Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Cláusula tipo para o tratamento da violencia de xénero na negociación colectiva galega

Desde o Consello Galego de Relacións Laborais difundimos a cláusula tipo aprobada pola Comisión consultiva autonómica para a igualdade entre mulleres e homes na negociación colectiva, órgano colexiado adscrito ao Consello Galego de Relacións Laborais creado pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do Traballo en Igualdade das mulleres de Galicia.
En relación co disposto no apartado 1 do artigo 36 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, a Comisión consultiva autonómica para a igualdade entre mulleres e homes na negociación colectiva, con funcións de asesoramento, control e promoción da igualdade por razón de xénero na negociación colectiva galega, na súa xuntanza de 25 de setembro de 2015, acordou a redacción da seguinte cláusula tipo nesta materia, que se recomenda incluír no texto dos convenios colectivos a negociar, sen perxuízo da autonomía negocial e independencia propias das persoas negociadoras nos distintos ámbitos.

Cláusula tipo tratamento violencia de xénero na negociación colectiva galega

 
 -Boletín de Información Sociolaboral (A...  05/05/2017
 -Publicada a edición núm. 32 do Boletín...  06/03/2017
 -8 de marzo, Día Internacional da Mulle...  05/03/2017
 -Publicada a oitava edición do Boletín ...  24/02/2017
 -Balance das actuacións do AGA no ano 2...  26/01/2017
<<Ant.Mais>>