Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Xornada en Pontevedra: Rexistro e control horario na xornada de traballo

O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizarán con detalle as cuestións máis candentes en materia de rexistro e control horario na xornada de traballo. Nesta xornada analizaranse a xurisprudencia, os criterios da Inspección de Traballo e a problemática que atopan na práctica os axentes sociais nesta cuestión.

Esta xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, ás alumnas e alumnos que cursen estudos vencellados coas relacións laborais, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.

Lugar: Liceo Casino de Pontevedra, Rúa Manuel Quiroga, 21 36002 Pontevedra

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 21 ao 29 de setembro de 2016, nos seguintes enderezos:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es

Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra
Rúa Alfonso X O Sabio, 3-1º
36211 Vigo
Tfno.: 986 200 918
Fax: 986 298 600
e-mail: cograsop@telefonica.es

  -folleto PONTEVEDRA


 
 -Xornada de igualdade: Conciliación e C...  16/09/2016
 -Prazo de preinscrición no Curso Superi...  15/09/2016
 -Xornada en Pontevedra: Rexistro e cont...  08/09/2016
 -Xornada en Lugo: Rexistro e Control Ho...  05/09/2016
 -Seminario do CGRL para cadros sindicai...  03/06/2016
<<Ant.Mais>>