ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
DITAME 16/04

DICTAME SOBRE O PROXECTO DE ORDE POLA QUE SE ESTABLECE A CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A PARTICIPACIÓN NA PROGRAMACIÓN DE CURSOS DE CARÁCTER PRESENCIAL E A DISTANCIA DO PLAN AUTONÓMICO DE FORMACIÓN DE FORMADORES DE FORMACIÓN OCUPACIONAL DO ANO 2004.

I.  ANTECEDENTES

O día 4 de febreiro de 2004 tivo entrada no Consello Galego de Relacións Laborais escrito da secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, remitindo proxecto de Orde pola que se establece a convocatoria pública para a participación na programación de cursos de carácter presencial e a distancia do plan autonómico de formación de formadores de formación ocupacional do ano 2004 e solicitando, ós efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o dictame preceptivo sobre o citado proxecto normativo.

Á vista do borrador agora remitido e do texto da mesma Orde publicado no DOG o día 25 de abril de 2003 e tendo en conta o dictame emitido polo Consello con data 8 de abril de 2003, parece que non foron atendidas as propostas deste comité delegado.

O novo proxecto normativo modifica e engade algúns aspectos que se relacionan a continuación:

Título da orde.
Xa no propio título da norma especifícase que se trata dunha convocatoria para a participación na programación de cursos de carácter presencial e a distancia, mentres que a orde anterior consideraba unicamente os cursos de carácter presencial.
Artigo 1º. Obxecto e ámbito de aplicación.
No apartado 3 ofértase un único curso de Formador Ocupacional, do que se describen as unidades de competencia que o compoñen .
Artigo 2º. Impartición.
Este artigo é novo en el especifícase qué entidades impartirán os cursos, segundo estean incluídos na modalidade presencial ou a distancia.
Artigo 3º. Convocatoria.
No segundo parágrafo deste artigo establécese a forma de convocatoria para os cursos a distancia, que haberán de publicarse en tódolos xornais da comunidade autónoma no momento no que se adxudique o concurso público para a súa impartición.
Artigo 4º. Solicitudes.
No apartado 1 in fine establécese que, no caso de accións formativas a distancia, as solicitudes dirixiranse á delegación provincial da residencia do solicitante.
Artigo 5º. Prazo.
Este artigo figuraba na orde anterior como apartado 4 de artigo no que se regulaban as solicitudes. Introduce como novidade para os cursos de carácter presencial, que o prazo será dun mes para os cursos programados no primeiro semestre e, para os programados no segundo semestre, o prazo será dun mes contado a partir do 15 de maio. Na orde anterior figuraba un prazo xenérico de 30 días.
No apartado 2 regúlase o prazo para os cursos da modalidade a distancia, que será dun mes contado a partir da data de resolución do concurso.
Artigo 6º. Requisitos e criterios de selección dos alumnos.
Os criterios son os mesmos que na orde anterior coa diferencia que onde antes falaba de cursos DOFF17 E DOFF13, agora fala de Unidades de Competencia 397 e 402, e onde falaba de cursos DOFF14 e DOFF15 agora fala de Unidades de Competencia 408 e 409, de acordo coas modificacións feitas no artigo 1º.3.
No apartado 4, referido ós cursos de carácter monográfico, antes establecíase como requisito imprescindible a experiencia na impartición de cursos incluídos nos plans de formación ocupacional da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, mentres que agora engádese que teñan realizado algunha unidade de competencia do certificado de profesionalidade da ocupación Formador Ocupacional ou do curso de Metodoloxía Didáctica de 150 horas.
Artigo 7º. Requisitos específicos para os aspirantes da modalidade a distancia.
Neste artigo establécense os requisitos para a modalidade a distancia.
Artigo 8º. Resolución.
No apartado 1 engádese que a selección dos asistentes ós cursos, como mínimo, deberá ser publicada xunto coas puntuacións obtidas no taboleiro de anuncios da correspondente delegación provincial. Así mesmo, o prazo de resolución pasa de tres a nove meses.
No apartado 2 establécese que na modalidade a distancia as resolucións serán dictadas polo director xeral de Formación e Colocación.


De modo inmediato foi enviada copia do borrador a tódolos membros do Comité Delegado polo Pleno para a emisión de dictames, a fin de que o estudien e elaboren as súas propostas para a xuntanza a celebrar polo citado órgano.


II. CONTIDO.

O texto do proxecto normativo remitido para dictame denominado “Orde pola que se establece a convocatoria pública para a participación na programación de cursos de carácter presencial e a distancia do plan autonómico de formación de formadores de formación ocupacional do ano 2004” consta de: Exposición de motivos, nove artigos e dúas disposicións derradeiras.


O día 13 de febreiro de 2004 reúnese este Comité Delegado e acorda emiti-lo dictame que se referencia a continuación:


DICTAME 16/04

En relación coa solicitude de dictame sobre o proxecto de Orde pola que se establece a convocatoria pública para a participación na programación de cursos de carácter presencial e a distancia do plan autonómico de formación de formadores de formación ocupacional do ano 2004, da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, con data de rexistro de entrada neste Consello o 4 de febreiro de 2004, e ós efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de dictames, despois da xuntanza celebrada o día 13 de febreiro de 2004, acordou pronunciarse en canto ás seguintes  consideracións:


CONSIDERACIÓNS XERAIS DE CARÁCTER NON UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA DA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA :

Primeira. Considérase que os cursos de carácter xenérico (art.1º.4), así como os aspectos da formación do profesorado, deberían regulamentarse de tal xeito que constituíran un marco normativo de carácter xeral (coa forma de decreto, por exemplo) para que con posterioridade, cada departamento administrativo regulase aspectos concretos que sexan da súa competencia, a través das ordes correspondentes.

Segunda. A CEG considera que, respecto dos cursos de carácter monográfico, habería que incluir unha referencia á súas horas de duración.  

Terceira. A CEG valora positivamente que no artigo 6º.3 e), respecto ós requisitos e criterios de selección dos alumnos, se estableza que terán preferencia, en caso de empate, os aspirantes que teñan maior puntuación no apartado sinalado coa letra c): “A impartición de cursos de formación ocupacional, valorándose por cada cincuenta horas impartidas un punto, sempre que o curso sexa do Plan FIP ou dos impartidos en escolas obradoiro, casas de oficios e talleres de emprego, acreditada a través de certificación do responsable das entidades impartidoras na que se faga consta-la denominación dos cursos, datas de impartición, número de horas impartidas e programación á que corresponde”.


CONSIDERACIÓN XERAL DE CARÁCTER NON UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA DAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS:

Unha orde de formación de formadores configurará a distribución dos recursos de formación se o que se pretende é que os docentes dos cursos de Formación Ocupacional estén formados. Así o primeiro elemento de distribución e que debe condiciona-los demais é  este. Os docentes deben formarse onde se pretende que haxa alumnos de Formación Ocupacional e, os alumnos estarán onde haxa docentes formados.
Nas conversas mantidas coa administración unha das escasas coincidencias era que, en palabras da Consellería de Asuntos Sociais: “En base ós demandantes de emprego, acéptase a concreción da distribución de fondos na formación ocupacional e na orientación profesional”.
Deste xeito o Comité Autonómico de Emprego adoptou como criterio de distribución da formación ocupacional e da orientación, por unanimidade dos seus membros, o criterio da distribución dos demandantes de emprego.
A demostración de cómo está disposta esta Consellería a mante-la distribución dos fondos por criterios obxectivos e determinados con antelación e non por intereses alleos ó mercado de traballo é esta orde. No cadro que figura a continuación vese a distribución en relación cos parados de cada provincia:

Se nos dictames de Fomento de emprego dicíamos que propuñan algún criterio de distribución que non existía PIB por concello, no que nos ocupa dicimos que, simplemente, non existe ningún criterio agás que sexa en función do partido político que goberna nos concellos, é dicir, a implantación do Partido Popular. Así pois estase a falar de criterios partidistas e, polo tanto, alleos ó mercado de traballo.

Por elo consideramos que esta orde incumpre claramente os criterios establecidos no Comité Autonómico de Emprego en relación coa distribución dos recursos de Formación Ocupacional e, por iso, debe ser modificada e reenviada de novo a este órgano consultivo.


CONSIDERACIÓNS ESPECÍFICAS DE CARÁCTER NON UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA DA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA:

1ª. - Artigo 3. Convocatoria.
Respecto do establecido no último punto do primeiro parágrafo deste artigo, sobre a publicación dos cursos monográficos nos xornais de difusión autonómica, a CEG considera que debe ser nos xornais de maior difusión.

2ª.- Artigo 5º. Prazo.
O apartado 2 deste artigo establece que o prazo para presentación de solicitudes na modalidade a distancia computarase desde a resolución do concurso ó que se refire o artigo 2º desta orde.
A CEG considera que a inconcreción do prazo podería deixar fora das accións programadas a potenciais beneficiarios e, en consecuencia, propón que, ou ben se fixe un prazo concreto, ou ben que este se compute a partir da publicación no DOG da resolución do concurso.

3ª.- Artigo 7º. Requisitos específicos para os aspirantes da modalidade a distancia.
A CEG considera que algúns dos requisitos técnicos establecidos neste artigo non serían necesarios, como é o caso, por exemplo, do procesador Pentiun II, que é unha marca comercial e podería substituirse pola esixencia de velocidade do equipo.