Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Xornada en Vigo: A contratación laboral na conxuntura actual

Unha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, ditada o pasado 14 de setembro, está a conmocionar o mundo laboral e reabre o debate respecto á dualidade da contratación laboral no noso país. O Tribunal europeo establece unha contradición da normativa comunitaria coa española na prohibición de discriminación na indemnización por extinción do contrato de traballo de fixos e temporais comparables. Ademais desta importantísima sentenza, o Tribunal de Xustiza da UE ditou outras dúas sentenzas, todas elas o 14 de setembro de 2016, que afectan ao réxime legal aplicable ás prestacións de servizos de carácter temporal, especialmente no ámbito das Administracións Públicas.

Como ven sendo habitual nos últimos anos, o Consello Galego de Relacións Laborais e o Departamento de Dereito do Traballo da Universidade de Vigo, punteiro a nivel estatal en investigación e grazas á inestimable colaboración do Consorcio da Zona Franca de Vigo, sempre activo na procura da prestación de servizos ás empresas nel integradas, organizan unha xornada na cidade de Vigo para tratar temas de actualidade no eido das relacións laborais. Esperamos que esta xornada sexa de utilidade e que contribúa á formación, difusión e debate neste sempre cambiante mundo das relacións laborais.


Data: 12 de decembro de 2016
Horario: de 16:00 h. a 20:45 h.

Lugar: Auditorio do Museo do Mar de Galicia – Avenida Atlántida, 160 - VIGO.

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Información e inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 23 de novembro ata o 9 de decembro, nos seguintes lugares:

Para as organizacións sindicais, empresariais e profesionais, no Consello Galego de Relacións Laborais
Tfno. 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es

Para o alumnado da Universidade de Vigo:
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Campus As Lagoas, s/n. Vigo.
Tfno.: 986 818 794
e-mail: pierrecialti@uvigo.es


  -folleto


 
 -O Consello Galego de Relacións Laborai...  19/12/2016
 -Cláusula tipo para o tratamento da vio...  25/11/2016
 -Xornada en Vigo: A contratación labora...  23/11/2016
 -Publicado o Informe da situación socio...  16/11/2016
 -Xornada en Ferrol: Novas cuestións xur...  04/11/2016
<<Ant.Mais>>