ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 55/16

JOSE M0 CASAS DE RON, designado árbitro en escrito de promoción de procedemento de arbitraxe e acta de compromiso arbitral de data 30/05/2016, prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), no conflito presentado pala falta de convenio colectivo xeral da empresa na AUTOESTRADAS DE GALICIA, S.A., resolve o conflito ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes
ANTECEDENTES
Primeiro.- Na sede da empresa na Coruña Alfredo Vicenti 15, comparecen, representando á empresa D. Manuel Cespedosa Casado, Director Xeral de RRHH de Autoestradas de Galicia, S.A., Da. María Pilllado Mosquero, Directora Administrativa, D. Francisco J. Fernández Andrade, Xefe de persoal e D. Constantino Castro Campos, Director de Explotación, todos representantes da citada compañía. E por outra banda, D. Juan Carlos Villasenín Grelo, D. Álvaro Rodríguez Pérez e D. Laura Fernández Castro, Delegados de persoal e representantes do Sindicato Independente de Traballadores de Autoestradas (SITA), e D. Roberto Carea López, Delegado de persoal e representante do sindicato Unión General de Traballadores (UGT). Asiste tamén como asesor D. Amador Núñez, Secretario Xeral do Sindicato Independente Traballadores Autoestradas (SITA).
Segundo.- O conflito estriba, traías intervencións das dúos partes, no seguinte: Asinouse o 27/04/2016 un pacto de eficacia limitada entre a representación empresarial e a representación de UGT. Este pacto acordouse dar traslado se procedese a Autoridade Laboral para o seu rexistro autorizando a estes efectos a D. Francisco J. Fernández Andrade, Xefe de persoal de Autoestradas Galicia, S.A., e tamén secretario da comisión negociadora.
Terceiro.- A representación sindical consonte ás datos fácticos que obran no Consello Galego de Relacións Laborais, é de tres representantes do SITA, e un de UGT. Todos eles, diante do árbitro recoñécense con capacidade negocial, lexitimidade activa e pasiva de negociación, con capacidade para pactar na unidade de negociación do que resultará a aplicación do convenio colectivo, ó fin de establecer convenio colectivo estatutario consonte ás normas establecidas en dito título do E.T.
Cuarto.- A representación empresarial considera operativo e lóxico que todos os traballadores da empresa estean baixo o ámbito de aplicación da mesma norma colectiva, sentido teleolóxico, que ten ó xuízo do árbitro o artigo 37 da Constitución Española, cando recoñece a eficacia vinculante dos convenios colectivos, que teñen que ser negociados e perfeccionados consonte ás normas establecidas no título 111 do E.T.
Sinálase isto por canto, segundo os datos requiridos polo actuante, máis do 65% do persoal non se adheriu ó pacto asinado o 27/04/2016, unha vez denunciado o convenio, o 14/12/2015, en acta que foi requirida e aportada.
Quinto.- o árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradición, e considerase informado trola sesión de comparecencia celebrada das posicións das partes. Así mesmo comunica ás partes, como fixo noutros conflitos, que coñecidas as peticións e ofertas recíprocas da negociación do convenio, vai partir da doutrina das últimas posicións. Ademais quere reflectir o árbitro que solicitou ás partes ó fin de poder decidir nas cuestións en litixio, por unha banda, a posibilidade de facer alegacións por escrito, e por outra, solicitou anterior convenio colectivo 2011-2014, e as actas de datas 4/11/2014, 29/01/2015, 24/02/2015, 31/03/2015, 15/04/2015, 5/05/2015, 23/06/2015, 9/07/2015, 30/07/2015, 26/10/2015, 14/12/2015, 14/01/2016, 11/02/2016, 25/02/2016 e 27/04/2016.
Sexto.- En data 27/04/2016 non se chegou a acordo de convenio colectivo estatutario, por canto a representación do SITA rexeitou a proposta. Pero neste intre, e cos principios de boa fe, recoñecéndose as partes coas capacidades de negociación colectiva absoluta, para acodar un convenio colectivo de aplicación xeral, agora, de carácter estatutaria e aplicación a todos os traballadores, e neste espírito, e aceptando todas as partes, a proposta arbitral, que se establece como un dos puntos da parte dispositiva que a continuación disparase, e que é o establecemento dun período dun ano de proba para a observación e análise do sistema de atención ás postos ou estacións de peaxe por parte do persoal, nas situacións de substitución por incidencias e garantía de descansos de mañá, tarde e noite, para cobradores ou persoal de atención, a través do sistema CAU, todo dentro do respecto ó sistema de garantías de descanso e substitución de traballadores/as nesta situación, coa creación dunha comisión de análise coa integración da representación legal dos traballadores que valorará unha vez pasado o período dun ano referida, ó funcionamento do sistema, que ten que ter plenas garantías, tanto para o respecto das condicións de traballo do persoal en servizo en ditos peaxes, en descansos, substitucións por incidencias e similares, así como a eficiencia empresarial no servizo ós usuarios das correspondentes autoestradas.
En base a todo o anterior, e o artigo 24 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo, o árbitro designado dita o seguinte laudo sobre a base da aceptación recíproca da capacidade e lexitimidade negocial de todas as partes, e acreditando o actuante dita capacidade e lexitimidade:
ÚNICO:
1.- 0 acordo de 25/02/2016 de eficacia limitada, que se remitiu ó árbitro, en acto de negociación colectiva constatado polo árbitro actuante, na comparecencia de data 30/05/2016, disponse corno CONVENIO COLECTIVO ESTATUTARIO de ámbito interprovincial de AUTOESTRADAS DE GALICIA, S.A., AUTOPISTAS DE GALICIA, CONCESIONARIA DA XUNTA DE GALICIA, S.A. para os anos 2015, 2016, 2017 e 2018, por ter todas as partes lexitimidade e capacidade para tal cuestión, e como tal deberá ser remitido ó Servizo correspondente da Xunta de Galicia, Consellería de Economía, Emprego e Industria, para a súa inscrición no rexistro e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
2.- Disponse un prazo de proba e análise do funcionamento das estacións de peaxe e o servizo prestado polos traballadores/as dun ano de duración, e a constitución dunha comisión de seguimento de análise que pasado ese prazo, valorará e disporá sobre o sistema de descansos/substitucións en todas as quendas, ó fin de que non se vulnere ningún dereito indispoñible que afecte ó réxime de traballo/descansos/presenzas e disposición dos traballadores/as, compatible coa organización e eficiencia do servizo prestado pola empresa ós usuarios.

O laudo emitido, que no caso presente, ten eficacia de convenio colectivo segundo o apartado 4 do artigo 24 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo, poderá ser impugnado ante a Xurisdición Social, segundo a modalidade procesual de impugnación de convenios colectivos, tramitada segundo o procedemento de conflito colectivo, regulada na Lei da Xurisdición Social aprobada por Lei 36/2011, 10 de outubro (texto consolidado 2 de outubro de 2015).
A Coruña, 15 de xuño de 2016


O árbitro

José M° Casas de Ron