ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
DITAME 28/08

DITAME SOBRE O PROXECTO DE ORDE POLA QUE SE CONSTITÚEN OS PACTOS TERRITORIAIS DE EMPREGO DO BARBANZA, DE FERROL, DA MARIÑA, DE LEMOS, DE OURENSE, DA LIMIA-VERÍN E DO DEZA-TABEIRÓS.

I. ANTECEDENTES

O día 22 de maio de 2008 tivo entrada no Consello Galego de Relacións Laborais escrito da Secretaría Xeral da Consellería de Traballo, remitindo proxecto de orde polo que se constitúen os Pactos Territoriais de Emprego de Barbanza, de Ferrol, da Mariña, de Lemos, de Ourense, da Limia-Verín e do Deza-Tabeirós, e solicitando, para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o ditame preceptivo sobre o citado proxecto normativo.

Os Pactos Territoriais de Emprego supoñen esencialmente un incremento e unha planificación e xestión coordinada dos recursos públicos que se destinan ao emprego nunha zona.

O Decreto 98/2008, do 15 de maio, polo que se crean e regulan os órganos consultivos denominados Pactos Territoriais de Emprego configura a estes como órganos de carácter colexiado, de participación institucional e de concertación entre os seus integrantes.
O obxecto do proxecto de orde que se somete a ditame e a creación de sete pactos territoriais, ao abeiro do disposto no artigo 3 do citado decreto, que faculta ao titular do departamento con competencias en materia de traballo dispoñer mediante orde a creación dos pactos territoriais.

O referido decreto foi ditaminado polo Consello Galego de Relacións Laboráis en data 3 de abril de 2008 (ditame 17/08).

De modo inmediato foi enviada copia do borrador a todos os membros do Comité Delegado polo Pleno para a emisión de ditames, a fin de que o estudien e elaboren as súas propostas para a xuntanza a celebrar polo citado órgano.


II. CONTIDO

O texto do proxecto normativo remitido para ditame denominado “proxecto de orde pola que se constitúen os Pactos Territoriais de Emprego de Barbanza, de Ferrol, da Mariña, de Lemos, de Ourense, da Limia-Verín e do Deza-Tabeirós” consta de: Exposición de motivos, un artigo único e dúas disposicións derradeiras.  

O día 28 de maio de 2008 reúnese este Comité Delegado e acorda emitir o seguinte ditame, que contén unha consideración de carácter unánime sobre a valoración da norma.





DITAME 28/08




En relación coa solicitude de ditame sobre o proxecto de orde pola que se constitúen os Pactos Territoriais de Emprego de Barbanza, de Ferrol, da Mariña, de Lemos, de Ourense, da Limia-Verín e do Deza-Tabeirós, da Consellería de Traballo, con data de rexistro de entrada neste Consello o 22 de maio de 2008, e para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de ditames, despois da xuntanza celebrada o día 28 de maio de 2008, acordou pronunciarse en canto ás seguintes consideracións de carácter unánime:


CONSIDERACIÓN ESPECÍFICA DE CARÁCTER UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA:

As organizacións sindicais UGT-Galicia, SN de CC.OO. de Galicia e CIG e a Confederación de Empresarios de Galicia consideran que na disposición derradeira debe respectarse a diferencia de xéneros, polo que debe dicir: “Facúltase á persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación para que dite ……”, en lugar de referirse ao director xeral.