ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
DITAME 40/06

DITAME SOBRE O PROXECTO DE ORDE POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A POSTA EN PRÁCTICA EN GALICIA DE PROGRAMAS EXPERIMENTAIS EN MATERIA DE EMPREGO.

I. ANTECEDENTES

O día 20 de decembro de 2005 tivo entrada no Consello Galego de Relacións Laborais escrito da Secretaria Xeral da Consellería de Traballo, remitindo novamente, por conter modificacións respecto del último enviado, proxecto de Orde pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia de programas experimentais en materia de emprego 2006-2007, e solicitando, para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o ditame preceptivo sobre o citado proxecto normativo.

As subvencións que contempla este proxecto normativo están reguladas a nivel estatal pola orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais (Orde TAS/2643/2003, de 18 de setembro”), publicada no BOE en data 27 de setembro de 2003, e que serve de referencia á orde que se está a ditaminar.
Ao abeiro da antedita norma, a Consellería de Traballo ven a articular neste proxecto normativo programas experimentais de emprego, dirixidos a explorar novas alternativas de inserción laboral cos demandantes que se atopan con especiais dificultades de acceso ao emprego.

Ademáis do programa establecido en anos anteriores, este proxecto normativo regula un novo que se dirixe a aqueles traballadores en situación de desemprego como consecuencia dunha crise empresarial, e que ten por obxecto o desenvolvemento de plans integrais de emprego destinados a estes traballadores. Este novo programa aparece regulado no capítulo II da orde.

Á vista do borrador agora remitido e do texto da orde do 27 de decembro de 2004, publicada no DOG o 11 de xaneiro de 2005 e tendo en conta o ditame emitido polo Consello con data 22 de novembro de 2004, obsérvase o seguinte:

Parece que se tivo en conta o ditame emitido polo Consello sobre a mesma orde do exercicio pasado, cando menos na consideración xeral primeira e na consideración específica segunda, formuladas con carácter unánime polas organizacións sindicais e empresariais.

Como novidades máis importantes, ademáis da sinalada anteriormente sobre a implementación dun novo programa dirixido a traballadores en situación de desemprego como consecuencia dunha crise empresarial, figuran as seguintes:

Artigo 9º.- Prazo.
O prazo de presentación de solicitudes pasa de 40 días a un mes, porque así o especifica o proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2006.

Artigo 10º.- Criterios de valoración dos programas.
Valórase o traballo levado a cabo pola entidade solicitante no caso de que con anterioridade houbera desenvolvido un programa experimental en materia de emprego.

Artigo 13º.- Forma de pagamento.
O apartado 2 deste artigo establece que o anticipo ao que se refire o apartado 1 do mesmo non poderá superar en ningún caso o importe da subvención concedida para o ano 2006.
Asi mesmo, engádese un apartado (sinalado co número 4) relativo á forma en que as entidades subvencionadas presentarán a liquidación parcial da subvención.

De modo inmediato foi enviada copia do borrador a todos os membros do Comité Delegado polo Pleno para a emisión de ditames, a fin de que o estudien e elaboren as súas propostas para a xuntanza a celebrar polo citado órgano.

II. CONTIDO

O texto do proxecto normativo remitido para dictame denominado “Orde pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia de programas experimentais en materia de emprego 2006-2007” consta de: Exposición de motivos, dous capítulos, vinte e oito artigos, catro disposicións adicionais e dúas disposicións derradeiras.

O día 22 de decembro de 2005 reúnese este Comité Delegado e acorda emitir o seguinte ditame, que contén seis consideracións específicas, unánimes, sobre a valoración da norma, manifestadas polas organizacións empresariais e sindicais:

DITAME 40/05

En relación coa solicitude de dictame sobre o proxecto de “Orde pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia de programas experimentais en materia de emprego 2006-2007”, da Consellería de Traballo, con data de rexistro de entrada neste Consello o 20 de decembro de 2005, e para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de ditames, despois da xuntanza celebrada o día 22 de decembro de 2005, acordou  pronunciarse en canto ás seguintes  consideracións:

CONSIDERACIÓNS ESPECÍFICAS DE CARÁCTER UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA MANIFESTADAS POLAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS E EMPRESARIAIS

Primeira.- Artigo 3º. Destinatarios.

O apartado 1 deste artigo relaciona os colectivos prioritarios destinatarios das accións ás que se refire o proxecto normativo.

O Comité Delegado polo Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais para a emisión de ditames considera que debe figurar como prioritario o colectivo de desempregados de longa duración (máis de 12 meses de desemprego), polo que propón que se engada unha letra F) que o faga constar.

Segunda.- Artigo 6º. Contía das subvencións.

O apartado 1 deste artigo establece as contías a percibir, sendo a cantidade máxima de 1.200 euros por persoa atendida e 3.500 euros por persoa atendida e insertada no mercado de traballo.

Este Comité Delegado non entende a forte disminución das contías en relación coas fixadas no artigo 6 da Orde Ministerial TAS/2643/2003, de 18 de setembro, reguladora destes programas a nivel estatal, que establece os máximos de 1.800 euros por persoa atendida e 5.400 euros por persoa atendida e insertada.

Neste mesmo apartado 1, no segundo parágrafo, contémplase a reducción da subvención. Este Comité considera que a redacción deste parágrafo, tal e como está, pode constituir un elemento desmotivante para as entidades colaboradoras, polo que se propón que se engada o seguinte: “En todo caso, garantizarase que as entidades beneficiarias non incurran en perdas por gastos imputables e efectivamente executados”.

Terceira.- Artigo 10º. Criterios de valoración dos programas.

O apartado 4 deste artigo establece como criterio de valoración o maior esforzo inversor da entidade solicitante na financiación total do proxecto.

Este Comité considera que non ten sentido que se favoreza como criterio de valoración o maior esforzo inversor da entidade solicitante, tendo en conta que se trata de entidades sen ánimo de lucro colaborando nun programa público de interese social.

Porén, consideráse que debe valorarse con 20 puntos (en lugar de 15) o criterio establecido no apartado 3 “compromisos adquiridos en materia de inserción laboral no mercado de traballo dos demandantes a atender”, e con 15 puntos (en lugar de 5) o criterio establecido no apartado 6 “carácter innovador do programa a desenvolver”.

Cuarta.- Artigo 11º.- Procedemento e concesión de subvencións.
O Decreto 32/1999, do 5 de febreiro, polo que se crea e se regula o Comité Autonómico de Emprego e os Comités Provinciais de Emprego e Seguimento da Contratación Laboral establece no Artigo 2º no que se regulan as funcións dos Comités  provinciais de Emprego no apartado 5. “Emitir informe sobre a programación das distintas medidas das políticas activas de emprego cando a resolución sexa competencia dos servicios centrais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude”. Este informe, preceptivo, deberá emitirse a vista da proposta de resolución da comisión de valoración e antes da emisión da resolución do Director Xeral ou do Conselleiro.
Polo exposto,  este Comité propón engadir un novo parágrafo ao apartado 2 deste artigo, que regula a Comisión de Valoración, que quedaría como segue:  
“2. Previamente ao informe dos expedientes pola Comisión de Valoración, recabarase informe preceptivo dos Comités provinciais de emprego e de seguemento da contratación ou do Comité Autonómico de Emprego, segundo os casos”.

Quinta.- Artigo 13º. Forma de pagamento.

No apartado 1 deste artigo establécese que procederase ao aboamento  do 50% do total da subvención a partir do momento en que a entidade subvencionada presente a documentación que se relaciona.

Tendo en conta que a orde ministerial prevé anticipos de ata o 100%, este Comité propón que se estableza que poderanse aboar anticipos, por encima do estipulado no apartado 1 deste artigo, de ata o 100%.

Por último, o apartado 3 deste artigo dispón que poderán acordarse pagamentos parciais a conta da liquidación definitiva a medida que o beneficiario xustifique os libramentos anteriores, que en todo caso nunca poderán superar o presuposto asignado para cada anualidade, e nunca serán superiores ao 75% do total da subvención concedida para os anos 2005 e 2006.

Este Comité Delegado propón que a porcentaxe sexa do 80%, como se regula nalgúns programas de subvencións desa Consellería, como, por exemplo, o do Plan FIP.

Sexta.- Artigo 13º. Forma de pagamento.

Asi mesmo, para o caso de esixirse á entidade beneficiaria para o abono do anticipo a constitución de garantía a favor da Consellería, este Comité considera que, para que o centro poda soportar os gastos xerados tanto polo persoal pedagóxico como polos proveedores, becas de alumnos, etc., así como os gastos financeiros que se lle ocasionan, estes gastos deberían estar cubertos polo orzamento do curso, dado que teñen unha relación coa acción formativa a impartir.