ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
DITAME 28/04

DICTAME SOBRE O PROXECTO DE ORDE POLA QUE SE REGULA A CREACIÓN DUN CATÁLOGO DE EXPERTOS DOCENTES ASÍ COMO O ESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DE EXPERTOS PARA A IMPARTICIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS DO PLAN NACIONAL DE FORMACIÓN E INSERCIÓN PROFESIONAL (PLAN FIP) NOS CENTROS DE FORMACIÓN PROFESIONAL OCUPACIONAL DEPENDENTES DA XUNTA DE GALICIA.

I. ANTECEDENTES

O día 24 de xuño de 2004 tivo entrada no Consello Galego de Relacións Laborais escrito do director xeral de Formación e Colocación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, remitindo proxecto de Orde pola que se regula a creación dun catálogo de expertos docentes así como o establecemento do procedemento de selección e contratación de expertos para a impartición de accións formativas do Plan nacional de Formación e Inserción Profesional (Plan FIP) nos centros de formación profesional ocupacional dependentes da Xunta de Galicia e solicitando, ós efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o dictame preceptivo sobre o citado proxecto normativo.

O obxecto desta orde é a elaboración dun novo catálogo de expertos docentes para a impartición de accións formativas nos centros de formación profesional ocupacional dependentes da Xunta de Galicia, xa que os actuais son insuficientes, tanto polos escasos expertos que conteñen como polo número limitado de especialidades que figuran neles.

Non existen dictames previos ós que remitirse, posto que non consta a solicitude de dictame para a Orde do 30 de outubro de 1998, que regulaba a elaboración do Catálogo de expertos de carácter autonómico da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional. Tampouco consta que fora emitido dictame en relación coa Orde do 25 de xaneiro de 2000, que regulaba o procedemento de selección para a contratación de expertos e que o novo proxecto normativo derroga.

Constitúen novidades salientables do novo Catálogo, que terá carácter provincial, a inclusión da posibilidade que terán os docentes incluídos nel de actualizar os méritos que vaian acadando para incrementar a súa puntuación, a inclusión de vinte horas adicionais retribuidas destinadas á preparación das aulas e os medios didácticos para a impartición do curso, así como a posibilidade dos docentes de renunciar e a súa exclusión do catálogo pola Administración para o caso de baixo rendemento profesional.


De modo inmediato foi enviada copia do borrador a tódolos membros do Comité Delegado polo Pleno para a emisión de dictames, a fin de que o estudien e elaboren as súas propostas para a xuntanza a celebrar polo citado órgano.



II. CONTIDO.

O texto do proxecto normativo remitido para dictame denominado “Orde pola que se regula a creación dun catálogo de expertos docentes así como o establecemento do procedemento de selección e contratación de expertos para a impartición de accións formativas do Plan nacional de Formación e Inserción Profesional (Plan FIP) nos centros de formación profesional ocupacional dependentes da Xunta de Galicia” consta de: Exposición de motivos, quince artigos, unha única disposición adicional, unha disposición transitoria, unha disposición derrogatoria  e dúas disposicións derradeiras.


O día 2 de xullo de 2004 reúnese este Comité Delegado e acorda emiti-lo dictame que se referencia a continuación:



DICTAME 28/04


En relación coa solicitude de dictame sobre o proxecto de Orde pola que se regula a creación dun catálogo de expertos docentes así como o establecemento do procedemento de selección e contratación de expertos para a impartición de accións formativas do Plan nacional de Formación e Inserción Profesional (Plan FIP) nos centros de formación profesional ocupacional dependentes da Xunta de Galicia, da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, con data de rexistro de entrada neste Consello o 24 de xuño de 2004, e ós efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de dictames, despois da xuntanza celebrada o día 2 de xullo de 2004, acordou pronunciarse en canto ás seguintes consideracións:


CONSIDERACIÓNS PREVIAS DE CARÁCTER UNÁNIME:
Primeira.- Na Exposición de Motivos, último parágrafo, debe constar que foi consultado o Consello Galego de Relacións Laborais.
Segunda.- O artigo 5º, apartado 1, do proxecto de orde establece que a relación de especialidades son as que figuran no anexo I. Este Comité fai constar que non lle foi remitido coa solicitude de ditame o devandito anexo.

CONSIDERACIÓNS ESPECÍFICAS DE CARÁCTER UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA:

Artigo 6º. Selección de candidatos.
O apartado 2 deste artigo, que establece un baremo a utilizar para a valoración curricular dos expertos docentes, dispón na letra a) que se concederán desde 2,5 ata 10 puntos en función da titulación académica do candidato.
Este Comité considera que non debe puntuar a posesión de calquera título, senón tan só estar en posesión dunha titulación concreta, posto que cada especialidade debe ter unha correlación en formación académica, (por exemplo, para impartir un curso de “Albanelería” a titulación esixible debería ser a de FP- ciclo formativo de grao superior), polo que se propón eliminar o establecido na letra a) do proxecto de orde e substituir o texto pola seguinte redacción:

Artigo 6º. 2
“a) Formación académica directamente relacionada coa ocupación.
· Estar en posesión da titulación considerada idónea: 5 puntos. Considérase titulación idónea a que habilite especificamente para impartir o curso (esas titulacións deberán figurar no anexo I a que se refire o artigo 5º).
· Ter outras titulacións consideradas habilitantes: 2,5 puntos.
Considérase titulacións habilitantes aquelas outras da mesma familia profesional relacionadas coa especialidade a impartir (esas titulacións deberán figurar no anexo I a que se refire o artigo 5º).
· A posesión doutras titulacións non puntúa.


Artigo 8º. Comisións de selección.
Os apartados 1 e 2 do proxecto de orde fai referencia a que un dos vocais da comisión será un experto de formación profesional ocupacional adscrito á delegación provincial ou á Dirección Xeral de Formación e Colocación, segundo sexa que a selección afecte a unha ou a máis provincias.
Este Comité propón que o criterio determinante non debe ser a adscrición á delegación ou á Dirección Xeral citadas, senón que o vocal debe ser un experto de formación profesional da especialidade a impartir.

Artigo 10º. Réxime do catálogo de expertos docentes.
O apartado 2.

CONSIDERACIÓNS ESPECÍFICAS DE CARÁCTER NON UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA DAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS UGT – GALICIA, SN DE CC.OO. DE GALICIA E A CIG:
Artigo 2º. Ámbito do catálogo.

CONSIDERACIÓNS ESPECÍFICAS DE CARÁCTER NON UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA DA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA:
Artigo 2º. Ámbito do catálogo.