O luns, 25 de marzo, procedeuse á sinatura da modificación do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (DOG do 24/05/2013).
O observatorio da negociación colectiva do Consello Galego de Relacións Laborais acordou formular a seguinte recomendación á hora de regular as comisións paritarias nos convenios colectivos, así como unha cláusula tipo de sometemento ao AGA.
Os días 19 e 20 de xuño terá lugar en Santiago de Compostela un seminario para cadros sindicais e empresariais sobre “Prácticas óptimas para unha negociación laboral”