Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Xornada en Ourense: Rexistro e Control Horario na xornada de Traballo

O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizarán con detalle as cuestións máis candentes en materia de rexistro e control horario na xornada de traballo. Nesta xornada analizaranse a xurisprudencia, os criterios da Inspección de Traballo e a problemática que atopan na práctica os axentes sociais nesta cuestión.

Esta xornada, organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, ás alumnas e alumnos que cursen estudos vencellados coas relacións laborais, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.

Día: Venres, 14 de outubro de 2016.

Lugar: Salón de Graos da Facultade de Dereito de Ourense - Campus As Lagoas 32004 Ourense.
Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 13 ao 25 de outubro de 2016, nos seguintes enderezos:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es

Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense
Rúa José Bugallal y Marchesí, A5-1º
15008 A Coruña
Tfno.: 981 151 876
Fax: 981 234 404
e-mail: colegio@graduadossociales.org

  -Diptico Ourense


 
 -Publicado o Informe da situación socio...  16/11/2016
 -Xornada en Ferrol: Novas cuestións xur...  04/11/2016
 -XXVII Edición do Curso Superior de Rel...  26/10/2016
 -Xornada en Ourense: Rexistro e Control...  07/10/2016
 -Demetrio Fernández deixa o seu cargo c...  07/10/2016
<<Ant.Mais>>