ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
DITAME 31/06

DITAME SOBRE O PROXECTO DE ORDE POLA QUE SE REABRE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PROGRAMAS DE PROMOCIÓN E DIVULGACIÓN DO COOPERATIVISMO.

I.  ANTECEDENTES

O día 13 de xullo de 2006 tivo entrada no Consello Galego de Relacións Laborais escrito da Secretaría Xeral da Consellería de Traballo, remitindo proxecto de Orde pola que se reabre o prazo de presentación de solicitudes para programas de promoción e divulgación do cooperativismo e solicitando, para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o ditame preceptivo sobre o citado proxecto normativo.

A disposición adicional segunda da Orde do 27 de marzo de 2006, pola que se desenvolven os programas de promoción e divulgación do cooperativismo, reserva á Consellería de Traballo a posibilidade de reabrir o prazo de presentación de solicitudes no caso de que, unha vez adxudicadas as axudas e subvencións previstas nela, resultase remanente de crédito, circunstancia que concorre no presente caso. En consecuencia, ante a conveniencia de dar cabida ás propostas de actividades xurdidas con posterioridade ao 30 de xuño de 2006, este proxecto normativo reabre o prazo de presentación de solicitudes nos seguintes programas:

1. Programa II: adaptación ás tecnoloxías da información e as comunicacións.
2. Programa IV: actividades de promoción do cooperativismo.
3. Programa VI: apoio ás cooperativas prestadoras de servizos sociais e de integración social.

Non existen antecedentes, xa que é a primeira vez que este proxecto normativo se recibe para ditame.

Do contido do proxecto normativo destácase o seguinte:

Non consta na exposición de motivos que foi consultado o Consello Galego de Relacións Laborais.

O novo prazo de solicitudes rematará o 16 de outubro de 2006 e tramitaranse conforme ao previsto na convocatoria regulada pola citada Orde do 27 de marzo de 2006, manténdose vixentes as súas normas e bases reguladoras en todo canto non se opoñan e resulten compatibles con esta orde.

De modo inmediato foi enviada copia do borrador a todos os membros do Comité Delegado polo Pleno para a emisión de ditames, a fin de que o estudien e elaboren as súas propostas para a xuntanza a celebrar polo citado órgano.

II. CONTIDO

O texto do proxecto normativo remitido para ditame denominado “Orde pola que se reabre o prazo de presentación de solicitudes para programas de promoción e divulgación do cooperativismo” consta de: Exposición de motivos, un artigo único e dúas disposicións derradeiras.

O día 26 de xullo de 2006 reúnese este Comité Delegado e acorda emitir o ditame que se referencia a continuación, que contén dúas consideracións específicas de carácter unánime sobre a valoración da norma.

DICTAME 31/06

En relación coa solicitude de ditame sobre o proxecto de Orde pola que se reabre o prazo de presentación de solicitudes para programas de promoción e divulgación do cooperativismo, da Consellería de Traballo, con data de rexistro de entrada neste Consello o 13 de xullo de 2006, e para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de ditames, despois da xuntanza celebrada o día 26 de xullo de 2006, acordou pronunciarse en canto ás seguintes consideracións:

CONSIDERACIÓNS ESPECÍFICAS DE CARÁCTER UNÁNIME MANIFESTADAS POLAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS E EMPRESARIAIS:

Primeira.- Exposición de motivos.

No último parágrafo da exposición de motivos debe engadirse que foi consultado o Consello Galego de Relacións Laborais.

Segunda.- Artigo único. Reapertura do prazo dos programas II, IV e VI de promoción e divulgación do cooperativismo.

O apartado 3 deste artigo determina as aplicacións orzamentarias e os créditos existentes para financiar as axudas previstas.

Este Comité Delegado observa a existencia dun erro, xa que os límites orzamentarios das dúas aplicacións fíxanse en 000.000 euros.