ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 48/16

JOSE M° CASAS DE RON, designado árbitro en escrito de promoción de procedemento de arbitraxe de data 20/06/2016, e acta de compromiso arbitral da mesma data /06/2016, por decisión directa da Comisión de conciliación e mediación, prevista no ortiga 20 do Acordo interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Tra bailo (AGA), no conflito xurdido sobre a negociación do convenio colectivo, na empresa Dornier, S.A., resolve os asuntos presentados ditando o seguinte laudo, baleándose nos seguintes
ANTECEDENTES
Primeiro.- Son partes no procedemento, por unha banda, pola representación da empresa Dornier, S.A., Da M° Teresa Silvia Ginel, D. Carlos Alberto Baña Neira, e D. Francisco Matías Moyano, e polo representación legal dos traballadores, D. Luis Cordovés Álvarez, D. Carlos M. Landín Guillén, D. Julio Fernández Collazo, delegados da UGT, e actuando como asesor D. Francisco Núñez Rodríguez (UGT).
Segundo.- O litixio estriba en diferenzas insalvables polos partes sobre a vixencia do convenio, táboas salariais, licenzas e uniformidade para o desenvolvemento do traballo.
Terceiro.- Previo ó presente procedemento de arbitraxe, deuse un proceso de mediación no que as partes tomaron dúas medidas por acordo. Unha, a desconvocatoria da folgo, e outra, o nomeamento de mediador como árbitro.
Cuarto.- O árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradición, e considérase informado tralas sesións de comparecencia das posicións das partes e das súas diferenzas. Así mesmo comunica ás partes, como fixo noutros conflitos, que coñecidas as peticións e ofertas recíprocas da negociación do convenio, vai partir da doutrina das últimas posicións.
Quinto.- O litixio presente é un litixio en conflito de intereses que debe resolverse en equidade, tender en conta as diferenzas existentes entre as partes en canto á vixencia, ás táboas salariais e as subas para os anos posibles de vixencia, os efectos da inflación, xornada e cuestión relativa á uniformidade dos traballadores/as.



Sexto.- Escoitadas as partes nos termos reflectidos no punto cuarto, o árbitro, consonte á normativa prevista no Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo AGA, dirime o litixio en base ó seguinte laudo
PARTE DISPOSITIVA
1. O convenio colectivo terá unha vixencia de 2 anos, 2016-2017.
2. A suba salarial será igual en cada un dos dous anos. Esta estriba para o traballador con máis antigüidade en 290 para cada un dos anos, aplicables a todos os conceptos, excepto ós conxelados que son os complementos. Para o resto dos Ira bailadores calcularase o cita incremento en función da antigüidade de cada un conforme ó referenciado para o traballador de máis antigüidade.
3. Durante a vixencia do convenio colectivo, o efecto da inflación negativa ou positivo, será neutro. Incorporarase no capítulo de licencias por días de libre disposición medio día a maiores.
4. No ano 2016 non se fará entrega do vestiario de inverno (setembro 2016).
O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdición social nos termos establecidos no apartado 5° do artigo 24 do AGA.
Dado en Vigo, 3 de xullo de 2016.
O árbitro

José M° Casas de Ron