ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsActividadesConvenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
DITAME 23/03

DICTAME SOBRE O ANTEPROXECTO DE LEI GALEGA PARA A IGUALDADE DE MULLERES E HOMES.

I. ANTECEDENTES

O día 7 de maio de 2003 tivo entrada no Consello Galego de Relacións Laborais escrito da Directora Xeral do Servicio Galego de Igualdade, organismo autónomo adscrito á Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, remitindo anteproxecto de Lei galega para a igualdade de mulleres e homes e solicitando, ós efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o dictame preceptivo sobre o citado proxecto normativo.

O anteproxecto de lei remitido foi xa dictaminado polo Consello Económico e Social de Galicia na súa sesión 1/03, do 16 de xaneiro de 2003.

O día 8 de maio foi enviada copia do borrador a tódolos membros do Comité Delegado polo Pleno para a emisión de dictames, a fin de que o estudien e elaboren as súas propostas para a xuntanza a celebrar polo citado órgano.


II. CONTIDO

O texto do proxecto normativo remitido para dictame denominado “Anteproxecto de Lei galega para a igualdade de mulleres e homes” consta de: Exposición de motivos, un título preliminar, un título primeiro e un título segundo, cincuenta artigos, seis disposicións adicionais, unha disposición derogatoria e dúas disposicións finais.



O día 15 de maio de 2003 reúnese este Comité Delegado e acorda emiti-lo dictame que se referencia a continuación:


DICTAME 23/03

En relación coa solicitude de dictame sobre o anteproxecto de Lei galega para a igualdade de mulleres e homes do Servicio Galego de Igualdade da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, con data de rexistro de entrada neste Consello o 7 de maio de 2003, e ós efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de dictames, despois da xuntanza celebrada o día 15 de maio de 2003, acordou  pronunciarse, POR UNANIMIDADE, no senso de asumi-las consideracións manifestadas polo Consello Económico e Social de Galicia (CES) no seu dictame aprobado polo Pleno dese organismo en sesión de data 16 de xaneiro de 2003, posto que as organizacións que forman parte do CES e que aprobaron o dictame por unanimidade están tamén presentes no Consello Galego de Relacións Laborais.

Asi mesmo, as organizacións presentes no Consello Galego de Relacións Laborais (UGT-Galicia, SN de CC.OO. de Galicia, CIG e CEG) fan constar que asumen tódalas consideracións postas de manifesto no dictame do CES -as que non foron tidas en conta pola Administración agás unha mínima parte- e solicitan que, trala aprobación da Lei que agora se dictamina, se leve a cabo o seu desenvolvemento reglamentario.

Igualmente, piden á Administración que cando se solicite preceptivamente a emisión de dictame para un decreto ou unha lei, no mesmo escrito de petición, se conceda un prazo para a emisión do dictame de trinta días hábiles.