Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Xornada en Pontevedra: A dimensión económica e social do salario. Os novos sistemas retributivos

A importancia da retribución no equilibrio global do convenio colectivo constitúe un factor que non necesita ser explicado. O exercicio da autonomía colectiva e a súa formalización en convenios colectivos supuxo historicamente o instrumento máis adecuado de fixación de salarios. Porén, neste tempo de crise ou post-crise, a negociación colectiva está débil e debe revalorizarse como esencial para determinar a competitividade e crecemento das empresas e o conxunto do sistema produtivo, e para incidir no volume e na calidade do emprego.

Profesionais especialistas na materia e representantes das organizacións sindicais e empresarial máis representativas de Galicia tratarán de responder a estas e outras cuestións no ámbito dunha nova xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade,

Esta xornada organizada conxuntamente co Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, ás alumnas e alumnos que cursen estudos vencellados coas relacións laborais, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.

Data: Mércores, 20 de setembro de 2017

Lugar: Liceo Casino de Pontevedra, Rúa Manuel Quiroga, 21 36002 Pontevedra

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, dende o 4 ao 19 de setembro de 2017, nos seguintes enderezos:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es

Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra
Rúa Alfonso X O Sabio, 3-1º
36211 Vigo
Tfno.: 986 200 918
Fax: 986 298 600
e-mail: cograsop@telefonica.es

  -pontevedra 20.09.17


 
 -Seminario sobre "Novas Tecnoloxías: Si...  21/09/2017
 -Xornada sobre "Claves con perspectiva ...  19/09/2017
 -Xornada en Lugo: "A dimensión económic...  25/08/2017
 -Xornada en Ourense: A dimensión económ...  25/08/2017
 -Xornada en Pontevedra: A dimensión eco...  24/08/2017
Mais>>