ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 41/16

JOSE Ma CASAS DE RON, designado árbitro en escrito de promoción de procedemento de arbitraxe de data 10/05/2016, e acta de compromiso arbitral de data 15/06/2016, prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), no conflito xurdido sobre a interpretación xurídica do pacto de empresa de data 13 de febreiro de 2015, sobre o complemento de salarios establecido na empresa KAUMAN, S.A.U (Expediente AGA 41/16), resolve os asuntos presentados ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes
ANTECEDENTES
Son partes no procedemento, por unha banda, a representación empresarial integrada por Juan José Rey Fernández, administrador, Purificación Cameselle Méndez, asesora legal, en representación de Kauman, S.A.U. E por outra banda, o representante legal dos traballadores, Manuel Vila Bugarín, presidente do Comité de empresa, Enrique Martínez González, secretario do Comité de empresa, e Armando Guerra Iglesias, asesor sindical de CCOO.
O litixio estriba nun conflito de interpretación do acordo subscrito polo empresa e a representación sindical en data 3/02/2015. É un conflito xurídico de interpretación da norma que se dita en base ós seguintes antecedentes:
Primeiro.- A empresa Kauman ten un cadro de persoal de 59 traballadores, e afectados polo presente conflito 42. 0 convenio de aplicación é Convenio Estatal xeral para a industria química. Con data 3/02/2016 a empresa e a representación sindical chegou a un pacto e empresa de mellora do convenio colectivo cuns determinados incrementos salariais aplicables á masa salarial bruta de determinados grupos profesionais. Este incremento aplicarase con efectos de 1/01/2016, e o importe salarial resultante, será aplicable integramente ó denominado plus convenio.
Segundo.- A representación empresarial sinala, que a petición dos traballadores, chegaron a un acordo dunha subida engadida sobre o incremento do convenio colectivo, sobre a base de chegar a unha determinada porcentaxe de facturación. A empresa entende que se aplica sobre a masa bruta real, senda un acordo con mellora de estabilidade do emprego, sobre a base dun porcentaxe de aumento en xullo de 9 traballadores indefinidos, insistindo no fomento da estabilidade do emprego. En xaneiro de 2016 para estes novas traballadores indefinidos aplicase a suba, pero tendo en conta a data de 1/07/2015 por entender que este é o espiritual da negociación, que esta non falaba do convenio, que non se practica a suba a todos os grupos, que o acordo é unha negociación particular, e con mellora do convenio colectivo. Non é unha cuestión económica, senón unha cuestión de interpretación dos criterios establecidos no pacto.


Terceiro.- Polo representación sindical sinálase que o espello no que se mira o pacto, é o convenio colectivo de referencia, que é o de químicas; trátase dun convenio de empresa negociado e asociado ó marco xeral, que é o convenio xeral de químicas. Neste, masa salarial é o que a empresa gasta nos traballadores. E así é como é negociado o convenio xeral de químicas. E para calcular, a masa salarial bruta, homoxeinízase o ano completo, por ser este un concepto colectivo. Aínda que o acordo non o especifica, este está ligado ó convenio, e isto é un dato fundamental. En definitiva, os traballadores reclaman que os incrementos da masa salarial bruta se realicen conforme o convenio 23 do convenio xeral cando di que "en cada empresa se calcularán en condiciones de homogeneidad respecto a los periodos objeto de compensación". Elo implicaría que se 9 traballadores causaron alta o día 1/07/2015, segundo os traballadores homoxeneizar, como é a súa tese, segundo o convenio, deberíase reflexar o importe total nos salarios anuais correspondentes a estas nove persoas. Esta é a tese sindical, polo que non houbo acordo na reunión de 10/03/2016, ó entender a empresa que no acordo ou pacto de empresa non se especifica que a masa salarial será homoxeneizada deste xeito.
Cuarto.- Abertas as sesións de comparecencia, o árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradición, e considérase informado tralas sesións de comparecencia das posicións das partes e das súas diferenzas. Así mesmo comunica ás partes, como fixo noutros conflitos, que coñecidas as peticións e ofertas recíprocas da negociación do convenio, vai partir da doutrina das últimas posicións. Ademais quere reflectir o árbitro que solicitou diversa información ás partes ó fin de poder decidir nas cuestións en litixio.
Quinto.- O árbitro, como xa adiantou, entende que estamos ante un conflito xurídico de interpretación da norma colectiva, como é o pacto asinado en febreiro de 2015 entre a empresa e a representación sindical. Poderíase dicir que ambas interpretacións poderían admitirse ou valorarse, porque por unha banda, certo é que o convenio xeral tala de homoxeneizar, pero tamén entender, tal como significa a empresa, que o dato fáctico é que os traballadores comezaron a súa prestación o 1 de xullo, co cal o ano 2015, é afectado na súa segunda metade.
Pois ben, sobre a base de que na interpretación das normas hai que aplicar as normas do artigo 3 do Código Civil, e no contexto no que os feitos se producen, e tamén significando que onde non se distingue, quen interpreta non debe distinguir, o árbitro establecerá catro elementos para basear a súa decisión. Un, e como primeiro, a propia literalidade do acordo, sen deixar de referencialo á norma que lle sirve de cobertura, que é o convenio xeral. En segundo lugar, as regras de proporcionalidade, de común aplicables para os cálculos cuantificables salaríais, que se fan os traballadores/as consonte ás seu tempo de prestación de servizos, e aplicable practicamente a todos os conceptos, tanto salariais como indemnizatorios, etc.; o terceiro, constatación do que é un pacto de mellora, pois efectivamente mellóranse condicións establecidas na norma de ámbito superior, e en cuarto lugar, que o elemento sobre o que xira o pacto, ademais da mellora salarial para determinados grupos, basease nunha asentación do emprego indefinido nun contexto moi volátil nas materias de mantemento ou mellora do emprego.
Literalmente o pacto establece un incremento sobre masa salarial bruta complementario ó que se acordou no convenio xeral para o ano 2016 (...) este incremento se aplicará con efectos 1/01/2016. A pregunta que ten que facerse o árbitro é, se é un precepto cego, que non teña en canta as datas de incorporación na empresa, que é o usual na materia no cálculo do pro rateo para os traballadores, ou é un concepto que ten que verse dentro do global de homoxeneización, se quere entenderse así, que establece o convenio xeral de químicas. O árbitro, neste primeiro punto, inclínase a pensar que o que debe de prevalecer é a realidade fáctica da prestación de servizos, realidade que é a ordinaria no dereito salarial laboral, con independencia de que, efectivamente, un convenio xeral trate de homoxeneizar para todos os traballadores determinadas cuestións. Pero entendendo o árbitro que non pode ser unha visión cega, pois por redución ó absurdo, se un traballador prestase servizos un so día no ano 2015, poderíase entender que tería dereitos como un traballador que traballara os 365 días do ano.
En segundo lugar, e ligado con isto, coincidiría o segundo dos parámetros utilizados que é o de proporcionalidade. Non se repite a anterior argumentación porque chegaríase exactamente á mesma conclusión de que unha norma colectiva, tanto o convenio como o pacto non poden, aínda que sexo normas colectivas, provocar incongruencias na súa aplicación. De aí o exemplo que poderíase cualificar dun absurdo, reflectido nas liñas anteriores.
A terceira cuestión é que é un pacto de mellora, pero un pacto de mellora causal co cuarto dos elementos que o árbitro utiliza, como é a mellora baseada nun incremento salarial, pero sobre unha mellora do emprego no seu vector de estabilidade. É dicir, o espírito do acordo, que por cedo, non se aplica a todos os grupos, é superar economicamente ó convenio colectivo de referencia, pero é unha negociación de empresa, que no ámbito dunha interpretación lóxica, parécese que se adecúa máis ca tese arbitral da literalidade, proporcionalidade, mellora para un colectivo de traballadores, que á súa vez é consecuencia dunhas xestións de mellora de emprego sobre a base de desprecarizar o mesmo.
Estos, son, en definitiva, os cinco argumentos, literalidade, proporcionalidade, mellora efectiva, emprego e a propia lóxica do pacto subscrito o 13/02/2015, que non é incompatible co esquema conceptual establecido no complexo marco colectivo do convenio xeral para a industria química, mais prevalecendo, neste caso, os criterios utilizados polo actuante.
Pois ben, os anteriores presupostos, contidos nos puntos precedentes, son os que serven ó árbitro a fin de decidir a solución neste conflito.
PARTE DISPOSITIVA
En base a todos ós anteriores antecedentes, e tendo en conta o establecido no punto segundo dos antecedentes, dítase o seguinte laudo, de conformidade coas normas previstas no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo:
A suba salarial establecida no pacto colectivo de 13/02/2015, no seu incremento sobre a masa salarial bruto aplicarase para os grupos referidos no citado acordo, con efectos de 1/07/2015 para ós 9 traballadores contratados nesta data.
O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdición social nos termos  establecidos no apartado 5° do artigo 24 do AGA.

Dado en Vigo, 6 de xullo de 2016.

O árbitro

José Mª Casas de Ron