Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Demetrio Fernández deixa o seu cargo como presidente do Consello Galego de Relacións Laborais

Hoxe, sete de outubro de 2016, Demetrio Fernández López deixa o seu posto como presidente do Consello Galego de Relacións Laborais. Despois de catorce anos de moi intensa actividade como presidente deste Consello (case a metade do tempo que o Consello Galego leva a existir), Demetrio Fernández abandona o Consello na procura de novos retos profesionais.

Ao longo de todos estes anos, Demetrio Fernández desempeñou o seu labor coa máxima dedicación, profesionalidade e destreza e colaborou de xeito sobranceiro a consolidar o papel do Consello Galego de Relacións Laborais como ente de diálogo institucional entre sindicatos e asociacións empresariais, e como un organismo de referencia na procura dunhas relacións laborais fluídas e eficaces entre os diversos axentes sociais galegos.

Desde o Consello Galego de Relacións Laborais non podemos senón agradecerlle en moito todo o que nos ten dado co seu traballo e todo o que nos ten ensinado e desexarlle todos os éxitos na súa nova andaina profesional desde esta casa que é e sempre será a súa.

 
 -Datos da negociacion colectiva en Gali...  09/01/2017
 -O Consello Galego de Relacións Laborai...  19/12/2016
 -XXVII Edición do Curso Superior de Rel...  19/12/2016
 -O Consello Galego de Relacións Laborai...  19/12/2016
 -Cláusula tipo para o tratamento da vio...  25/11/2016
<<Ant.Mais>>