ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 

-  Laudo 61/16

JOSE M° CASAS DE RON, designado árbitro, por unanimidade das partes, en escrito de promoción de procedemento de arbitraxe de data 05/08/2016, e en acta de acordo colectivo do día 5/08/2016, ratificada en asemblea de traballadores e nos órganos societarios correspondentes, e nomeado árbitro en compromiso arbitral de data 05/08/2016, prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), no conflito xurdido na empresa, resolve os asuntos presentados ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes

ANTECEDENTES

Primeiro.- Son partes no procedemento, por unha banda, a representación empresarial integrada por Antonio Acuña Paredes, como administrador único de Marcelino Acuña, S.A. Mariña Vázquez Rodríguez, letrada asesora. E por outra banda, en representación dos traballadores/as, a delegada de persoal Raquel Acuña Calleja, asesorada polo representante comarcal da Fgamt da CIG Pontevedra, Xavier Aboi Pérez,
Segundo.- As partes chegaron a acordo colectivo, ratificado en asemblea polos traballadores e tamén polos órganos societarios, nomeando árbitro ó que foi mediador actuante, José M° casas de Ron, para ditar laudo nas materias seguintes:
Vixencia do pacto de empresa, e ultraactividade do mesmo, no seu caso, estrutura salarial e subas salariais, medidas sobre descolgue e negociación colectiva, e réxime horario dos días 24 e 31 de decembro.
Terceiro.- Abertas a sesión de comparecencia, o árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradición, e considérase informado, trolas sesións de comparecencia, das posicións das partes e das súas diferenzas. E, pola súa actuación anterior, como mediador nas reunións do 11, 14 e 22 de xullo, e 2 e 3 de agosto de 2016. Así mesmo comunica ás partes, que coñecidas as peticións e ofertas recíprocas da negociación do convenio, vai partir da doutrina das últimas posicións. Ademais quere reflectir o árbitro que solicitou diversa información ás partes ó fin de poder decidir nas cuestións en litixio.
Cuarto.- Cada unha das partes achegou ó árbitro por escrito as súas propostas. O árbitro considera un conflito que terá que resolver en equidade ó fin de conquerir solución para elevalo á ditame arbitral a pacto de empresa que como tal, conformar a norma colectiva de regulación para os anos 2016, 2017 e 2018.
Pois ben, os anteriores presupostos, contidos nos puntos precedentes, son os que serven ó árbitro a fin de decidir a solución neste conflito.
FUNDAMENTOS DA RESOLUCIÓN
PARTE DISPOSITIVA

En base a todos ós anteriores antecedentes, e tendo en conta o establecido no punto segundo dos antecedentes, dítase o seguinte laudo, de conformidade coas normas previstas no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo:
1.- Establécese como vixencia, para o pacto colectivo de regulación de condicións laborais, os anos 2016, 2017 e 2018, con efectos dende o 1 de agosto de 2016.
2.- Establécese unha suba salarial para as seguintes categorías de referencia do xeito seguinte:
- Para os traballadores/as, peóns e manipuladores/as, 140 € en salario nos 14 meses de cada ano, que se integrarán no concepto de salario base. O concepto de antigüidade, na estrutura salarial, reflectíndose en nóminas, converterase para os traballadores/as nun complemento "ad pesonam", consolidado e non absorbible.
- Para o persoal auxiliar administrativo (unha traballadora) unha suba de100 € sobre o salario real actual, que se incorporará ó salario base, en 14 pagas.
- O denominado plus de actividade establécese en 0,87 €/día para os anos 2016-2017.
3.- As partes, é dicir, a representación legal dos traballadores, o sindicato representado polo responsable comarcal da Fgamt, CIG Pontevedra, e a empresa, renuncian a calquera acción xudicial de conflito colectivo sobre o regulamentado, que son as materias establecidas para o arbitraxe, na acta do acordo colectivo de 5 de agosto de 2016, que establecen o fin do conflito.
4.- O árbitro establece que a presente regulación teña efectos económicos dende o 1 de agosto de 2016, e comprendéndose como primeiro período,salvo o referido no punto seguinte, o comprendido entre o 1 de agosto de 2016 e o 31 de decembro de 2017.
5.- Para o ano 2018 aplicarase unha suba en todos os conceptos do 2%.
6.- 0 árbitro establece, que en tanto en canto o presente non sexa substituído por norma de igual categoría, a ultraactividade do laudado, e como consecuencia, con vixencia ultraactiva.
7.- A empresa non poderá, agás nos supostos de concurso ou liquidación, proceder ó trámite establecido na regulación legal ós efectos de descolgue dos efectos económicos do presente laudo arbitral.

8.- 0 árbitro dispón que se teña en conta, por parte da empresa, que os diversos colectivos profesionais da empresa, teñen salarlo diario mensual con pro rateo de pagas (peóns/manipuladoras), e salario mensual sen pro rateo de dúos pagas, para o persoal administrativo.
9.- 0 árbitro establece que as tardes do días 24 e 31 de decembro dos anos 2016, 2017 e 2018 sexan inhábiles, consonte ó uso empresarial horario establecido.
10.- Para o persoa de mantemento, as partes interesadas establecerán unha regulación específica, da que darán conta ó árbitro actuante.

O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdición social nos termos establecidos no apartado 5° do artigo 24 do AGA.
Dado en Vigo, 24 de agosto de 2016

O árbitro
José Mª Casas de Ron