ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
DITAME 4/03

DICTAME EMITIDO POLO CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS SOBRE O BORRADOR DE ORDE POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES QUE REXEN DETERMINADOS PROGRAMAS DE AXUDAS PARA O EXERCICIO DO ANO 2003 DA CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE, QUE, BAIXO A RÚBRICA XERAL DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN, ESTÁN DESTINADAS Ó FINANCIAMENTO DE ACCIÓNS DE FOMENTO DE EMPREGO POR PARTE DAS ENTIDADES LOCAIS E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA.

En relación coa solicitude de dictame sobre o Borrador de Orde da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se establecen as bases que rexen determinados programas de axudas para o exercicio do ano 2003 que, baixo a rúbrica xeral de programas de cooperación, están destinadas ó financiamento de accións de fomento do emprego por parte das entidades locais, remitida pola Dirección Xeral de Fomento do Emprego da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude o 27 de decembro de 2002, con rexistro de entrada neste Consello na mesma data, e ós efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 3º.2 da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de dictames, despois da xuntanza celebrada o día 8 de xaneiro do 2003, acordou por UNANIMIDADE,  face-las seguintes consideracións :

O Comité Delegado polo Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais para a emisión de dictames fai constar que para unha mellor toma en consideración e valoración do contido da Orde obxecto do presente Dictame é necesario dispoñer da visión de conxunto do deseño das políticas activas de emprego para o exercicio 2003. Só dispoñendo desta planificación, que debe informarse  polo Comité Autonómico de Emprego de acordo co establecido no  Decreto 32/1999 do 5 de febreiro, poderán valorarse de forma adecuada aspectos fundamentais na norma, como, entre outros, a regulación dos beneficiarios e mesmo os criterios de reparto das axudas.

ANEXO I

CONSIDERACIÓNS DE CARÁCTER NON UNÁNIME Ó BORRADOR DA ORDE MANIFESTADAS POLAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS S.N. DE CC.OO. DE GALICIA E MAILA CIG.


As organizacións sindicais S.N. de CC.OO de Galicia e maila CIG con presencia no Consello Galego de Relacións Laborais fan consta-la súa protesta polo feito de que o Comité Autonómico de Emprego que, de acordo co establecido no Artigo 2.1, 2 e 5 do Decreto 32/1999, do 5 de febreiro, polo que se crea e se regula o Comité Autonómico de Emprego e os Comités Provinciais de Emprego e Seguimento da Contratación Laboral é o organismo encargado de coñecer, participar  e informa-la planificación das políticas activas de emprego e da programación das distintas medidas das políticas activas de emprego, non mantivo a reunión acordada no mes de setembro, cara ó cumprimento das súas mencionadas funcións. Os dictames que ten que facer o Consello Galego de Relacións Laborais a cada unha das normas, precisan da visión do conxunto da planificación de medidas activas polo que ó carecer desta, os informes a cada unha das normas carecen desa perspectiva. Consideran que a norma remitida para o seu dictame debeu de ser obxecto de tratamento e debate neste órgano consultivo previamente á petición ó Consello Galego de Relacións Laborais da emisión do dictame. Por todo elo, non entran a valorar o contido desta norma, pospoñendo o seu dictame ata que, o Comité Autonómico de Emprego coñeza, participe e emita informe sobre a planificación das políticas activas de emprego e fixe os criterios de reparto das axudas e subvencións, tendo en conta que, en contra do que ven sucedendo ata agora,  debe ser proporcional ó número de parados existentes en cada área funcional.

ANEXO II
CONSIDERACIÓNS DE CARÁCTER NON UNÁNIME Ó BORRADOR DA ORDE MANIFESTADAS POLA CEG.

Primeira.- Reprodúcense as consideracións e propostas de modificación feitas por unanimidade no dictame 11/2002 do borrador da Orde reguladora destas axudas, emitido en data 20 de marzo de 2002, relativas ós artigos: 2º.1. Liñas de axuda, art. 5º.2. Resolución; art. 16º. Contratación dos traballadores, art. 19º. Obxecto e art. 21º. Criterios e selección dos contratos que se van a subvencionar.

Segunda.- Artigo 19º.2b). Obxecto.
No apartado 1.c) deste precepto especifícase que as empresas de economía social deberán estar “dirixidas e constituídas, preferentemente”, por unha serie de colectivos.
Sen embargo, no apartado 2.b), referido ós traballadores autónomos, non se fai a mesma precisión respecto deste colectivo, o cal pode ser fonte de situacións discriminatorias á hora da concesión das axudas.
En consecuencia, a CEG PROPÓN que o termo “preferentemente”, se reproduzca tamén no apartado antes citado que quedaría redactado como sigue: “b) Os autónomos que, pertencendo preferentemente a algún dos citados colectivos, teñan contratados, como mínimo, dous traballadores por conta allea, dos que alomenos un estea incluido nun destes colectivos.”

Terceira.- Artigo 20º. Contía.
Respecto deste artigo, a CEG quere unicamente advertir da omisión do límite máximo da subvención, que ata o de agora, viña figurando nas anteriores ordes.