Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
Outros Informes Revista Galega Memoria Informe SocioLaboral Negociación colectiva Ditames
 
        As 34 preguntas máis frecuentes na negociación dun Plan de Igualdade

      A Comisión Consultiva Autonómica para a Igualdade entre mulleres e homes na negociación colectiva en Galicia é un órgano creado pola Lei 2/2007, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, e está está adscrito orgánicamente ao Consello Galego de Relacións Laborais, co obxectivo de promover a igualdade no eido da negociación colectiva e das relacións de traballo colectivas. Dado o seu carácter de órgano de asesoramento, control e promoción da igualdade por razón de xénero na negociacióncolectiva, acordou en 2015 elaborar esta pequena gúi coas dúbidas que se formulan con maior frecuencia por parte de quen elabora ou pretende elaborar ou negociar un Plan de Igualdade.

· Descargar informe completo

 
        As 67 dúbidas máis frecuentes na negociación colectiva

      O observatorio galego de negociación colectiva, órgano propio do Consello Galego de Relacións Laborais, acordou en 2014 elaborar unha pequena guía coas dúbidas que con máis frecuencia se formulan diante do Consello por parte de quen negocia ou pretende negociar un convenio colectivo. Cómpre agradecer ao departamento de Dereito do Traballo da Universidade de Santiago de Compostela, e concretamente aos coordinadores desta publicación, José María Miranda e Yolanda Maneiro, o traballo feito nesta obra, que pretende ser un elemento de utilidade para aquelas cuestións máis básicas que se formulan a cotío polas persoas negociadoras.

· Descargar informe completo

 
        Emprego contratacion e tempo de traballo nos convenios colectivos sectoriais de Galicia

     

· Descargar informe completo

 
        Guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva

      O Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, reunido en sesión ordinaria o día 9 de setembro de 2011, acordou por unanimidade das organizacións nel representadas (CEG, UGT-Galicia, CIG e SN de CCOO de Galicia), formular a seguinte guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva. Considerando que a negociación colectiva é o espazo natural do exercicio da autonomía colectiva das organizacións empresariais e sindicais e o ámbito apropiado para facilitar a capacidade de adaptación das empresas, fixar as condicións de traballo e os modelos que permitan mellorar a produtividade, crear máis riqueza, aumentar o emprego e mellorar a súa calidade, así como establecer condicións de traballo que fagan compatible a corresponsabilidade e a conciliación laboral, persoal e familiar. Estas pautas e recomendacións teñen por finalidade servir de instrumento de información ás comisións negociadoras dos convenios colectivos co fin de ofrecer unhas orientacións que contribúan a mellorar os contidos e a calidade da negociación colectiva, así como contribuír á efectiva aplicación do principio de igualdade de trato e de oportunidades na regulación do acceso e das condicións de traballo das persoas traballadoras.

· Descargar informe completo

 
        Estudo sobre inmigración e mercado laboral

      O Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais acordou, por unanimidade, a elaboración dun estudo en profundidade sobre os efectos da inmigración no mercado laboral galego. Postos mans á obra, delimitáronse todos aqueles conceptos de interese, así como aqueles elementos que os axentes sociais consideraron como necesarios para determinar a realidade da inmigración e os seus efectos no mercado laboral galego. Certo é que a inmigración, que creceu exponencialmente nos últimos anos en España, tivo unha menor incidencia en Galicia, pero non o é menos que tamén aquí a incidencia foi máis que notable. A análise da regulación na materia, as peculiaridades de contratación, de xornada, de desemprego e mesmo de salarios dos traballadores e traballadoras inmigrantes en Galicia son abordados de forma maxistral e con grande obxectividade ao longo deste estudo. O estudo que aquí se presenta foi elaborado por un equipo de autores encabezado por Javier Gárate Castro, catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social da Universidade de Santiago de Compostela, e persoa próxima ao Consello Galego de Relacións laborais dende a súa creación. Unha vez finalizado, foi presentado ao Pleno do Consello e aprobado por este, de modo unánime, merecendo unha valoración altamente positiva. Como todos os estudos que elabora o Consello, nace cunha vocación de utilidade pública e coa finalidade de extraer unha foto fixa dun fenómeno que incide indubidablemente no noso mercado laboral. Espero e desexo que sexa do agrado de todos os seus destinatarios, que non son outros que aqueles que teñen un interese nas relacións laborais galegas e na súa mellora.

· Descargar informe completo

 
        Estudo sobre a situación sociolaboral da muller en Galicia

      O Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais acordou, en sesión plenaria e de conformidade coa súa normativa reguladora, a realización dun estudo sobre a situación sociolaboral da muller galega. Indubidablemente, en Galicia nos últimos anos producíronse avances na incorporación da muller ao mercado de traballo en condicións de igualdade. A pesar diso, algúns datos obxectivos en materias como salario ou clasificación profesional aconsellaban facer un estudo rigoroso e obxectivo sobre a realidade das mulleres no mercado laboral. Aspectos como o acceso ao emprego, os salarios, o tempo de traballo, a saúde laboral ou a tutela ante a discriminación analízanse e desagréganse ao longo de 12 capítulos, dun xeito obxectivo e unha profundidade encomiable. Mención especial merecen as medidas de fomento da igualdade por parte das administracións públicas en continuo proceso de cambio e actualización, así como a análise exhaustiva das representacións dos traballadores/as e a participación na negociación colectiva, onde queda moito camiño por percorrer. En definitiva, non se pretende máis que analizar en profundidade a realidade da muller no mercado de traballo, procurando, en todo caso, fuxir de posicións parciais ou subxectivas, de xeito que cadaquén poida extraer as súas consecuencias. Como toda a actividade do Consello Galego de Relacións Laborais este estudo nace cunha vocación de utilidade pública, de axuda e de servizo a traballadores/as e empresarios/as.

· Descargar informe completo

 
        Aspectos xuridicos das relacions laborais na Eurorrexion Galicia - Norte de Portugal

      O consello ven de publicar un estudio sobre os aspectos xuridicos das relacions laborais na eurorrexion Galicia - Norte de Portugal convertindose asi nun instrumento de consulta para as empresas , organizacions de empresarios , traballadores e traballadoras , asi como organizacions sindicais que necesiten informacion sobre a regulacion do contrato de traballo , das relacions colectivas e de certos aspectos da Seguridade Social portuguesa.

· Descargar informe completo

 
        Os novos retos da muller na sociedade e no mercado laboral

      O Consello ven de publicar as ponencias das Xornadas sobre “Os novos retos da muller na sociedade e no mercado laboral”, celebradas en Santiago de Compostela en xullo de 2005. A publicación estrutúrase en catro temas principais: socioloxía e educación; aplicación da Lei Integral contra a Violencia de Xénero; novas propostas de conciliación da vida laboral e familiar; e discriminación de xénero na negociación colectiva.

· Descargar informe completo

 
        O sector da construción en Galicia. Aspectos sociolaborais

      A súa finalidade sería analizar con detalle a realidade laboral, social e económica dun sector que polo volume de man de obra empregada, pola súa importancia económica directa e indirecta e polo seu dinamismo organizativo ocupa un papel punteiro e preponderante na economía galega.

· Descargar informe completo

 
        A ordenación do tempo de traballo

      O obxectivo pretendido con este traballo publicado no ano 2004 pasa por analizar e desagregar a regulación legal e convencional sobre a xornada e o tempo de traballo, tanto no ordenamento xurídico español, como no comunitario, para concluír como nos atopamos en termos comparativos.

· Descargar informe completo

 
        Os retos do sector pesqueiro galego cara ó vindeiro século

      Estudio publicado no ano 2002 que ten por obxecto coñecer en profundidade as relacións laborais no sector pesqueiro galego: estructura da flota galega, distintas modalidades de contratación, réxime salarial, condicións de seguridade e saúde, …

· Descargar informe completo

 
        A mobilidade funcional e xeográfica en Galicia

      A finalidade deste traballo, publicado no ano 2001, é coñece-la regulación legal, convencional e xurisprudencial da mobilidade funcional e xeográfica en Galicia, así como aborda-la repercusión que orixina esta mobilidade na vida persoal e laboral dos traballadores.

· Descargar informe completo

 
        O despedimento e o desemprego en Europa

      Estudio publicado no ano 2003 que analiza os ordenamentos do Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia, Bélxica e Portugal, en relación co noso ordenamento xurídico.

· Descargar informe completo