Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Xornada de igualdade: Conciliación e Corresponsabilidade. Boas prácticas.

Unha reflexión sobre a necesidade de desenvolver un modelo de convivencia familiar e social máis igualitaria e un modelo de relacións laborais que considere as facetas laboral e familiar como valores esenciais da organización e da xestión das empresas leva á Comisión Consultiva Autonómica para a Igualdade entre Mulleres e Homes Na negociación Colectiva, adscrita organicamente ao Consello Galego de Relacións Laborais, a organizar esta xornada, na que representantes cualificados da Inspección de Traballo e da Xudicatura analizarán, respectivamente, os dereitos de conciliación recollidos na lexislación e a súa problemática, xunto coa recente xurisprudencia en materia de conciliación e corresponsabilidade.
Por outra banda, representantes dos axentes sociais analizarán e debaterán o papel que a negociación colectiva pode desempeñar para garantir a efectiva conciliación da vida persoal e laboral das persoas traballadoras, en equilibrio coas necesidades organizativas das empresas.

  -xornada igualdade 2016


 
 -XXVII Edición do Curso Superior de Rel...  26/10/2016
 -Xornada en Ourense: Rexistro e Control...  07/10/2016
 -Demetrio Fernández deixa o seu cargo c...  07/10/2016
 -Nova etapa da Revista Galega de Dereit...  04/10/2016
 -Xornada na Coruña: Rexistro e Control ...  21/09/2016
<<Ant.Mais>>