ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 3/16

VERÓNICA MARTINEZ BARBERO e JOSE Mª CASAS DE RON, designados árbitros segundo o previsto no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), pola partes en conflito na empresa Almacenamientos y Montajes, SAU (ALYMOSA), resolven as cuestións presentadas ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- En data 4 de xaneiro de 2016, procedeuse á promover un procedemento de arbitraxe segundo o capitulo III sección terceira do AGA por promoción directa e unanimidade.
Segundo.- Como consecuencia dese escrito asinouse un compromiso arbitral na sede da empresa, no Polígono da Granxa do O Porriño, de data 4 de xaneiro, no que figuran dunha parte, en representación da Empresa, D. Rogelio Fernández Liz, director xeral de RRHH, e D. Juan José Carou Lorenzo, director xeral de produción; e pola representación legal dos traballadores, D. Juan Carlos Vázquez Comesaña, presidente do Comité de Empresa, e os delegados do Comité de Empresa D. Manuel Barcala Muiños, secretario do Comité de Empresa, e D. José María Serodio Costas, representantes os tres pola CIG, D. Antonio Guisado Formosa, delegado en representación de CCOO e D. Manuel Simón Greña, asesor da CIG.
Terceiro.- Consta no procedemento un acta final con desacordo de 21 de decembro de 2015, tralas reunións celebradas os días 4, 11, 18 e 21 de decembro, en período de consultas.
Cuarto.- A cuestión que se somete á arbitraxe son as diferenzas no sistemas de compensación económicas na negociación do expediente de regulación de emprego, para a súa aplicación na empresa no ano 2016.
Quinto.- A empresa alega que a situación de Alymosa é económica e produtivamente precaria pola conxuntura empresarial que afecta á empresa. En todas as reunións celebradas ata a data, non foron quen de achegar a un acordo económico, pese a todas as argumentacións explícitas, razóns estas polo que aceptan o procedemento de arbitraxe.
Sexto.- Pola parte social, maniféstase que non poden ser os traballadores os que asuman un sacrificio aínda máis grande, toda vez que a aplicación de ERES anteriores implicaran que a prestación por desemprego baixe do 70% ó 60%. Esixen un complemento económico compensatorio, que de resposta ás peticións da parte social, xa comunicadas en anteriores reunións.
Sétimo.- Os árbitros entenden que en base ás anteriores reunións, o coñecemento que teñen da realidade socio-laboral da empresa, teñen coñecemento suficiente para poder ditar resolución neste conflito, que é de interese porque o que existe é unha diferenza económica. Entenden garantidos os principios establecidos no Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos de Traballo de igualdade, transparencia e publicidade de todos os actos de mesmo, incluído o principio de contradición entre as partes que fixeron as alegacións oportunas antes os árbitros.
Octavo.- Os árbitros, pola súa condición de Inspectores de Traballo, coñecen a situación empresarial do complexo e do sector de automoción en xeral, e as dificultades conxunturais extraordinarias que se presentan nas empresas. Sentan a premisa de que existe un único punto de controversia, en materia económica e que se ten que resolver mediante a solución arbitral nun conflito de intereses, polo cal, escoitadas as partes, coñecidas polos árbitros as diferentes circunstancias concretas da empresa e xerais do sector, e aplicando a doutrina arbitral das últimas posicións consolidadas polas partes, ditan o seguinte laudo, que terá un único punto, en base ó artigo 24 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo:
O período de suspensión de contratos producirase entre o día 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro del 2016, segundo as necesidades de produción e servizo ós clientes, que se determinen pola Dirección da Empresa, en función dos programas de produción, sen perxuizo do calendario de afectación que a Empresa comunicará aos Representantes dos Traballadores ao final do Período de Consultas.
O número máximo de días de suspensión que a Empresa poderá aplicar a cada un dos traballadores afectados no período referenciado será de 33 días.
As condicións da compensación económica pola aplicación do ERE para o ano 2016, será de 11 euros por día laborable. Os fins de semana aboaranse como perante o ERE período 2014-2015, manténdose asemesmo as restantes condicións de aplicación do ERE do ano anterior.
As diferenzas xeradas do ERE anterior pola porcentaxe da prestación, regularanse una vez sexan comunicadas polos traballadores e traballadoras.

O laudo emitido, que no caso presente, ten eficacia de convenio colectivo segundo o apartado 4 do artigo 24 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo, poderá ser impugnado ante a Xurisdición Social, segundo a modalidade procesual de impugnación de convenios colectivos, tramitada segundo o procedemento de conflito colectivo, regulada na Lei da Xurisdición Social aprobada por Lei 36/2011, 10 de outubro (texto consolidado 2 de outubro de 2015).
Vigo, 4 de xaneiro de 2016
Os árbitros

Verónica Martínez Barbero José Mª Casas de Ron