ContactoBuscarAGADitamesEnlacesNovasOrganizaciónsNormativa Convenios colectivosPublicaciónsCGRL
 
 
  XXIII CURSO SUPERIOR DE RELACIÓNS LABORAIS

O Pleno do Consello de Relacións Laborais acordou, segundo o procedemento previsto na Lei 5/2008, do 23 de maio (DOG do 11 de xuño de 2008), pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais, impulsar a celebración dun Curso Superior de Relacións Laborais co obxecto de afondar e promover as actividades docentes directamente relacionadas co mundo laboral e a formación e a especialización de profesionais nesta materia, e para isto solicitar á Universidade de Santiago de Compostela a súa colaboración para o referido Curso.

O Curso diríxese ás persoas licenciadas en Ciencias Económicas, Empresariais e Dereito; ás diplomadas en Relacións Laborais; a cadros das organizacións empresariais e sindicais; e a quen desempeñe tarefas de xestión de recursos humanos, se ben poderase autorizar a asistencia doutras persoas con titulación nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do Curso.

Encoméndase a dirección do CURSO SUPERIOR DE RELACIÓNS LABORAIS a don Javier Gárate Castro, catedrático de Dereito do Traballo na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

O Curso celebrarase do 11 de xaneiro ao 12 de xullo de 2013.

Para un óptimo aproveitamento das ensinanzas a impartir establécese un límite de 75 alumnos.

Establécese como dereito de matrícula para o CURSO SUPERIOR DE RELACIÓNS LABORAIS a cantidade de mil trescentos euros (1.300 €) por alumno/a que serán aboadas en concepto de liquidación.

As solicitudes de admisión presentaranse na secretaría do Departamento de Dereito Mercantil e do Traballo (Facultade de Dereito) ou no Consello Galego de Relacións Laborais.

O prazo e presentación das solicitudes comeza o 1 de outubro e manterase aberto ata o 31 de outubro. Na solicitude, a facer en modelo normalizado (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/cptf/posgrao/formularios/P10-InscricionPosgrao.doc), indicarase se o alumno desexa optar a unha das dúas bolsas parciais (975 €) que ofrece o Curso, neste caso será imprescindible a presentación dun currículo comprensivo da certificación académica oficial onde figuren as cualificacións obtidas nos estudos que permiten o acceso ao Curso.

Para más información, contactar co Consello Galego de Relacións Laborais, teléfono 981 957 489, ou na seguinte dirección de correo electrónico: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es

O alumnado deberá formalizar a matrícula entre o 5 de novembro e o 15 de decembro na SECCIÓN DE POSGRAO, TERCEIRO CICLO E FORMACIÓN CONTINUA (Pavillón estudiantil, Campus Universitario Sur, 15782 Santiago de Compostela) mediante modelo normalizado
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/cptf/posgrao/formularios/P11-MatriculaPosgrao.doc)
e aboarán o importe de matrícula que corresponda coa folla de liquidación de prezos públicos facilitada pola Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua no momento de formalizar a matrícula.

  -Programa Curso Superior de Relacións Laborais


 
 -XXIII CURSO SUPERIOR DE RELACIÓNS LABO...  18/09/2012
 -Xornada en Ferrol sobre NOVIDADES PROC...  11/09/2012
 -Xornada en Vigo sobre OS DESPEDIMENTOS...  11/09/2012
 -BOLETÍN DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA Nº 12...  02/08/2012
 -INFORME SOBRE A SITUACIÓN DA NEGOCIACI...  18/07/2012
<<Ant.Mais>>