Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  XXVII Edición do Curso Superior de Relacións Laborais

O Pleno do Consello de Relacións Laborais acordou, segundo o procedemento previsto na Lei 5/2008, do 23 de maio (DOG do 11 de xuño de 2008), pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais, impulsar a celebración dun Curso Superior de Relacións Laborais co obxecto de afondar e promover as actividades docentes directamente relacionadas co mundo laboral e a formación e a especialización de profesionais nesta materia, e para isto solicitar á Universidade de Santiago de Compostela a súa colaboración para o referido Curso.

O Curso diríxese ás persoas licenciadas en Ciencias Económicas, Empresariais e Dereito; ás diplomadas en Relacións Laborais; a cadros das organizacións empresariais e sindicais; e a quen desempeñe tarefas de xestión de recursos humanos, se ben poderase autorizar a asistencia doutras persoas con titulación nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do Curso.

Encoméndase a dirección do CURSO SUPERIOR DE RELACIÓNS LABORAIS a don Javier Gárate Castro, catedrático de Dereito do Traballo na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

O Curso celebrarase do 13 de xaneiro ao 7 de xullo de 2017.

Para un óptimo aproveitamento das ensinanzas a impartir establécese un límite de 75 alumnos.

Establécese como dereito de matrícula para o CURSO SUPERIOR DE RELACIÓNS LABORAIS a cantidade de mil trescentos euros (1.300 €) por alumno/a que serán aboadas en concepto de liquidación.

As solicitudes de admisión presentaranse na secretaría do Departamento de Dereito Mercantil e do Traballo (Facultade de Dereito) ou no Consello Galego de Relacións Laborais.

O prazo e presentación das solicitudes comeza o 1 de setembro manterase aberto ata o 31 de outubro. Na solicitude, a facer en modelo normalizado (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/cptf/posgrao/formularios/P11-InscricionPosgrao.doc), indicarase se o alumno desexa optar a unha das dúas bolsas parciais (975 €) que ofrece o Curso, neste caso será imprescindible a presentación dun currículo comprensivo da certificación académica oficial onde figuren as cualificacións obtidas nos estudos que permiten o acceso ao Curso.

Para más información, contactar co Consello Galego de Relacións Laborais, teléfono 981 957 489, ou na seguinte dirección de correo electrónico: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es ou premede nos seguintes enlaces.

Curso de Especialización en Relacións Laborais

Curso de Experto en Relacións Laborais

O prazo de matrícula estará aberto do 14 ao 29 de novembro de 2016.



  -programa do curso


 
 -Publicado o Informe da situación socio...  16/11/2016
 -Xornada en Ferrol: Novas cuestións xur...  04/11/2016
 -XXVII Edición do Curso Superior de Rel...  26/10/2016
 -Xornada en Ourense: Rexistro e Control...  07/10/2016
 -Demetrio Fernández deixa o seu cargo c...  07/10/2016
<<Ant.Mais>>