Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
Carta do Presidente Natureza, finalidade e funcións do Consello Competencias e procedemento externo Estructura Órganos do C.G.R.L. Actividade

De acordo co artigo 14º da nova lei reguladora, o persoal ao servizo do Consello poderá ser funcionario ou laboral, segundo o establecido na correspondente relación de postos de traballo e rexerase pola normativa da comunidade autónoma en materia de persoal ao servizo da Administración publica.

A secretaria do Consello exerce a dirección do persoal ao servizo do Consello. O nomeamento e as funcións da secretaria do Consello recóllense no capítulo dedicado á composición do organismo.

Coa entrada en vigor da nova lei reguladora do Consello e para dar cumprimento ás novas competencias nela establecidas créanse novos de postos de traballo, co que se amplía notablemente o cadro de persoal do organismo, que se mantiña invariable dende principios dos anos 90, en que tivera lugar unha redución de efectivos. Créase un servizo de negociación colectiva, así como unha sección de habilitación e persoal. Créanse tamén dous novos negociados e un posto base do grupo D. A nova relación de postos de traballo é a seguinte:

. un posto de secretario/a do Consello (30)
. unha xefatura de Servizo Xurídico e de Solución de Conflitos (28)
. unha xefatura de Servizo de Negociación Colectiva e Xestión de Convenios (28)
. unha xefatura de Sección de Xestión Orzamentaria (25)
. unha xefatura de Sección de Informes e Publicacións (25)
. unha xefatura de Sección de Habilitación e Persoal (25)
. unha xefatura de Sección Xurídica (25)
. unha xefatura de Negociado de Habilitación (20)
. unha xefatura de Negociado (18)
. un secretario/a do presidente/a do Consello (18)
. un secretario/a do secretario/a do Consello (16)
. un posto base administrativo (14)
. catro postos base de auxiliar administrativo (12)
. un posto base de ordenanza (10)
. un condutor (persoal laboral)

Os recursos humanos do Consello estrutúranse nas seguintes áreas:

1. Área Xurídica e de Solución de Conflitos. Ten asignada como funcións principais a de apoio á secretaria xeral na análise da normativa estatal e autonómica que incida nas funcións do Consello e na elaboración de informes sobre proxectos normativos sometidos a ditame, así como a de xestionar a tramitación dos expedientes de conciliación e mediación e de arbitraxe que se inicien ao abeiro do AGA.

2. Área de Negociación Colectiva. Ten encomendada a xestión do programa informático Necol e o seguimento puntual dos contidos dos convenios colectivos e revisións salariais negociadas, así como a elaboración periódica dos distintos informes demandados sobre a negociación colectiva en Galicia.

3. Área de Estudos, Informes e Publicacións. Asume as funcións de elaboración e coordinación dos estudos e informes que se realizan a iniciativa propia e das publicacións periódicas que edita o Consello, entre as que destacan a de Ditames emitidos, o Informe de actividades do organismo e o Informe anual sobre a situación sociolaboral da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Área de Administración e Xestión Económica. Ten encomendada a administración do organismo e a contratación e servizos de mantemento, así como o seguimento e control do orzamento do Consello e a xestión económica e contable. Así mesmo, é a encargada da organización de cursos, seminarios e encontros de debate social, entre os que destaca o Encontro Galego de Relacións Laborais que se celebra anualmente e o Curso Superior de Relacións Laborais.

5. Área de Documentación e Arquivo. Xestiona a documentación técnica, as bases de datos documentais e o arquivo documental e fondo bibliográfico do Consello.