Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Xornada en Ferrol: Novas cuestións xurídico-laborais a exame.

O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizou con detalle algúns aspectos novidosos no eido xurídico-laboral, como a recente sentenza do TXUE recoñecendo o dereito a indemnización por fin de contrato dunha traballadora interina, ou outras sentenzas da Audiencia Nacional Relativas á regulación do rexistro e control horario na xornada de traballo.

Esta xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e a Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña, dirixíuse ás alumnas e alumnos desta Facultade sita en Ferrol e, en xeral, da UDC, aos axentes sociais galegos, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, graduados/as sociais e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.

Data: 16 de Novembro de 2016
Lugar: Salón de Actos do Campus Universitario de Esteiro da UDC (campus Esteiro, r/ San Ramón s/n – Ferrol)

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 3 ao 15 de novembro de 2015, nos seguintes enderezos:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es

Facultade de Ciencias do Traballo da UDC
Campus Esteiro
r/ San Román s/n
Tfno.: 981 337 400. Ext. 3577
Fax: 981 337 422
e-mail: decanato.fct@udc.es

  -diptico ferrol


 
 -Boletín de Información Sociolaboral (A...  05/05/2017
 -Publicada a edición núm. 32 do Boletín...  06/03/2017
 -8 de marzo, Día Internacional da Mulle...  05/03/2017
 -Publicada a oitava edición do Boletín ...  24/02/2017
 -Balance das actuacións do AGA no ano 2...  26/01/2017
<<Ant.Mais>>