Facebook CGRL Twitter CGRL Buscar Contacto AGA Ditames Enlaces Novas Organizacións Normativa Convenios colectivos Publicacións CGRL
 
 
  Xornada en Santiago sobre "Dimensión laboral da reordenación de servizos públicos"

Nos últimos tempos, algunhas Administracións Públicas están a volver atrás na súa tendencia á externalización. Este fenómeno, coñecido como reordenación de servizos públicos ou remunicipalización (atendendo ao ámbito local, onde se está a manifestar con especial intensidade), ten importantes consecuencias políticas e sociais, pero tamén xurídicas.

Dende o ámbito do Dereito Administrativo ao Dereito do Traballo, a continuidade ou terminación das relacións laborais das persoas implicadas está sometida a unha normativa abundante. Esta non é tan precisa como sería de desexar en moitos casos e de aí que estean a xurdir controversias xurídicas de gran calado, as principais das cales serán abordadas nesta xornada.

Correspóndelle ao Consello Galego de Relacións Laborais, de acordo coa normativa reguladora, a función de promover e fomentar o debate social en cuestións de actualidade. De aí a realización desta xornada, que xorde cunha vocación de utilidade pública, de formación, difusión e debate neste sempre cambiante mundo das relacións laborais.

Lugar:
Salón de Graos da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela

Data:
Mércores, 18 de outubro de 2017, a partires das 9.15 h.

Inscricións:
Faranse por orde de solicitude, ata completar o aforo, dende o 5 ao 17 outubro de 2017, nos seguintes lugares:
Consello Galego de Relacións Laborais.
Facultade de Dereito

Diploma:
Entregarase un diploma acreditativo ás persoas participantes que asistan á totalidade da xornada.

Información e matrícula:
Consello Galego de Relacións Laborais
Rúa Algalia de Abaixo, 24
15781 Santiago de Compostela
Tfno. 981 957 489
Fax 981 541 610
e-mail: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.gal

Facultade de Dereito—USC
Campus Vida, Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela
Tfno: 881814719
Fax: 881814615
e-mail: josemaria.miranda@usc.es






  -santiago 18.10.2017


 
 -O día 31 de outubro remata o prazo de ...  23/10/2017
 -Xornada en Santiago sobre "Dimensión l...  09/10/2017
 -Datos da negociación colectiva en Gali...  09/10/2017
 -Publicada unha nova edición do Boletín...  09/10/2017
 -Seminario sobre "Novas Tecnoloxías: Si...  21/09/2017
Mais>>