ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 87/14

JOSE Mº CASAS DE RON, designado árbitro segundo o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais  de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), polas partes en conflito na empresa ERMA, S.L., segundo compromiso arbitral de data 21.11.2014, resolve a cuestión laboral formulada, ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes:

ANTECEDENTES

PRIMERO: Foron partes na Acta do compromiso arbitral e no procedemento: por parte da empresa ERMA S.L., D. Enrique Costa Lixa, administrador xeral, D. Francisco Javier González Estévez, director financeiro e os asesores, D. Ricardo Sánchez Vizoso e D. José Diego Martínez  García; pola representación dos traballadores Dº Rosa Pardo Braque e Dº Marina Álvarez Rodríguez delegadas de persoal, e os asesores D. Luciano Villar González (CIG) e D. José Carlos Casal Iglesias (UGT).

SEGUNDO: As mesmas partes coa incorporación da delegada de persoa/ Dª Marisol Fernández Comesaña, chegaron a un acordo o día 7 de novembro de 2014, co seguinte punto:

"Único.- Establécese un período de elaboración dun Plan de Futuro Viable (PFV) ata o día próximo venres 14 de novembro.

As partes convócanse para unha reunión ás 9.30 horas na sede da Inspección de Traballo a fin de valorar os cinco seguintes que o PFV terá que conter indispoñiblemente:

1. Xustificación das vicisitudes empresariais entre o 23 de abril de 2014 e o 7 de novembro de 2014
2. Política de compras e accións futuras viables
3. Política comercial e accións futuras viables
4. Políticas e medidas de xestión organizativa ó fin de utilizar compras, production e vendas
5. Políticas e medidas que poidan afectar á estrutura do cadro de persoal, nos seus diversos segmentos con xustificación produtiva das mesmas
6.  Medidas de revisión ou de recuperación de emprego no caso dunha mellar bonanza do mercado no corto ou medio prazo

No caso de desacordo na valoración do PFV as partes, seguindo o previsto na acta do acordo do AGA do día 23 de abril de 2014, nomean árbitro para a resolución do desacordo o presente mediador José Mª Casas de Ron, firmándose o correspondente compromiso arbitral" .

TERCEIRO: A cuestión en discusión afecta a dous aspectos; o primeiro, se a crise económica e financeira na que se atopa a empresa é unha crise económico-produtiva, conxuntural ou estrutural. A segunda das cuestións, unha vez despexada a anterior incógnita, é decidir que medidas organizativas e produtivas son necesarias a fin de superar a crise, e manter a unidade e estrutura empresarial produtiva.
Como se refería no punto segundo, a estes efectos, as partes, en abril do presente ano, déronse seis meses a fin de constatar a evolución económico­ produtiva da empresa, cuns medios protocolizados documenta lmente de información, consulta e participación das delegadas de persoal e os seus asesores , nun contexto de proximidade a fin de efectuar unha análise conxunta o máis axeitada á realidade produtiva e económica da sociedade.
Tamén neste procedemento pactado, implantouse un ERE en determinadas condicións que se ven aplicando ó longo dos últimos meses.

CUARTO: O actuante entende perfectamente garantidos os princ 1p1os de igualdade e contradición, atópase totalmente informado sobre as posicións das partes e as súas diferenzas, e considérase plenamente ilustrado sobre os problemas formulados, dada a súa intervención como mediador no conflito.

QUINTO: As partes ante o árbitro formulan o seguinte, exposto de xeito sucinto: a representación da empresa sinala que a situación ten pouca dúbida, as contas son claras nun proceso produtivo no cal os vectores que inflúen na vida económico-produtiva da empresa, e o custo das materias primas, en segundo lugar o custo da man de obra, e en terceiro os rendementos que sobre o produto pode ter a empresa. É un proceso sinxelo, de análise simple que non deixa practicamente  marxe a outros elementos. Un estudo técnico efectuado pola empresa  de auditoría contable e produtiva, encargado  pola empresa G3M Operational Consulting, xa establecía para o ano 2014 no seu estudo de necesidades  de  recursos  de  produción  unha  causa  económico-produtiva estrutural que implicaría a necesidade de axustar o cadro de persoal (cadro óptimo de produción 1O operarios/as con axuste de 6 postes de traballo). A análise da auditora quedou corto nas súas expectativas comerciais, tal como se percibiu nos seis meses de mora que para tomar a decisión déronse as partes no acorde colectivo, en procedemento de mediación do AGA en data 23 de abril de 2014,  por canto o escenario  veuse  agravado  cunha perda produtiva dun 203 máis.
Estes datos foron constatados polo árbitro actuante consonte ós seus propios medios tanto de índole fiscal, como mercantil.
A representación social manifesta que non deben ser os traballadores os únicos prexudicados pola crise; neste sentido son párticipes de parte da problemática empresarial, solicitan ó arbitro que se houbera que axustar o cadro de persoal non afecte soamente á produción se non a todos os departamentos da empresa incluído o administrativo, e que teríase que mellorar as condicións indemnizatorias dada a dificultade obxectiva para atopar emprego que ten o persoal, nos casos de axuste de emprego.

SEXTO: O árbitro entende que o único elemento decisivo é o mantemento dos máximos postos de traballo, nun contexto dificilísimo para a empresa , integrante dun sector moi dependente das marcas, das grandes superficies e similares, onde ademais os únicos elementos incidentes son as políticas de compra de materia prima, as políticas comerciais de vendas e a organización dos recursos humanos .
A evolución da empresa un compromiso de traballo total na súa política de compra de materia prima e na obtención de novos pedidos e clientes, estima que desgraciadamente soamente un axuste do cadro de persoal pode implicar o mantemento da actividade empresarial e por ende da empresa .

Aquí o árbitro, que entende que un bo protocolo de comunicación entre a dirección e o cadro de persoal é necesario, que entende que ten que haber una participación no control de emprego pola parte social, que teñen que darse sempre solucións prácticas ós posibles conflitos, que é consciente que as posibles solucións pasan por evitar escenarios de incertidume, escenario inxusto para o persoal que aporta de xeito impecable todo o seu esforzo produtivo neste contexto de crise, que pensa tamén que deben evitarse no posible as incertidumes produtivas nas dúas liñas de fabricación da empresa (fundas e  alfombras) e que, unha  vez que  o árbitro actuante obtivo da dirección da un compromise de traballo total na súa política de compra de material e na obtención de novos pedidos e clients, estima que desgraciadamente soamente un axuste do cadro de personal pode implicar o mantemento da actividade empresarial e por ende da empresa.

Axuste que ten que ter as seguintes premisas: o primeiro que ten que afectar a todos os departamentos ou seccións da empresa, e dicir, á produción, distribución, almacenamento e loxística, e ó departamento adminis trativo, buscando ademais o maior grao de polivalencia e optimización no persoal, base da supervivencia neste tipo de empresas, nas que ademais de que o árbitro impulse as solucións menos agresivas para o persoal e, no seu caso, indemnizatorio o máis reparador posible, tamén ten en conta que debe implantarse un sistema de garantía de recuperación do posto de traballo no caso de que mudara de xeito total e decisivo a actual conxuntura económica e a empresa precisara da incorporación de persoal.

En resumo o arbitro sinala como premisas xurídicas na súa solución 1 )reparto entre todas as seccións da empresa do axuste 2) superación dos limites indemnizatorios establecidos legalmente 3) establecement o colectivo e "ad personam" de unhas expectativas certas documentadas e fiscalizables para a posible reincorporación á empresa no futuro do persoal axeitado 4) seguimento colectivo do Plan de Futuro Viable (PVF), nos termos do acordo de 7 de novembro de 2014. Esta documentación será remitida ó arbitro, comunicada fehacientemente ó posible persoal afectado, sexan catro ou menos e tamén incorporado os protocolos de información á representación social.

En virtude de todo o anterior dítase o seguinte laudo para a súa aplicación na empresa ERMA SL consonte ó Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo.

ÚNICO: Por causas  estruturais/económicas , a empresa ERMA. •s.L.. procederá a axustar  o cadro  de  persoal  existente  a data 21  de  novembro de 2014, rescindindo a relación contratual con catro (4) traballadores/as , afectándose un (1) posto de traballo do persoal de oflcinas/estrutura,  e tres
(3) ó persoal de produción, loxístlca e almacenamento . Non poderán ser afectados as representantes  de  persoal,  Rosa  Pardo  Braque,  Marina Álvarez Rodríguez e Marisol González Comesaña. A empresa procederá administrativamente  ó  fin  de  que  os  efectos  do   presente   poidan executarse a partir do 1 de xaneiro de  2015.  A  empresa  deberá  manter todos os compromisos adquiridos entre partes no acordo de 23 de  abril de 2014, que inclúe, a partires de agora tamén. o  seguimento  do  Plan  de Futuro Viable  (PFV)  referido na acta de 7 de novembro de 20 14.

O presente laudo poderá recorrerse ante a Xurisdición Social nos termos establecidos o apartado 5° do artigo 24 do AGA .

Vigo, 23 de decembro de 20 14
Asinado, o árbitro


José Mº Casas de Ron