Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
Buscador de convenios Consulta convenio aplicable Reserva de salas Rexistro de convenios Boletíns e informes

CRITERIOS PARA CONSULTAS DE CONVENIO COLECTIVO APLICABLE

O órgano competente para resolver cun ditame as consultas sobre o convenio colectivo de aplicación nunha empresa ou centro de traballo é o Observatorio da Negociación Colectiva, do Consello Galego de Relacións Laborais. O ditame será gratuíto e terá un carácter non vinculante tendo en conta a información e asesoramento prestado polo persoal cualificado do Consello Galego de Relacións Laborais. Están lexitimados para consultar ao Observatorio sobre o convenio colectivo de aplicación:

  1. as organizacións sindicais e empresariais máis representativas.
  2. calquera órgano de representación unitaria dos traballadores ou organización sindical ou empresarial que, en virtude da súa representatividade, acredite un interese lexítimo na consulta que formule.
  3. o empresario ou empresaria e os traballadores e traballadoras da propia empresa afectados.
  4. calquera autoridade laboral ou xurisdiccional que teña competencia en asuntos relacionados, directa ou indirectamente, coa aplicación ou interpretación dun convenio colectivo.

Deberase solicitar cubrindo o formulario recollido na páxina web e dirixíndoo á dirección info.cgrl@xunta.es, a través da propia páxina web, ou ben ao número de fax 981 541 610.
Na descrición da actividade desenvolvida pola empresa á que se refire a consulta, naqueles casos nos que esta teña varias actividades susceptibles de ser encadradas en convenios distintos, deberá concretarse se as actividades se realizan de forma autónoma, con persoal, medios técnicos e materiais propios, ou se, polo contrario, gardan entre elas unha relación de dependencia produtiva ou organizativa. Para estes efectos, deberá sinalarse o volume económico de cada unha delas, así como o número de persoas traballadoras empregadas en cada actividade.
Unha vez que se reciba o formulario e tras comprobar que está correctamente cuberto, o Consello Galego de Relacións Laborais dará traslado deste aos integrantes do Observatorio da Negociación Colectiva para ser analizado na súa seguinte xuntanza ordinaria ou en novas xuntanzas extraordinarias que se estimen oportunas.
O Observatorio poderá recadar a información complementaria que estime precisa para resolver fundadamente, tanto da parte que consulta como do persoal cualificado do Consello Galego de Relacións Laborais.
Recibida a información requirida, o Observatorio emitirá ditame non vinculante no prazo de 30 días, sen prexuízo da competencia de interpretación e determinación do ámbito funcional de aplicación dos convenios colectivos que lle corresponda á xurisdición social.