Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Xornada sobre "Claves con perspectiva de xénero para a organización do tempo de traballo" na Coruña

A organización do tempo de traballo é un elemento clave dentro da función de recursos humanos dunha empresa. A necesaria flexibilidade que impón o mercado á empresa, que ten que axustar a prestación de servizos ás circunstancias da produción, contraponse en moitas ocasións ás necesidades de organización da vida persoal e familiar da persoa traballadora, de maneira que é necesaria unha delimitación de cales son os dereitos e obrigacións de ambas partes do contrato neste tema tan complexo, e de cales son os límites do poder de dirección da empresa neste sentido.

Estas e outras cuestións serán debatidas nunha xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense e que nace cunha vocación de utilidade pública e de formación e cunha finalidade de posta ao día nun tema clave no desenvolvemento da relación laboral e moi influído polos cambios sociais e tecnolóxicos das dúas últimas décadas: A organización do tempo de traballo.

Día: Mércores, 4 de outubro de 2017.

Lugar: Hotel Attica21. Rúa Enrique Mariñas, 34. 15009 A Coruña

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Serán gratuítas, e faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, dende o 18 de setembro ao 3 de outubro de 2017, nos seguintes enderezos:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es

Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense
Rúa Monforte, 12 Baixo - 15007 A Coruña
Tfno.: 981 151 876
Fax: 981 234 404
e-mail: colegio@graduadossociales.org

  -Xornada 04.10.2017


 
 -Xornada en Santiago: O impacto da cont...  21/11/2017
 -Nova edición do Boletín de Información...  09/11/2017
 -Xornada en Vigo sobre "Perspectivas de...  02/11/2017
 -Xornada en Ferrol: "Novas cuestións xu...  24/10/2017
 -O día 31 de outubro remata o prazo de ...  23/10/2017
Mais>>