ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 11/16

JOSE Mª CASAS DE RON, designado árbitro en escrito de promoción de procedemento de arbitraxe de data 19/05/2016, e acta  de  compromiso arbitral de data 23/05/2016, prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), no conflito xurdido sobre diferencias na negociación do convenio colectivo de empresa na Corporación de  Prácticos  del Puerto y Ria de Vigo, S.L,P., resolve os asuntos presentados ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes




ANTECEDENTES

Primeiro.- Son partes no procedemento, por unha banda, a representación empresarial integrada por D. Carlos Riobó Delgado, apoderado, D. Héctor Fernández-Valdés Lloret e Da. Beatriz Lago Gómez, como letrada e asesora, en representación da Corporación de Prácticos del Puerto y Ría de Vigo, S.L.P. E por outra banda, o representante legal dos traballadores D. Óscar Rosales Valverde, asesorado por D. Luciano Villar  González,  secretario comarcal   FEGAMT-CIG.

Segundo.- O litixio estriba nas diferenzas entre as partes nas materias relativas a xornada, distribución horaria, l.T., pluses diversos, descansos, festivos e vacacións, licenzas retribuídas, gratificacións extraordinarias, horarios, axudas de custo, grupos e competencias profesionais e revisións salariais, ca determinación da vixencia do convenio en base a todo o anterior.

Terceiro.- Abertas as sesións de comparecencia, o árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradición, e considérase informado tralas sesións de comparecencia das posicións das partes e das súas diferenzas. Así mesmo comunica ás partes, como fixo noutros conflitos, que coñecidas as peticións e ofertas recíprocas da negociación do convenio, vai partir da doutrina das últimas posicións. Ademais quere reflectir o árbitro que solicitou diversa información ás partes ó fin de poder decidir nas cuestións en litixio.

Cuarto.- Cada unha das partes achegou ó árbitro por  escrito as súas propostas.

Pois ben, os anteriores presupostos, contidos nos puntos precedentes, son os que serven ó árbitro a fin de decidir a solución neste conflito.
















FUNDAMENTOS  DA RESOLUCIÓN

As cuestións que se someten a decisión arbitral son en definitiva, parte do contido colectivo, unha remisión a un laudo ditado por este mesmo árbitro no ano 2008, que contiña unha regulación diferente naque! tempo, e que neste momento, quérese recuperar, e en definitiva, engadilo ó convenio que se achegará como anexo.

Polo cal, neste conflito de negociación colectiva, conflito de solución e equidade, o árbitro reflectirá na parte dispositiva, todos aqueles temas que foron presentados para dirimirse no procedemento arbitral. os engadirá ó contido do convenio colectivo, remitíndose ós capítulos reflectidos no laudo en procedemento do AGA do 12 de decembro de 2008, co cal, porase fin ó litixio na negociación do convenio colectivo que afecta ós traballadores da Corporación de Prácticos del Puerto y Ría de Vigo, S.L.P., nas reunións celebradas antes e despois da sinatura do escrito de promoción e da acta de compromiso arbitral.

Os puntos que a continuación se reflicten se incorporarán xa como parte dispositiva ó presente laudo, que como se dicía é ditado en equidade, tendo en conta as circunstancias actuais da prestación do servizo portuario de practicaxe que se desenvolve nun contexto alterado polas circunstancias económicas e novas da organización do traballo. As materias afectadas son ó réxime xeral de traballo, ás xornadas de traballo, ás horas extraordinarias, ó recargo das mesmas, ós descansos semanais, ó réxime do día do Carmen, períodos e días de vacacións, licenzas, subas ou revisións salariais, pluses, gratificacións extraordinarias, plus de transporte, horario  de  comidas, devengo das axudas de custo, situacións de l.T., e vixencia do convenio colectivo.

PARTE DISPOSITIVA

En base a todos ós anteriores antecedentes, e tendo en conta o establecido no punto segundo dos antecedentes, dítase o seguinte laudo, de conformidade coas normas previstas no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo:


1.- Na empresa Corporación de Prácticos del Puerto y Ría de Vigo, S.L.P. estableceranse cadros horarios nomlnais con distribución de días laborables, quendas rotatorias, descansos semanais, festivos e vacacións, nas seguintes condicións, xa establecidas no laudo do 12 de decembro de 2008.








l. O persoal realizará  211   días laborables anuais.

2. As gardas serán de 12 horas, en quendas rotatorias.

3. Entre o fin dunha xornada laboral e o comezo da seguinte mediarán, como mínimo, 12 horas.

4. Os traballadores desfrutarán de 34 días de vacacións anuais en dous períodos de 17 días. Así mesmo desfrutarán de 17 días máis nun terceiro período coa consideración de días de descanso.

5. O descanso será de 2 días completos por semana.

6. Polo menos en 25 ocasións, o devandito descanso semanal coincidirá cun sábado ou cun domingo.

7. Calquera exceso en tempo de traballo sobre as 211 xornadas anuais devengaranse como horas extraordinarias cun incremento sobre o valor da hora ordinaria dun 75%.

8. Mantéñense como usos e costumes profesionais aqueles que se viñeron manifestando ou significando ós traballadores polo paso do tempo, con respecto as normas de flexibilidade interna e presenza no centro de traballo, sen prexuízo da eficacia da prestación dos servizos.

2.- Teñen consideración de horas extraordinarias as que sumando todas as horas de traballo efectivo superen as 1800, ou cando se sumen as horas de presenza e superen as 2496 horas anuais, ou cando, en aplicación do réxime especial de acumulación de xornadas, as horas de traballo e presenza superen as 12 horas diarias. As horas extraordinarias son voluntarias, como norma de dereito indispoñible, e terán un recargo do 75%, como se dicía anteriormente  no apartado 7 do punto 1º desta parte dispositiva.

3.- A empresa, nos traspasos de gardas, terá que dispoñer o réxime adecuado de descansos do persoal saínte.

4.- O día da festa do Carmen se considera como día non laborable e non recuperable a todos os efectos. Os traballadores que teñan que traballar ese día terán compensación do mesmo en calquera outro día fixado de mutuo acordo, podéndose acumular ó período de vacacións.

5.- No artigo referido a licenzas, engádese un novo apartado que reflicte "polo tempo indispensable" para a realización de exornes prenatais e técnicas de preparación o parto que os traballadores deban realizar dentro das xornadas de traballo, polo aplicación das normas, !amén de dereito indispoñible na materia.











6.- lncapacidade Temporal. O réxime establecido para os accidentes de traballo ou enfermidades profesionais, aplicaranse nos casos que requiran hospitalización, debéndose xustificar a mesma.

7.- Con respecto ás cualificacións profesionais establécese un réxime de competencias  a  bordo,  segundo  as  funcións  facticamente  realizadas, cando coincidan dous traballadores con titulación de patróns. Nestes casos, e consonte  as facultades  de organización  e dirección das empresas, a Corporación designará patrón e mariñeiro, con independencia da titulación,  e sempre tendo en canta, obvio  é, que para desenvolver  as tarefas de patrón a titulación ten que ser a corresponden te a dita cualidade.

Por outra parte, os mariñeiros con cualificación profesional de segunda terán dereito preferente para a súa promoción á mariñeiros de primeira.

8.- Plus de actividade. Mantense o plus de actividade, que consiste nun complemento salarial polo cantidade de 582,02 € que se aboarán nas 12 mensualidades de cada ano. Desta cantidade, 168,62 € non son plus consolidable nas condicións establecidas no texto do convenio.

9.- Mantense o sistema de gratificacións extraordinarias, que inclúen dúas gratificacións extraordinarias, que inclúen salario base, antigüidade e plus de embarque.

1O.- Horario de comidas. A empresa disporá dun horario de comidas operativo para todos os traballadores. As viaxes e os desprazamentos que os traballadores teñen que realizar por motivos de comisión de servizos, devengarán axudas de custo, que o traballador terá dereito a percibir por adianto nun importe aproximado, senda regularizado con posterioridade á realización  da  comisión  encomendada.

11.- Establécese para o ano 2016, e con efectos dende o 1 de xaneiro, unha suba de 0,75% nas táboas salariais. Para o ano 2017, un 1% sobre as táboas salariais. E dun 1,5% para o ano 2018. Revisaranse estas subas no caso do que o IPC supere o aumento referido, aplicándose con efectos do 1 de xaneiro de cada ano. Nos casos de deflación ou inflación negativa, os efectos salariais serán neutros para os traballadores.

12.- Achégase todo o texto do convenio como anexo e parte do presente laudo, que ten vixencia para os anos 2016, 2017 e 2018, con todas as materias nas que houbo acordo no proceso negociador, o que se engade ás anteriores cláusulas arbitrais, tendo en conta a remisión xeral que se establece para réxime de xornada, gordas e quendas fixadas no laudo de 12 de decembro de 2008, ditado polo mesmo árbitro.



O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdición social nos termos establecidos no apartado 5° do artigo 24 do AGA.

Dado en Vigo, 27 de xuño de 2016.
                                          
                        
         O árbitro

                    José Mª Casas de Ron