ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
DITAME 15/02

DICTAME SOBRE O BORRADOR DE ORDE POLA QUE SE ESTABLECE A CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A PROGRAMACIÓN DO MÓDULO MEDIOAMBIENTAL NOS CURSOS DO PLAN NACIONAL DE FORMACIÓN E INSERCIÓN PROFESIONAL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA CORRESPONDENTES Ó EXERCICIO DO ANO 2002

En relación coa solicitude de dictame sobre o borrador da Orde pola que se establece a convocatoria pública para a programación do módulo medioambiental nos cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, remitido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, da Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude, con data de entrada neste Consello do 15 de marzo de 2002, e ós efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 3.2º b) da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de dictames, despois da xuntanza celebrada o día 2 de abril de 2002, acordou por UNANIMIDADE pronunciarse en canto a seguinte consideración e proposta de modificación:

1.- Consideración xeral e proposta respecto do artigo 3.2º regulador das axudas.

Este Comité Delegado considera positiva a emisión desta Orde para incorporar ó Plan FIP este módulo referente ó medio ambiente.

Dito esto, compre facer unha matización respecto do artigo 3.2º. , no que se dispón que, en todo caso, a duración deste módulo será de nove horas.




Considérase que esta limitación no número de horas é taxativa, de tal xeito que pode resultar escaso o tempo dedicado á formación medioambiental, dependendo dos grupos de familias profesionais (art.9) nos que se encadre o referido módulo.
En función do curso no que se incorpore o módulo, a súa duración pode variar.

A PROPOSTA que se suxire é que non se limite taxativamente a duración máxima deste módulo de sensibilización medioambiental, senón que se permita axeita-la mesma ós supostos concretos ou materias dos cursos nos que se encadre.





ANEXO I
CONSIDERACIÓN Ó BORRADOR DE ORDE DE CARÁCTER NON UNÁNIME MANIFESTADA POLA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA (CEG)


Artigo 9. Criterios de adxudicación.

Neste artigo establécese unha orde de preferencia para a adxudicación da impartición do módulo de sensibilización medioambiental, para o cal se reproducen tres grupos de familias profesionais segundo a súa relación co ambiente. Estas tres familias cualifícanse como prioridade 1, 2 e 3.

No grupo de Prioridade 3, sitúase a profesión de “Administración e oficinas”.
Respecto deste suposto, non se considera axeitada a súa incorporación neste grupo de prioridade 3, dado que as persoas que van a desenvolver funcións de dirección e administración nas empresas (sobre todo os directivos de nivel medio) deben contar con esta formación medioambiental porque acostuman coñecer e actuar as distintas escalas, fases productivas e actuacións das súas empresas.

A PROPOSTA que se fai neste caso, é que non só se priorice ós cursos de corte técnico, senón que tamén se teñan en conta estes supostos que acabamos de referir, para que as persoas que desenvolvan funcións de administración e dirección nas empresas poidan acceder a esta formación medioambiental, que non conseguirán, posiblemente, por outros medios.