Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Xornada na Coruña: O sistema retributivo no século XXI

O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizarán con detalle as cuestións máis candentes no relativo ao sistema retributivo. Nesta xornada analizaranse os criterios a aplicará hora do cálculo das revisións salariais, a función do salario no século XXI, as fórmulas de traballo alternativas e o salario nestes sistemas, entre outras cuestións.

Esta xornada, organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, ás alumnas e alumnos que cursen estudos vencellados coas relacións laborais, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.

Día: Venres, 9 de xuño de 2017.

Lugar: Hotel Attica21. Rúa Enrique Mariñas, 34. 15009 A Coruña

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 22 de maio ao 8 de xuño de 2017, nos seguintes enderezos:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es

Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense
Rúa Monforte, 12 Baixo
15007 A Coruña
Tfno.: 981 151 876
Fax: 981 234 404
e-mail: colegio@graduadossociales.org

  -diptico a coruna


 
 -Xornada en Pontevedra: O sistema retri...  22/05/2017
 -Xornada na Coruña: O sistema retributi...  18/05/2017
 -Nova edición do Boletín de Negociación...  11/05/2017
 -Datos de negociacion colectiva en Gali...  11/05/2017
 -Boletín de Información Sociolaboral (A...  05/05/2017
Mais>>