Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Nova etapa da Revista Galega de Dereito Social

Xa está dispoñible o primeiro número da nova etapa da Revista Galega de Dereito Social, unha publicación do Consello Galego de Relacións Laborais que, logo dunha paréntese de varios anos, retoma a súa actividade, agora en formato dixital.

A Revista manterá a súa periodicidade semestral como xa fixera na súa primeira etapa, e nela traballarán e colaborarán destacados representantes do mundo académico en todo o relativo ao Dereito do Traballo. Nesta nova etapa, ademáis de servir como un observatorio xurisprudencial das principais sentenzas no eido do Social que afectan a Galicia, a Revista Galega de Dereito Social recollerá editoriais, artigos doutrinais, reseñas de publicacións recentes e información sobre a negociación colectiva galega.

Podedes consultar a Revista premendo no enlace que se achega. Desde o Consello Galego de Relacións Laborais esperamos que sexa do voso agrado e interese.

Revista Galega de Dereito Social

 
 -XXVII Edición do Curso Superior de Rel...  26/10/2016
 -Xornada en Ourense: Rexistro e Control...  07/10/2016
 -Demetrio Fernández deixa o seu cargo c...  07/10/2016
 -Nova etapa da Revista Galega de Dereit...  04/10/2016
 -Xornada na Coruña: Rexistro e Control ...  21/09/2016
<<Ant.Mais>>