Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
Carta do Presidente Competencias e procedemento externo Estructura Órganos do C.G.R.L. Organigrama técnico administrativo Actividade

O Consello Galego de Relacións Laborais foi creado pola Lei 7/1988, de 12 de xullo como un órgano de diálogo institucional entre os axentes sociais galegos, así como un órgano consultivo e asesor da Xunta de Galicia en materias relativas á súa política laboral.

Non obstante, a referida lei non definía a natureza xurídica do Consello, polo que cumpría convertelo nun ente público de carácter independente e con personalidade xurídica e capacidade de obrar para poder acadar os seus fins. Nace así unha nova lei reguladora, a Lei 5/2008, do 23 de maio, publicada no Diario Oficial de Galicia de data 11 de xuño de 2008, que ven dar resposta a unha demanda dos axentes económicos e sociais galegos, en canto constitúe o único foro de participación institucional propio, ao non participar ningunha outra organización social ou profesional. A nova lei dota ao Consello de personalidade xurídica e patrimonio de seu, con plena autonomía funcional para o cumprimento dos seus fins, aínda que o adscribe organicamente á consellería competente en materia de traballo.

Esta lei ven así mesmo reforzar a neutralidade e non-interferencia na autonomía de sindicatos e asociacións empresariais ao regulamentar que o nomeamento e cesamento de altos cargos do organismo conte coa conformidade das persoas membros das representacións sindicais e empresariais que integran o Pleno do Consello.

A regulación do organismo complétase coa Resolución do 23 de outubro de 2008, publicada no Diario Oficial de Galicia de data 13 de novembro de 2008, pola que o Consello fai público o seu regulamento interno de organización e funcionamento.