Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
Buscador de convenios Consulta convenio aplicable Reserva de salas Rexistro de convenios Boletíns e informes Cláusulas tipo e Recomendacións
 

RESERVA DE SALAS DE NEGOCIACIÓN

Dentro da función de apoio en todos os aspectos da negociación colectiva, como elemento de paz social e de construción das relacións laborais galegas, o Consello Galego de Relacións Laborais pon a disposición das partes negociadores de convenios colectivos salas e medios materiais, tanto para xuntanzas previas como para o desenvolvemento dos procesos negociadores de convenios colectivos.

Estas salas atópanse na nosa sede en Santiago de Compostela. Para efectuar a reserva correspondente, deberá cubrirse a solicitude que se xunta e dirixila a info.cgrl@xunta.es, a través da propia páxina web, ou ben ao número de fax 981 541 610.

O horario de uso das salas será de 9:00 a 20:00 de luns a venres.

INFORMACIÓN

  • Coordinador: Borja Fernández Eiras
  • Tlfno.: 981 541 601
  • Fax: 981 541 610
  • Correo electrónico: borja.fernandez.eiras@xunta.es
  • Enderezo: Rúa Algalia de Abaixo, nº 24. Santiago de Compostela

SALAS DISPOÑIBLES

  • SALA 1: Capacidade 18 persoas, ordenador portátil, canón de proxección, pantalla, rotafolio.
  • SALA 2: Capacidade 12 persoas, ordenador portátil, canón de proxección, pantalla, rotafolio.
  • SALA 3: Capacidade 24 persoas, ordenador portátil, canón de proxección, pantalla, rotafolio.

Formulario para reserva de sala