Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Nova presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais

Hoxe, ás 10 h, nun acto presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tomou posesión como presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais Verónica Martínez Barbero.

A secretaria xeral, Marisa Peña Cebreiro, deu lectura ao decreto de nomeamento da nova presidenta. Ao acto asisitiron o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López e altos cargos da Consellería e da Xunta de Galicia, así como os secretarios xerais das tres organizacións sindicais máis representativas, José Antonio Gómez (UGT-Galicia) Paulo Carril (CIG) e Ramón Sarmiento (SN de CC.OO. de Galicia), Antón Arias, presidente da CEG e os membros que integran o pleno do Consello.

Acudiron tamén representantes da Inspección de Traballo e os anteriores presidentes do Consello, Benigno Sánchez, Teresa Pedrosa e Demetrio Fernández.

   
 -O día 31 de outubro remata o prazo de ...  23/10/2017
 -Xornada en Santiago sobre "Dimensión l...  09/10/2017
 -Datos da negociación colectiva en Gali...  09/10/2017
 -Publicada unha nova edición do Boletín...  09/10/2017
 -Seminario sobre "Novas Tecnoloxías: Si...  21/09/2017
Mais>>