ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 2/15

Administración Autonómica
Xunta de Galicia

Consellería de Traballo e Benestar
Xefatura Territorial da Coruña
Servizo de Relacións Laborais

Resolución da Xefatura Territorial da Coruña pola que se ordena o rexistro e publicación do laudo arbitral relativo á liquidación das vacacións na empresa Aurora, Pilar y Ana, S.L.
Visto o contido do laudo arbitral de data 15 de xaneiro de 2015 ditado por don Carlos Domenech de Aspe no procedimento de arbitraxe seguido en base ao establecido no Acordo Interprofesional Galego sobre Procedimentos Extraxudiciais
de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), relativo á liquidación das vacacións na empresa AURORA, PILAR Y ANA, S.L., de conformidade co establecido no artigo 91 en relación co artigo 90, apartados 2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de
24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, no artículo 27 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedimentos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo, no Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, e na Orde de 29 de outubro de 2010 pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia

A Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña

RESOLVE:
1.º.–Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.
2.º.–Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A Coruña, 10 de febreiro de 2015.
Xefa territorial
MARÍA PILAR CARIDAD ALONSO

LAUDO ARBITRAL

CARLOS DOMENECH DE ASPE, designado árbitro en acta de compromiso arbitral de data 15 de xaneiro de 2015 subscrita polos traballadores da escota infantil de Coristanco e a representación da empresa Aurora, Pilar y Ana S.L. en base ao establecido no Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), visto o expediente e oídas as alegacións das partes, dita o presente

LAUDO

OBXECTO
Discrepancias na regulación da liquidación das vacacións dos traballadores da escola infantil de Coristanco.
ANTECEDENTES
O árbitro convoca ás partes, comparecendo en data 15 de xaneiro de 2015, coa asistencia de D. Celso Araújo Castro do Consello Galego de Relacións Laborais, expoñendo ao árbitro o punto de desacordo e formulando alegacións en defensa
das súas posturas. Fan entrega ao árbitro na comparecencia de diferentes escritos nos que argumentan e fundamentan os seus puntos de vista.
FEITOS QUE ENTENDE ACREDITADOS
A empresa Aurora, Pilar y Ana, S.L., desde o 01 de setembro de 2014, é adxudicataria do concurso publico de xestión das escotas infantís do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Por esta empresa prodúcese a subrogación dos centros de traballo denominados Escota Infantil do Pino e Escola Infantil de Coristanco, anteriormente xestionados, ata o 31 de agosto de 2014, pola empresa denominada FUNDACIÓN DE ESTUDOS E ANÁLISIS (FESAN).
Os traballadores gozaron no mes de agosto as vacacións anuais xa que, tanto o contrato de xestión da antiga concesionaria corno o de Aurora, Pilar y Ana S.L., establecen como mes de vacacións das Escolas Infantís o mes de agosto, por
peche do centro.
A empresa saínte FESAN, na nómina correspondente ao mes de agosto de 2014, efectúa un desconto no aboamento aos traballadores das vacacións gozadas, equivalente á parte proporcional do devengo que correspondería polo tempo de
setembro a decembro.
CONSIDERACIÓNS E FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Pártese do suposto de feito claro, no que están de acordo as dúas partes, de que os traballadores gozaron as vacacións durante o mes de agosto de 2014, que o referido mes está contemplado con carácter xeral para o seu goce, que non houbo
suspensión nin extinción da relación laboral en ningún momento e de que a retribución destas vacacións non foi satisfeita na súa totalidade.
Por isto, chégase á conclusión de que os traballadores, que de acordo co artigo 38 do Estatuto dos Traballaciores teñen dereito ao goce das vacacións anuais completas coa correspondente retribución, viron lesionado o seu dereito na parte
delas que non lle foi retribuida.
Non se trata, por tanto, da pretensión dunha compensación a metálico das vacacións, cuestión só admitida legalmente no caso de extinción da relación laboral que aquí non se produce, senón do aboamento, pois xa foron gozadas, do que se debe polo seu goce e que non foi satisfeito na súa totalidade.
Calquera decisión distinta, de compensación en días ou goce doutro período complementario, mantería o prexuízo ocasionado aos traballadores que, sen cesar na relación laboral, terían un período do ano 2014 sen retribución algunha, aínda que supuxese un incremento nos días de vacacións.
Partindo do suposto de que as vacacións se devengan e calculan en termos anuais, a falta de especificación o dereito a vacacións devéngase dentro do ano natural de que se trate (STS 10-4-1990 e STS 17-9-2002) e mesmo se establece que, chegado o tempo de vacacións fixado con carácter xeral na empresa, os traballadores que non acrediten aínda un ano de traballo poderán gozalo a conta do traballo no tempo restante do período anual de referencia (STS 17-9-2002).
Iso permite dubidar de a que empresa, saínte ou entrante, corresponde o aboamento da cantidade debida, ou a determinación da corrección ou non do desconto efectuado pola primeira, cuestións sobre a que non pode manifestarse o árbitro por non ser da súa competencia, non ser obxecto da arbitraxe e, fundamentalmente, porque a decisión afectaría a unha empresa que non é parte, non foi oída e, en ningún momento, admitiu persoarse neste procedemento.
Pero, á hora de decidir, non pode obviarse que, neste caso, operou o mecanismo subrogatorio que, de acordo co artigo 44 do Estatuto dos Traballadores, impón que o novo empresario queda subrogado nos dereitos e obrigas laborais e de Seguridade
Social do anterior, o que permite chegar á conclusión de que, independentemente de que puidese corresponderlle ou non a responsabilidade do aboamento desa parte das vacacións á empresa Aurora, Pilar y Ana, S.L. polo seu devengo
durante os meses do ano en que é suxeito da relación laboral, o mantemento dos dereitos dos traballadores que lle impón a súa continuidade a través da subrogación, faille responsable inmediato do aboamento aos traballadores, sen prexuízo de que, se o estima oportuno, exerza as accións legais correspondentes fronte á empresa cedente.
Como conclusión de todo o anterior, dedúcese que a empresa Aurora, Pilar y Ana, S.L. debe restablecer o dereito lesionado dos traballadores de percibir a totalidade das vacacións gozadas e, en consecuencia, abonar a parte non satisfeita no seu día correspondente ás citadas vacacións.
Por todas as consideracións apuntadas dita a seguinte

RESOLUCIÓN
A empresa Aurora, Pilar y Ana, S.L. deberá abonar aos traballadores a parte de retribución descontada correspondente ás vacacións gozadas en agosto de 2014.
O presente Laudo poderá ser impugnado ante a Xurisdición Social de acordo co punto 5 do artigo 24 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conftitos de Traballo.

Dado en Santiago a 20 de xaneiro de 2015.

O ÁRBITRO
Carlos Domenech de Aspe