ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
DITAME 5/02

DICTAME EMITIDO POLO CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS SOBRE O BORRADOR DA ORDE POLA QUE SE DETERMINA O FINANCIAMENTO DO ABOAMENTO DE COTAS Á SEGURIDADE SOCIAL A TRABALLADORES QUE PERCIBISEN A PRESTACIÓN DE DESEMPREGO NA SÚA MODALIDADE DE PAGAMENTO ÚNICO E SE PUBLICA O MODELO NORMALIZADO DE SOLICITUDE DA CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

En relación coa solicitude de dictame sobre o borrador da Orde da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se determina o financiamento do aboamento de cotas á Seguridade Social a traballadores que percibisen a prestación de desemprego na súa modalidade de pagamento único e se publica o modelo normalizado de solicitude, remitido pola Dirección Xeral de Fomento do Emprego, en data do 15 de febreiro de 2002, con rexistro de entrada neste Consello ó día 18 de febreiro, e ós efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 3.2º da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de dictames, despois da xuntanza celebrada o día 27 de febreiro de 2002, acordou POR UNANIMIDADE face-la seguintes consideracións  á norma:


1.- En termos xerais e en consonancia co manifestado no Dictame correspondente a esta Orde para o exercicio de 2000, as organizacións con presencia neste Consello entenden que o establecemento dun sistema para marca-lo prazo de presentación de boletíns de cotización é axeitado porque simplifica e axiliza a tramitación administrativa.

Agora ben, esta valoración positiva está  ligada a que esa presentación trimestral dos boletíns durante unha serie de prazos máximos que se establecen, non prexudique ó traballador afectado senón que supoña unha mellora no senso de que poida percibi-las prestacións moito antes do que as viña percibindo.

2.- No artigo 5 parágrafo 3º da Orde do 25 de xaneiro de 2000, á que se refire a presente Orde, establécese como prazo máximo para resolve-los procedementos o de tres meses e unha vez transcorrido o mesmo, sen que se dicte resolución expresa, entenderase que a solicitude é desestimada.

PROPOSTA: Que no parágrafo 3º dese precepto se estableza como regra xeral o silencio positivo en vez de negativo, para que estea en consonancia có establecido no parágrafo 2º do propio precepto, quen obriga á Administración a dictar resolución expresa e motivada cando resolva desestimando.


3.- A Disposición Adicional Terceira da Orde do 25 de xaneiro de 2000 considerase demasiado ríxida na súa redacción tendo en conta que a Lei 30/1992, do 26 de novembro, no seu artigo 35 f) di que os cidadáns non teñen a obriga de achegar aqueles documentos de interese para o procedemento, cando estes xa se atopen en poder da Administración, e que cando sexa preciso facer entrega de documentos orixinais, tralo cotexo dos mesmos, sexan devoltos ó seu dono.

PROPOSTA: Axeita-lo contido desa disposición ó establecido na Lei 30/1992, tendo en conta que o borrador de Orde que estamos a dictaminar remítese expresamente a aquela de xaneiro de 2000 (artigo 1º).