ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
DITAME 29/02

DICTAME EMITIDO POLO CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS SOBRE O BORRADOR DE ORDE POLA QUE SE MODIFICA, COMO CONSECUENCIA DUNHA AMPLIACIÓN DE CRÉDITO, A ORDE DO 12 DE ABRIL DE 2002, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE PROCEDE Á CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS PARA A PROGRAMACIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS EXPERIMENTAIS E COMPLEMENTARIAS DO PLAN FIP, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA CORRESPONDENTES Ó EXERCICIO DO ANO 2002

En relación coa solicitude de dictame sobre o borrador de Orde da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se modifica, como consecuencia dunha ampliación de crédito, a Orde do 12 de abril de 2002, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas experimentais e complementarias do Plan FIP cofinanciadas polo Fondo Social Europeo na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ó exercicio do ano 2002, remitido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, con rexistro de entrada neste Consello en data do 4 de setembro de 2002, e ós efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 3.2º da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de dictames, despois da xuntanza celebrada o día 11 de setembro de 2002, acordou face-la seguinte consideración, DE CARÁCTER UNÁNIME, que se reproduce de seguido:

Consideración única:

Este Comité Delegado polo Pleno para a emisión de dictames, amosa a súa conformidade e opinión favorable á modificación proposta e que permitirá cubri-las programacións formativas daquelas entidades solicitantes das axudas que quedaron sen elas por falta de crédito dispoñible.
Esta posición é favorable, loxicamente, sempre que esa nova disposición de crédito non afecte a outras liñas de incentivos que vexan minorada, por esta causa, a súa efectividade.