ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 30/15

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO

Convenios

LAUDO ARBITRAL SOBRE CONFLITO XURDIDO NA EMPRESA AXENCIAS MARÍTIMAS, CONSIGNATARIAS, ESTIBADORAS DE BUQUES E ACTIVIDADES AFÍNS. (ACOESPO) DE PONTEVEDRA EN MATERIA DE DIFERENZA SALARIAL DO ANO 2013.

Código de Convenio número 36100025032015

Visto o texto do laudo arbitral sobre o conflito xurdido na empresa AXENCIAS MARITIMAS, CONSIGNATARIAS, ESTIBADORAS DE BUQUES E ACTIVIDADES AFÍNS (ACOESPO) da provincia de Pontevedra, en materia de diferenza salarial do ano 2013, pola interpretación do artigo 12 do Convenio Colectivo sobre retribucións, publicado no BOP de Pontevedra o 14 de agosto de 2013, Núm. 155 que foi ditado o día 13.06.2015, e tivo entrada nesta xefatura territorial da consellería de Traballo e Benestar en Vigo o 20 de xullo de 2015, de conformidade co disposto no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real Decreto 713/2010, de 28 de mayo, sobre rexistro e depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo artigo 24. 4, do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA) e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta xefatura territorial,

A C O R D A:

Primeiro.—Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.10.2010).

Segundo.—Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.—Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

JOSE M° CASAS DE RON, designado árbitro segundo o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), polos partes en conflito no empresa AXENCIAS MARÍTIMAS, CONSIGNATARIAS, ESTIBADORAS DE BUQUES E ACTIVIDADES AFÍNS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (ACOESPO), segundo compromiso arbitral de data 11 de xuño de 2015, resolve a cuestión laboral formulada, ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.—Son partes neste procedemento arbitral Ramón Cortegoso Fernández, xerente de ACOESPO. Polo parte social, interveñen o representante de SMC-UGT, Rubén Bernárdez Gómez, e o representante sectorial da CIG, Xesús García Couso.

Segundo.—As partes, recoñecéndose mutuamente lexitimación no procedemento, entenden que deben presentarse á resolución arbitral, as discrepancias existentes entre a empresa e a representación sindical, sobre o sistema de revisión de retribucións do convenio colectivo vixente publicado no BOPDEPO o 14 de agosto de 2013, Núm. 155. A estes efectos, designan árbitro ó actuante.

Terceiro.—Interveu no procedemento, previamente, a Comisión paritaria sen acordo. O árbitro entende perfectamente cumpridos e garantidos os principios reguladores establecidos no acordo galego, e expresamente a publicidade das posicións e posibilidade de contradición entre as partes, e o propio árbitro ilustrado para poder dirimir o litixio formulado.

Cuarto.—O litixio estriba na interpretación dos seguintes preceptos contidos no convenio citado.

No capítulo III, CONDICIÓNS ECONÓMICAS, reflíctese textualmente: "ARTICULO 12.—Retribuciones. Los sueldos y salarios correspondientes a las distintas categorías de personal, se incrementarán anualmente en un 1% para los años 2013, 2014 y 2015, de vigencia del presente convenio".

Dicha tabla será la única base de cálculo para el devengo de las demás percepciones derivadas del Convenio y disposiciones aplicables (Según Tabla Anexa)"

Ó que hai que engadir:

Quinto.—"CLÁUSULAS ADICIONALES. CLÁUSULA DE REVISIÓN. La subida salarial acordada será revisada a 31 de diciembre de cada ano según IPC real. Esta cláusula será aplicable con carácter retroactivo a 1 de enero (...) Tendrá efecto desde el momento de su firma y con carácter retroactivo a 1 de enero de 2013".

No citado convenio establécese así mesmo "TABLA ANEXA (ART 12°) TABLA SALARIAL 2013 PARA EL SECTOR DE EMPLEADOS DE "AGENCIAS MARÍTIMAS" DE PONTEVEDRA. GRUPOS Y CATEGORÍAS. SALARIOS MENSUAL/EUROS 2013".

Sexto.—A posición da representación social entende que houbo un proceso negociador no que funcionan cláusulas de incremento e de garantía, e así se fixo, por exemplo, nos anos 2001, 2008 e 2010, nos convenios colectivos debidamente rexistrados, e fai polo menos 15 anos, a interpretación que eles manteñen é, que segundo o artigo correspondente, cada ano establécese unha suba, e nunha disposición adicional, establécese unha cláusula de garantía para manter o coste da vida. O espírito dos preceptos non significan outra cousa, que o mantemento dun mínimo de "conxelación salarial", e que este é o espírito da norma. En definitiva, pois, a posición da parte social é moi nítida; o artigo l2 incrementa, e a cláusula de revisión garantiza mínimos; os antecedentes do 2001, 2008, 2010, van neste sentido, e é o que, en definitiva, solicítase ó árbitro.

Sétimo.—A posición patronal, tamén expresada de xeito contundente, é de discrepancia ca formulada polo parte social, polo propio xogo do propio artigo 12, e a disposición adicional, poñendo especial énfase en que a Asociación patronal sempre aplicou e cumpriu, de xeito taxativo o previsto na norma colectiva. E neste senso, tanto nos convenios anteriores como para o afectado polo presente litixio que afecta, en definitiva, ós anos 2013, 2014 e 2015, pero nos seus efectos soamente o diferenzal no ano 2013. A discrepancia é que no ano 2013 non se aplicou o IPC negativo, mais sinalando o representante empresarial ó árbitro, que o litixio non é por confía económica, xa que a cantidade é moi pequena, senón, porque o aplicación efectuada pala patronal, nunca provocou ningunha perda de poder adquisitivo ós traballadores. A reclamación que fai a parte social, en definitivo, redúcese a unha diferenza do 0,2 % correspondente ó ano 2013, pero é claro e contundente que se garantiu a suba establecida no convenio colectivo, tal como se reflicte, de xeito literal, nos táboas salariais. Engade ademais, que no proceso negociador do ano 2013 acordaron unha regulación dun mes de xornada intensiva e que, como contra prestación, a patronal acordou xenerosamente, pese a estar en plena crise económica, subir un 1% cada ano garantido, pero senda a única base de cálculo as táboas contidas como anexo no convenio que reforzaban sen ningún tipo de dúbidas, o posición auténtica dos negociadores. Isto é o que o representante empresarial, como xerente, persoalmente asinou, e, para contextualizar o esforzo negociador realizado, lembra que fai poucos días estableceuse un acordo xeral patronal-sindical en Madrid, que vai a un 1% de suba. Non quere prexudicar, porque non se prexudicou a ninguén, senón que quere simplemente que se cumpra o que está establecido e escrito no convenio colectivo.

Octavo.—A presente resolución arbitral vai basearse, como fundamento xurídico, na propia interpretación, por ser un conflito xurídico, que fará o árbitro ó respecto. Máis quere sinalar tres causas previas. Primeiro, o asunto céntrase na diferenza salarial a que se fixo referencia, discutida, sobre o ano 2013, cuestión totalmente bloqueada na Comisión paritaria. En segundo lugar, sinala a parte social, que poden existir compañías ou empresas que non aplican, dixéramos, as revisións, por non estar publicadas nos boletíns correspondentes corno consecuencia da controversia. En terceiro lugar, sinala o árbitro, como positivo, que as partes acorden solucionar, toda vez que dentro de catro meses comeza o novo negociación do convenio colectivo, querendo ter as partes solucionado este asunto.

As coñecidas normas do Código Civil sobre a interpretación de normas e contratos, sinalan que a interpretación ten que facerse na súa dicción literal, dun xeito léxico, contextualizado no tempo, e sistematicamente, e atendendo en definitiva, ó que as partes quixeron acordar. O árbitro ten claro que no convenio fixáronse, e se fixou unha coñecidísima garantía baseada no IPC real. Este é o xogo do artigo doce e do cláusula de revisión; este xogo, como se di, é práctica habitual, coñecida, e establecida en moitísimos convenios colectivos. No caso presente, establécese unha matización, contida no segundo parágrafo do artigo doce, que resalta que a táboa anexa (á que se fixo referencia anteriormente), é a única base de cálculo para o devengo das demais cláusulas do convenio e disposicións aplicadas. No cláusula adicional do capítulo V do convenio colectivo, sinálase que o convenio, "tendrá efecto desde el momento de su firma y C011 carácter retroactivo a 1 de enero de 2013". O xogo das regras da interpretación dos contratos neste caso colectivo, e sobre todo, ós efectos consecuentes da aplicación de dita norma, e tendo en canta, que os traballadores/as afectadas polo ámbito do convenio, polo aplicación da cláusula de revisión, nunca tiveron perda do seu poder adquisitivo, en base ós IPC establecidos para as revisións salariais de xeito oficial polo Goberno, en función do

IPC anual, entenden que a interpretación literal, de contexto sistemática por analoxía con outros convenios, e, en definitiva polo que se deduce do xogo dos referidos preceptos, o que leva ó árbitro a pensar que o sistema de interpretación provoca, ou produce, que se compadece a cuestión de xeito máis claro e nítido coa posición empresarial, non cabendo polo aplicación da interpretación literal, sistemática, histórica, opoñer a esta, o tamén coñecido principio de "in dubio- pro operario".

É dicir, é razoable que a parte social reclame sobre o 2013 unha porcentaxe, pois entra dentro da lóxica sindical, de intentar acadar para traballadores/as os máximos beneficios retributivos, pero non é menos certo, que ante un conflito xurídico o que deben impoñerse son as regras de interpretación, e, por non abundar máis na cuestión, unha sistemática aplicativa, levou ó árbitro, que co escrito e establecido no norma convencional, cumpríronse as subas do artigo doce, e garantíronse os salarios anuais, utilizando como única fonte, a efectos de cálculo, as táboas establecidas no anexo anteriormente citado.

En base a todo o anterior, dítose o presente laudo sobre a aplicación dun porcentaxe de suba do 0,2 % no ano 2013, reclamado sindicalmente por UGT e CIG, co seguinte pronunciamento en base ás regras establecidas no vixente Código Civil e concordantes na lexislación e xurisprudencia laboral.

ÚNICO:

O convenio colectivo de AXENCIAS MARÍTIMAS, CONSIGNATARIAS, ESTIBADORAS DE BUQUES E ACTIVIDADES AFÍNS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, publicado no BOP DE PO o 14 de agosto de 2013, Núm. 155, enténdese cumprido, sen que leña que aplicarse ningún incremento, sobre o 1% referido ó ano 2013, único caso litixioso no práctica.

O presente laudo arbitral poderá ser impugnado polos motivos, vías e prazos que establecen os artigos 65.4 e 163.1 da Lei Reguladora da xurisdición social.

Vigo, 13 de xullo de 2015.—O árbitro, José Mª Casas de Ron.