O Informe sobre a Situación Sociolaboral da Comunidade Autónoma Galega, que publica periodicamente o Consello
cumprindo así co mandato especificado na súa lei de creación, vaise consolidando de ano en ano
como certeiro instrumento de análise da nosa realidade sociolaboral. Polo seu esforzo compilador
de datos e estadísticas das máis diversas fontes, pola minuciosidade coa que se describen e analizan
os diferentes aspectos do mundo laboral galego, este estudio está a atraer cada vez máis, non só os
diversos profesionais da materia, senón tamén a todas aquelas persoas interesadas en coñecela.
|
|