ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsNormativa Convenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
 
  BOLETÍN DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA Nº 12 - Datos provisionais 2011

Continuando co labor de difusión da información sobre negociación colectiva, o Consello Galego de Relacións Laborais vén de publicar o Boletín de negociación colectiva núm. 12. Este Boletín recolle un avance dos datos estadísticos sobre a negociación colectiva en 2011, datos estes provisionais que serán completados e ampliados.

Coa publicación destes Boletíns periódicos que se constitúen como datos máis inmediatos, atinados e obxectivos e dun gran valor técnico se completa a información sobre negociación colectiva que anualmente publica o Consello.

A creación e posta en marcha destes Boletíns foi acordada polo Observatorio de Negociación Colectiva, que ten entre as súas funcións o estudo e impulso da negociación colectiva, así como a elaboración de propostas de mellora desta.

Coa súa publicación o Consello Galego de Relacións Laborais pretende que en Galicia podamos dispoñer dun instrumento de información áxil e próximo da nosa realidade negocial.

  -Boletín de negociación colectiva nº 12


 
 -BOLETÍN DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA Nº 12...  02/08/2012
 -BOLETÍN DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA Nº 11...  21/12/2011
 -PRINCIPAIS INDICADORES ECONÓMICOS...  20/12/2011
 -DATOS DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA EN GALI...  08/12/2011
 -Xornada en Vigo sobre A NOVA LEI DA XU...  16/11/2011
Mais>>