa , e con D. Jorge Campos Seijo, D. Jorge Araujo Juanes, D. Mª Dolorez Diz Alvarez e D. Ricardo Guimeráns Torres, que corroboraron os anteditos extremos.
Sexto: O laudo dítase, tendo en conta os prazos extraordinarios para as avaliacións técnicas e de control realizadas.

Setimo: O sistema de medición de traballo utilizado foi sobre a base da escala centesimal, (100 valor tipo/133 actividade óptima), para a súa plasmación nos tempos normais, tempos tipos, tempos óptimos, producións correctas ou óptimas, saturacións do operario e determinación da carga de traballo. O traballo de cronometraxe comunicado as partes desenrolouse de xeito normal e cós estándares utilizados na medición de tempos.

Octavo: Das dez operacións analizadas e referidas no punto terceiro, extráense as seguintes datos técnicos: das dez operacións estudadas, en tres delas o ritmo de traballo que debe desenrolar o operario que o ocupa a fin de alcanzar a produción horaria correcta establecida pola empresa, debe ser superior ao correcto, en dúas operacións e lixeiramente superior ao correcto, noutra, ao fin de poder realizar a produción horaria esixida pola empresa. Nos restantes sete postos non se require que os operarios que os ocupan desenrolen un ritmo de traballo superior ao correcto, a fin de realizar a produción horaria correcta esixida pola empresa. A empresa determina as cantidades de traballo apto, e polo tanto as producións horarias óptimas, mediante estudios de tempos. Á hora de asignar a produción horaria correcta, obtense diminuíndo a óptima un 33 %.

É correcto realizalo neste xeito naquelas operacións nas que non hai tempo máquina (operación número 10, montaxe e embalaxe final COI PLC B9 PRO TEC) ou ben en operacións no que o traballo que realiza o operario en máquina en marcha, a actividade óptima é superior o tempo máquina, operación número 10+11, inyección corpo, montar tope casquillo (2+2 cav) CUERPO DELANTERO SEAT 370 e a número 15+16, Inyección corpo montar tope y casquillo (2+2 cav) CUERPO TRASERO SEAT 370).

Nas restantes operacións estudadas, ao ser o traballo que realiza o operario en máquina en marcha, a actividade óptima, inferior ao tempo máquina, ao calcularse a produción correcta da forma que o realiza a empresa (diminuíndo a óptima nun 33 % para asignar a produción horaria correcta, ésta é sempre inferior á realmente esixible (cando a produción óptima estea calculada correctamente), favorecendo deste xeito a actividade do operario. Isto explica, que a relación entre a produción oral e a óptima é correcta,  coa aplicación do correctivo do 33% provoque que en 7 das operacións, os tempos poidan ser validados.

O presente laudo ten un único punto dispositivo, rexéndose a súa executividade polo disposto no art. 68.2 da lei da xurisdición social, que fai referencia ás tres operacións restantes, e que se dita sobre a base do ditame técnico que o árbitro fai de seu, tal como foi comunicado as partes na apertura do presente procedemento arbitral, laudo que se dita en equidade unha vez realizadas as operacións técnicas reflectidas.

UNICO:

a) Na operación nº 10+11 inyección corpo montar tope casquillo, (2+2 cav),CUERPO DELANTERO SEAT 370, a empresa ten establecida unha produción horaria correcta de 216 pezas hora, cando debería de ser de 197,6 pezas hora, debendo os traballadores que executan desenrolar un ritmo de traballo superior ao correcto nun +9,3 %. A empresa diminuirá nesta porcentaxe a produción horaria establecida.
b) Na operación n 15+16 inyección corpo montar tope casquillo, (2+2 cav),CUERPO DELANTERO SEAT 370 a empresa ten establecida unha produción horaria correcta de 208 pezas hora, cando debería de ser de 195,0 pezas hora, debendo os traballadores que executan desenrolar un ritmo de traballo superior ao correcto nun +6,7 %. A empresa diminuirá nesta porcentaxe a produción horaria establecida.
c) Na operación nº 30 control e embalaxe final Bac verde COIA A7 CROMADA,a empresa ten establecida unha produción horaria correcta de 716 pezas cando debería de ser de 714,5 pezas hora, debendo os traballadores que executan desenrolar un ritmo de traballo superior ao correcto nun +0,2 %. A empresa diminuirá nesta porcentaxe a produción horaria establecida.


O presente laudo arbitral poderá  ser impugnado  polos motivos, vías e prazos que establecen os artigos 65.4 e 163.1 da Lei Reguladora da xurisdición social.

Vigo, 18 de xullo de 2014

O árbitro



José Mª Casas de Ron